5
Mai

Cifras para a reflexión

   Posted by: lannister   in Política

Carlos Neiras Cortiza fai unha atinada reflexión sobre os resultados electorais na Tempos Novos do mesmo de Abril. Quen queira ler o artigo so ten que ir a edición dixital (entrar a través da ligazón da marxe e buscalo). Eu quedo con algunhas das cifras que da.

PSOE: -27.000 votos

BNG: -40.000 votos

A taxa de participación nas eleccións do 1 de marzo do 2009 foi 5 puntos inferior a das xerais do 2008.

A taxa de participación nas eleccións autonómicas de Xuño de 2005 foi 8 puntos inferior as xerais de 2004.

A suma de votos de UPyD  e  TEGA supera a de todas as forzas de esquerdas (desde Eu ata o independentismo) que non obeteñen escano.

O voto en branco supera en número a calquera das opcións que non obteñen escano.

O desplome do BNG é maior nas areas onde é maior a difusión de La Coz e menor o número de galegofalantes. =  O BNG non soubo ofrecerlle nada as cidades que compensase a deriva “Cocense”

Nas eleccións de 2009 o BNG obtivo o 16,2% dos votos e 12 escanos.

Nas eleccións de 1989 o nacionalismo obtivo o 17% dos votos e os seguintes escanos: BNG 5, CG 2, PSG-EG 2.

A miña pregunta é: cantos dos que se reunen o 10 teran en conta estas cifras? Cantos iran máis alo do fiasco do 1 de marzo e comezaran a analizalo con frialdade?

Porque se a solución como se albisca é: máis esquerda trasnoitada, da que queda moi ben para a galería porén non ten en conta que estamos no 2009 e os medios deben ser distintos e a forma da mensaxe tamén; máis soberanismo de pancarta, porque berrar galiza ceibe podemos facelo todos e ademáis aledamos a Don Santiago e ó “Señor das Habichuelas”; e máis frontismo trasnoitado, todos unidos para poder apuñalarnos mellor polas costas… todo ira cara atrás. Claro que sempre nos quedaran as esencias: pelexar pola normativa (a columna de vieiros que rebate o artigo das FAES, a última vez que o mirei, levaba 299 comentarios, discutindo sobre a normativa non sobre o artigo de FAES faltaría máis)

Tags:

This entry was posted on Martes, Maio 5th, 2009 at 5:20 p.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

11 comments so far

Heder
 1 

Pois a solución como se albisca paréceme a única posible.
1º Porque canto mais nos alonxamos da esquerda ( o de trasnoitada dame igual, nunca pensei que es ideoloxías fosen cuestión de modas) peores resultados colleitamos. Ademáis de que nestes momentos a situación económica DA A RAZÓN de xeito contundente á esquerda.
2º Porque nunha situación parlamentaria con maioría absoluta (de quen sexa) o único que lle queda a quen queira opoñerse é a pancarta. E porque cando todo está en contra, e peor que estará, a única alternativa é a unidade.

En canto ós datos que entresacas do artigo… en fin, por partes.
1- Si, o bloque perdeu mais votos que o PSOE. Pero e que a campaña mediática foi principalmente contra o bloque, e non contra o Psoe.
2- A participación foi mais alta que nas anteriores autonómicas, e xa daquela fora unha participación record. Non sei que conclues ti desa cifra. Eu, que os votantes tradicionais do PP se movilizaron moito máis, quizais porque non contaban perder as anteriores e si sabian da importancia de ir votar para gañar estas.
3- A suma de votos de UPD e TEGA é mais que o das forzas de esquerda. Claro, pero é que se calquera deses partidos de esquerda saise nos medios a metade que Rosa Diez o seu resultado crecería exponencialmente(Por certo, eu non conto como partidos de esquerda non ó Psoe nin a Izquierda unida) Para que alguén te vote ten que saber quen eres, e a maioría da xente non coñece ningún partido que non saia na tele. O caso de Tega é mais un caso de explotar localmente as redes caciquis do PP. De feito, ten o voto bastante localizado en comarcas determinadas.
4- O voto en branco supera en número ás opcións sen escano. O aumento do voto en branco non é exclusivo de Galiza e, na miña opinión, relaciónase con esta moda de ser “apolítico”. Os que non se tragan os discursos de PP e PSOE ainda poden “ser apolíticos” e non mollarse. Porque non emitir ningunha opinión que non sone “guay” parece ser o obxectivo do discurso de moita xente.
5- O máximo de votos do nacionalismo nas eleccións ó parlamento foi en 1997, con 395.435 votos e un 24,66% para o Bng. Desde ese momento non se parou de perder votos.
Suponho que moitos, se non todos os delegados da asemblea terán estas cifras e mais en mente. Outra cousa é que as analicen da mesma forma e que consigan chegar a un acordo real para cambiar o rumbo da organización. Honradamente espero que si, porque se non é así o bng como proxecto volverase inutil para o país. E non vexo a ninguén en condicións de sustituilos a medio prazo.

