17
Mar

Análise electoral I

   Posted by: lannister   in Política

Xa pasou un tempo desde as eleccións e as análises electorais sucedendese. Antes de dar a miña quero compartir as tres mellores que teño visto. Unha delas lina en vieiros e está aquí.

A segunda é dunha amiga miña despois de ler a analise que vos menciono anteriormente.

Á análise é perfecta, pero agora toca analizar responsabilidades e pensar un plan para o futuro.

Desde o meu punto de vista todos temos, en maior ou menor medida, parte da culpa. Foi un fracaso como pobo.

O bng en efecto non soupo comunicar a sua xestión, pero ese erro non o cometeu nestes catro anos, senon moito atrás. Cometeuno cando sacrificou as organizacións xuvenís para resolver as loitas de poder internas e rompeu as sólidas pontes que o unían ós movemento sociais hai xa dez anos. Cometeuno cando renunciou á asamblea como forma de decisión. Así, cando os capitais que controlan a prensa se adicaron a difamalo durante meses ninguén lle dixo á xente que iso era mentira. Cando os acusaron de corruptos non houbo quen dixese que os motivos das decisións non eran forrarse, senon mellorar o futuro, porque so eles estaban alí cando se tomaron.

O comportamento do resto do nacionalismo foi de vergoña. En lugar de apoiar un proxecto que chegara ó poder sen contar con eles, pero era claramente a mellor opción para o país, apoiáronse no discurso da coz para decidir que se venderan e atacalos como non facían cos gobernos de fraga. Pedian que fixesen cambios mais rápidos, mais profundos, mais ideolóxicos, sen ter en conta que eran, ó fin e ó cabo, o terceiro partido do parlamento. Despois de anos falando das desfeitas do pp e de analizar certeiramente que hipotecaban o futuro do país, decidiron que todo podía revertirse en apenas catro anos e desde un goberno do que so eran un tercio. E negáronse a dar como boa ningunha das medidas que se puxeran en marcha.

Os movementos sociais sen conciencia de país atacaron a este goberno inmisericordemente ó longo dos catro anos, e ninguén fixo nada por evitalo.

Por último, a xente parecía desexar crer que eran corruptos e ladróns. Son todos iguais foi a opinión mais extendida. A prensa tiña a leira abonada, e colleitou a resposta que esperaba. Os resultados destas elección din moito do país no que vivimos. Os galegos do século XXI queren ser escravos, darlle ós capitais foraneos o seu traballo e a sua riqueza e rogar que, a cambio, non lles quiten a pensión. A última gran migración levouse ó mellor do país e aquí quedou unha maioría absoluta de imbéciles.

So espero que esta nova etapa, que vai ser moi dura e requerir de todos os esforzos dispoñibeis, non empeze repetindo os erros clásicos. Non é este o momento de linchar a ningúen. Os que lideraron este proxecto apostaron por unha vía que creron a única posible par darlle a este país un futuro. Porque o factor tempo é importante xa que, a este ritmo, non vai quedar moito que salvar. Este proxecto fracasou e é tempo de cambiar de plan, pero precisamos de todos os esforzos e creo que sería importante non negarlles o recoñecemento do esforzo invertido. Entre outras cousas, porque precisaremolo para resistir, o mellor posible, o desastre que se aveciña.

Os próximos van ser tempos de loita ou serán a tumba do país. Con mala sorte, serán ambas cousas. So queda seguir adiante con optimismo ou emigrar, e o traballo mais importante é desde o meu punto de vista o traballo educativo. Se algo demostran estes resultados é que o traballo de formación non se estivo facendo ben. Concienciar á xente é a única opción que pode darnos un futuro, e so nos queda confiar en que o logremos antes de que sexa demasiado tarde.

A miña análise é esta. O meu estado de ánimo non. Non me sinto optimista, creo que isto non ten solución, que o país acaba de suicidarse e que nunca lograremos nada positivo. Pero como non penso emigrar e o meu suicidio persoal non está ainda na axenda, so me queda seguir adiante.”

Remato coa terceira, esta vez dun amigo non nacionalista porén de esquerdas co que falei o luns seguinte as eleccións.

“O pobo decidiu, e decidiu ser como os de Ávila”

Tags: ,

This entry was posted on Martes, Marzo 17th, 2009 at 5:48 p.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

One comment

xopau
 1 

Ben, de volta da ponte anímome a colaborar no teu blogue e felicítote por telo creado. Onte lin unha entrevista con Xose M. Beiras no Galicia Hoxe. Palabras textuais: “tempo de mudanzas no nacionalismo: mudanzas espranzadoras, mudanzas para ben”. Ou o que é o mesmo , baixo o meu punto de vista, por riba de todo a DIALÉCTICA.Non é difícil facer relacións entre este tipo de ideoloxía de marcados tintes positivos e o nacemento das relixións. Nos momentos máis duros da opresión sempre aparece o iluminado que confía o futuro a forzas extraterreas nun intento de fuxida para diante que aos do pesimismo antropolóxico non nos inmuta e moito menos nos convence. Asisto a reunión, a pasada semana, dos equipos de normalización lingüística convocada pola CIG. Un discurso semellante. Por fin chegou a hora do postre no banquete de vodas; podemos liberarnos da garabata opresora, do último botón da camisa que intentaba afogarnos; voltamos a ser nós, os da barricada, os do non… o noso verdadeiro rol recuperado, a volta á casa do fillo pródigo pois como pródigos nos tratan os nosos analistas pretendendo facernos pensar que o noso xiro cara á normalidade foi o motivo de perda das eleccións. “O povo quen máis ordena”, a forza de repetilo rematamos por crelo e por pensar que o pobo nunca é reponsable. Negámoslle durante anos ideoloxía e os galegos están teimudamente empeñados en demostrar que a teñen diante dos gurús da esquerda nacionalista. Tres son os pilares que alicerzan a mente de máis do cincuenta por cento dos galegos:
.Os mecanismos de control estatal, autonómico e municipal deben interferir o mínimo posíbel nas nosas vidas.
.De interferir, é lícito dotarse de mecanismos que os poidan anular, vía corrupción.
.Calquer defensa dos intereses de Galiza como pobo ou das súas características diferenciadoras xera un movemento de repulsa que, cando menos duplica, a forza que o xerou.

Marzo 23rd, 2009 at 11:49 a.m.

One Trackback/Ping

  1. Galizauberalles » Arquivo do blogue » Data limite 1 de marzo 2017 (parte II)    Set 20 2010 / 10a.m.:

    […] minoritarios e utopicos que circulan pola rede. Respecto o 1 de marzo do 2009 todo o que dixo Heder, naquel intre colaboradora anónima, segue sendo […]