15
Mai

O 17 en Compostela

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

 

 

 


Tamén en Galizauberalles2

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tags: ,

18
Abr

O 19 Folga no ensino non universitario

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios, Lingua

A sección das mocidades de A Mesa pola Normalización Ligüística, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes convocaron para o día 19 de abril un paro no ensino medio para denunciar que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%.

A esta folga, que será de toda a xornada, está convocado o alumnado do 2º ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, EPA e Ensinanzas Artísticas e Especiais.

As organizacións convocantes queren denunciar con esta folga que nestes tres anos de goberno de Núñez Feijóo non se puxo en marcha nin unha soa medida favorábel á lingua propia de Galiza, ben ao contrario, practicouse unha política lingüística destinada a reducir a presenza do noso idioma nas aulas. A mocidade reclama, tamén, que o galego exista nas materias científico-técnicas en que o Decreto 79/2010 impón o uso obrigatorio do castelán.

Tamén en Galizauberalles2

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tags:

13
Abr

As bolas máxicas na TVG-2

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

Comezo cunha boa noticia: a TVG-2 está a repoñer As bolas Máxicas, desde o comezo e coa doblaxe orixinal dos 90. Tedes tres horarios dispoñibles: pola maña, pola tarde e pola noite. Apurade que xa esta rematando o primeiro campionato do mundo de artes marciais.

Continuo coa nova de Wert, ministro de educación, tranquilizounos nunha reunión coa recén creada Confederación de Empresarios de educación: a novo bacharelato concertará o primeiro curso por ser obrigatorio e en canto a situación económica o permita concertarase todo o Bacharelato.

Remato coa conversión de Platón o neoliberalismo

E co video Simiocaracia:

Tamén en Galizauberalles2

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tags:

28
Mar

Greve xeral e outras cousas

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

Serie de anuncios e novas:

- Mañá é día de greve xeral, para darlle pulo varias asociacións de consumidores engaden a recomendación de que ademáis non se consuma nada: recomendan facer a compra hoxe ou venres, non gastar nos bares, nin repostar, reducir o consumo de luz e auga etc.

- Se tempo atrás falaba da situación de Antom Santos, hoxe xa é oficial que vai ser procesado. Que as evidencias na súa contra sexan discutibles cando menos non significa nada o estar de por medio unha das magnificas leis de España: a Antiterrorista.

- A pregunta sobre quen ía quedar a cabeza do TDT Party : Intereconomía. A canle do touro consolida o 1,5% de audiencia con «El gato al agua» como líder indiscutible da súa audiencia. 13 tv logra un 0,8%. Veo7 desapareceu en xaneiro dando lugar a Discovery Max, aínda que Carlos Cuesta presenta un deses programas de linchamento de 23:30 a 1:00 co fin de que a xente lembre que a canle segue sendo de Unidad Editorial e para evitar competir con «El gato…». La10 desapareceu en xaneiro e tras meses de teletienda este venres 30 na súa frecuencia pasará a emitir Paramount Channel, cunha programación de 24 horas o día de teletienda. Popular tv, nas comunidades onde existe como Galiza, deixou de emitir salvo o minimo para conservar a licenza, o resto reemite programación de 13 tv e teletienda. Tele Coz vai ben, que a Xunta sempre paga a punto.

- PNG-PG, TeGa, PGD, APG e Converxencia XXI reunironse o sabado para ver se crean un partido ou coalición de dereitas. Non foron os de Converxencia Galega nin os do PG, este último sin actividade desde antes das municipais.

- Para quen queira seguir os blogues en galego de wordpress que visite: http://gl.wordpress.com/

- A rede social galega cabozo, convoca un concurso para o día das letras e crea o distinto de codigo aberto galego. (no momento de escribir isto a páxina non é accesible desde o ordenador do centro, si o era desde o da casa, curioso?)

Privatización hospitais castela a mancha, pois iso o documento fala por si só.

- Boas vacacións a quen poida disfrutar delas esta semana santa, Tamén en Galizauberalles2

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tags:

21
Mar

Retrasado día de San Patricio

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

O sábado,. foi 17 de marzo, día de San Patricio, patrón da Santa Irlanda e deste modesto blogue. Foi o noso aniversario e pasou polos problemas que estou a ter. Así que hoxe toca a análise anual postposta: todo o dito o ano pasado serve para éste. Seguimos coa media de visitas sitúada en catro persoas a semana, o que quere dicir que sempre hai un alleo a redacción que cae por aquí. A inclusión en Facebook fixo aumentar as visitas o primeiro e segundo día para despois voltar a normalidade. Respecto o país que dicir: todo a peor e seguirá a peor. Reflexión breve porén exacta.

Respecto os anuncios, o PNG-PG deixou o BNG a fin de semana que nós estabamos de aniversario. Supoño que con isto, o quedar só a UPG e o MGS , rematou o espectaculo feito para maior gloria de «La Puta Coz» e os que marcharón comezarán a facer algo útil, e os que quedaron por fin poderán porse a traballar. A raíz da marcha do PNG-PG, sempre posto como exemplo da dereita dentro do BNG, Converxencia XXI sacou un comunicado respecto as posibilidades da dereita nacionalista. So falta que os ruxeruxes sobre Cuiña JR. se confirmen ou desmintan definitivamente.

Tamén en Galizauberalles2

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tags: ,

Olark Livehelp