Maio 5th, 2009 at 6:37 p.m.
xopau
 2 

Tres deberían se os eixos da asamblea: redefinición ideolóxica, redefinición das relacións do bng coas outras forzas políticas e política fronte á crise.
Tres serán os puntos da asamblea: liquidación de Quintana e o seu sector por brando, dereitista e por levar traxe; enfrontamento entre a U (cabeza demoníaca visible dun partido corrompido polo poder) e os independentes e demais sectores progre-guais e oposición firme e sen contemplacións á dereita maligna que volta.
Estamos nun nivel de discusión política de parvulario. Somos máis intransixente, tanto os vellos barbados dos 70 coma os progre-guais, que a dereita católica española.
A cousa é clara. Non debemos perder nin un segundo en discutir co psoe, hai que ferrarlla duramente. Isto é: dada a situación económica de extrema gravidade acollerse si é posible ao diálogo brindado por Feijoo ( isto non implica renunciar á ideoloxía, pero nos guste ou non a política que se fará nos próximos anos será frontista ou non será).
Un par de apuntamentos finais: a razón parece efectivamente caer dolado da esquerda pero as políticas deZP (que son de esquerdas) non melloran en nada a situación nen nos distancia positivamente dos outros países europeos. Como non creo que esta sexa agrande oportunidade para que chegue a revolución comezaría a ser solidario co resto dos cidadáns do Estado e a adicarlle uns minutiños a pensar no enorme defícit que estamos xerando.

Maio 5th, 2009 at 7:05 p.m.
xopau
 3 

Desexaría que me explicase lannister o de “señor de las habichuelas”.
No delirio no que pouco a pouco vou caendo despois das eleccións comezo a crer que o psoe e la Coz se aliaron un para non facer campaña e ambos para liquidar ao bng co fin de que o bipartito perdese as eleccións e poder propiciar o acordo en euscadi…delirios … en fin…

Maio 6th, 2009 at 10:30 a.m.
lannister
 4 

O de “Señor das habiccuelas” é como me refiro o inssigne novo presidente. Igual que o de La Coz é un chiste que xurdiu en Vieiros e que continuo porque considero moi atinados. No caso do presidente viña a que non lle debía nada o galego e replicaron en Vieiros que polo menos debíalle o apelido.
Respecto a conspiración PsdG-PSOE La Coz máis ben houbo confluencia de intereses. No PsdG confíaban en subir a costa do PP e do BNG. A idea era cargar as tintas no radicalismo do BNG para gobernar sos (maioría absoluta) ou con apoios puntuais do BNG se este se afundia. Claro que todo esto eran delirios de Touriño e o sector Xacobino. Jose Blanco desde Madrid estaba convencido de que ir a iso era malo, porén unha vez Touriño se encirrou en non adiantar a campaña e en non ser quen de defender os pactos co BNG non quedou máis que fuxir cara adiante: seguir e confiar que as enquisas publicadas atinasen e as internas de Madrid fallasen.
Respecto ao que di Heder, cando me refiro a esquerda trasnoitada refirome a forma de transmitir a mensaxe non a esta. Ata a Igrexa católica acabou por deixar de lado o latín. Erguer o puño, lucir estrelas vermellas e chamar a Revolución son o latin da esquerda. Sobre todo porque a Revolucion ocorre/faise non se chama a ela.

Maio 6th, 2009 at 11:06 a.m.
Heder
 5 

Buff, Xoupa, e que temos unha diagnose completamente distinta do que é facer política de esquerdas. Gustariame que me explicases en qué é de esquerdas darlles un montón de cartos ós bancos sen ningún tipo de condicións ou dar cheques-bebé ou axudas ó aluguer que non incluan ingunha condición económica para cobralos. Repetinno varias veces e reafírmome: o Psoe NON é de esquerdas. É mais, desde o meu punto de vista é de dereitas, e non precisamente moderada. A política económica do Psoe e a do PP son idénticas: privatizacións, liberalizacións dos mercados, tanto laborais como dos productos básicos, baixada dos impostos directos (que son proporcionais á renda) e subida dos indirectos (que son proporcionais ó consumo)… a diferencia entre eles é so de matiz noutros asuntos.

