29
Abr

Varias

   Posted by: lannister   in Lingua

hoxe chegaronme un par de cousas o correo electrónico. Unha mandama Heder. É unha entrevista cun lingüista español que recoñece que o castelán non so non esta en perigo senon que ameaza as outras linguas. Aqui esta. A verdade é que hai un ano xa a lera e bueno o seu exito debeu ser bastante escaso.

A outra é esta (mandada por Anna):

“FAI ENXAMIO”:    BOICOT ACTIVO A LA VOZ DE GALICIA

1. Non merques nunca La Voz nin a consultes en Internet. Se lle queres botar un ollo faino nun bar ou cafetería.

2. Escríbelle á xente galeguista ou nacionalista (Lourenzo F. Prieto, Xesús Alonso Montero, Francisco F. del Riego, Franco Grande…), xentes da cultura (Caneiro, Vítor Freixanes…), xentes progresistas, asociacións etc., e pídelles que non colaboren con La Voz, nin escribindo nela nin deixándose entrevistar. Non precisan dela para vivir. Total, para que colaborar co inimigo? para que censuren informacións, para que manipulen declaracións, para que sempre nos traduzan ao castelán? excusamos. La Voz non existe para Galiza, só para Madrid e para o provincianismo pailán e acomplexado, non exista La Voz para nosoutros.

3. Se tes voz en claustros escolares, asociacións, entidades públicas, bibliotecas etc., recomenda que se dean de baixa como suscritores de La Voz (hai crise, non?) e en todo caso que se dean de alta en xornais democráticos, honrados, pluralistas e non agresivos con Galiza como Xornal de Galicia, Público etc.

4. Recoméndalle á xente próxima que non merque La Voz por moitos motivos. Eis algúns deles:

* La Voz leva moitísimos anos cobrando auténticas millonadas en subvencións do Goberno para promocionar o galego e non só non o promociona senón que sempre aproveitou a mínima para atacalo e inferiorizalo socialmente.

* As teses de Galicia Bilingüe son as teses que sempre difundiu/defendeu e hoxe ecoa La Voz por medio de editoriais, noticias aparentemente asépticas e artigos de Santiago Rey, Blanco Valdés, Vientoso, César Casal, Luis Blanco… Moita forza debe ter aínda o amor á Terra cando o combate un odio tan poderoso.

* O reelixido presidente da Xunta de Galiza non é o político de turno, non. O reelixido presidente da Xunta de Galiza segue sendo o director de La Voz, Santiago Rey Fernández-Latorre, que nunca se presentou a unhas eleccións nin falta que lle fixo para mangonear en Galiza. El é o ventrílocuo, o político de turno (do PSOE ou do PP) é o boneco que el acostuma manexar. Polo futuro de Galiza: isto ten que acabar.

* Nos últimos dous anos La Voz atacou con saña e sadismo todo o que recendese a galeguismo: lingua, historia, cultura, arqueología, literatura. O obxectivo nidio de La Voz foi e é, sen dúbida e descaradamente, apapahostiar os galegos para madrileñizar Galiza.

* A picadura dunha abella non pode matar o lobo. Os ferretes de cincuenta abellas só poden amolar o lobo. Os aguillóns de cen abellas mancan ben o lobo. A acción intelixente de mil abellas mata o lobo.
Sé intelixente: FAI ENXAMIO e férralla ben ferrada a La Voz.”
Por outra banda teño pensadas dúas anotacións: unha sobre o mercado televisivo español e outra sobre… a crise económica como non. Algunha suxestión sobre calquera deses temas?

Tags:

This entry was posted on Mércores, Abril 29th, 2009 at 11:30 a.m. and is filed under Lingua. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

xopau
 1 

Unha iniciativa ben boa. É curioso o dos medios. Escudados na suposta liberdade de prensa convertíronse no instrumento máis poderoso dos nosos días. Coma sempre hai un certo retraso cando se fala do control que o poder fai sobre os medios; a verdade é que xa é á inversa. O anterior é ben constatable nos minutos e páxinas que os mass media se dedican a falar de si mesmos: eles son a noticia…

Na estratexia de boicot debería actuar certa publicidade dos medios que non se coñecen. Eu levo dous días comprando o Galicia Hoxe (polo de estar en galego) e o Xornal e cando remato de lelos abandónoos na mesa da sala de profesores; así alguén os lerá involuntariamente.Por certo, e na miña teima, enorme cantidade de xente que nen os coñece ( e movémonos na clase media ilustrada).

En canto á economía o que máis me chama a atención é a facilidade coa que se pode explicar esta crise e todo o entramado económico mundial. Contrasta ben coas épocas de auxe en que os inversores, especuladores, bolsisitas, etc manteñen a xente afastada dos beneficios falando dunha hipercomplexidade do sistema só acadable para mentes de lucidez extraordinaria. En fin…

Abril 29th, 2009 at 9:56 p.m.
lannister
 2 

A verdade non creo moito nos boicots. Sobre todo porque como Don Santiago teña noticia del xa terá outro argumento para seguir con esa campaña de que é un mártir e esta perseguido e bla, bla, bla… Agora o que dis de promocionar a competencia é bastante mellor idea. Porque efectivamente moita xente non a coñece.

Maio 1st, 2009 at 11:34 p.m.

One Trackback/Ping

  1. Galizauberalles » Arquivo do blogue » La Coz ou a becha encarnada    Ago 31 2010 / 9a.m.:

    […] case un ano fixenme eco do chamamento o boicoz. Dado que o 29 (data exacta de cando me unin a chamar o boicoz) non vou poder actualizar, aproveito […]