Maio 6th, 2009 at 2:19 p.m.
xopau
 6 

Se a crise sigue o pp gañará as estatais e veremos se son iguais. Eu falo da esquerda europea gobernante non da utópica. Desde unha óptica teórica o psoe non é de esquerdas pero é claro que non é igual que Ansar.

Maio 6th, 2009 at 8:58 p.m.
Heder
 7 

Será claro para ti. Desde o meu punto de vista as diferencias son cosméticas e de matiz.
O PP é un partido mais conservador en canto á moral católica, de ahí que leis como os matrimonios homosexuais sexan a gran diferencia entre que goberne o Psoe e que goberne o PP.
Se tan claras ves a diferencias entre eles, ilumíname e explícame cales son, e deixemos de repetir “son diferentes ou “son iguais”. Eu xa aclarei que as suas políticas económicas son idénticas, e concretei as liñas que seguen ambos, desde o meu punto de vista. Se discrepas nalgunha destas apreciacións en concreto, aclara cal. Se cres que me deixo no tinteiro algún aspecto importante no que son distintos, dime cal é. Pero por favor, dime dunha vez en qué punto concreto discrepamos.

Maio 7th, 2009 at 11:29 a.m.
xopau
 8 

Sigo opinando que todo depende do punto na liña da esquerda onde un se sitúe. Se un está moi lonxe do psoe veo tremendamente perto do PP; se un está perto veo lonxísimo.
Non son o mesmo polo seguinte (entre outras cousas):

1.Son un partido disposto a un deficit moito maior nas súas contas que o que estaría disposto a asumir o pp para manter a protección social ( desemprego, seguridade social…)

2.Son un partido que cre na organización estatal como modelo de organización social. Para o PP o Estado debe ser disolto. Territorialmente na nación ( mistura de sentimento, orgánico-historicismo e patriotismo), social e economicamnete no capital transnacional…

3.A xestión dos fondos públicos das comunidades gobernadas polo pp e polo psoe non parece a mesma. Andalucía e Madrid son dous desastres pero creo que por motivos diferentes. Unha traga fondos do Estado a outra xenéraos en beneficio de políticos corruptos e a costa das estruturas estatais (privatización de sanidade, servizos administrativos,etc)

4. Eu non son de esquerdas (da de verdade) pero non trataría como “cuestión de matiz” o tema dos homosexuais. A esquerda europea (de verdade) despois do maio do 68 e tras a caída da unión soviética renunciou claramente ao economicismo e plantexou estes temas (feminismo, drogas,…) como pilares de importancia trascendental na súa teoría e estratexia.

5.A política exterior do Psoe creo que é bastante diferente á do PP e non temos porque traer temas de todos coñecidos.

6.Por último parece ridículo falar de talante pero despois de Ansar vese que isto non carece de importancia e menos aínda para as periferias.

7.Eu, cando faigo de avogado do diaño, defendo ao PP ( mais que nada ao de Galiza). O PSOE é a reencarnación do mal en todos os sentidos pero máis que nada e para dicilo poeticamente “porque son os da palabra morna”. Detrais deles non hai nada e exténdese a nada. Xa que este blog consegue cousas inesperadas…

Maio 7th, 2009 at 9:10 p.m.
Heder
 9 

Por partes entón:

1- Efectivamente o Psoe está disposto a manter un nivel de déficit maior. É a excusa perfecta para liquidar servizos públicos porque “non son viables”. O PP liquida servizos públicos porque “a privada funciona mellor”. O que non fai ningún dos dous é facer viables os servizos públicos, ou sexa, REDISTRIBUIR A RENDA.
E por certo, aquí eu recordaría, como fixo antes lannister, que a reducción de déficit dos gobernos do PP veu dada pola venta das empresas públicas, especialmente as que mais cartos xeraban. E fixoo a prezos de saldo e sen a contrapartida dun compromiso de servizo público. A ver como se recorta o déficit agora, especialmente se se facilita o despido barato, que o que fai é que sexa o estado o quen pague, a través dos subsidios, os gastos dos ciclos negativos das empresas. Dos beneficios dos ciclos positivos xa se encargan elas.

2- O PP tamén cre no estado como modelo de organización social. A plantilla da policía non para de medrar goberne quen goberne, e os supostos adalides da liberdade económica regularon cousas como que non podes producir a tua propia electricidade, tes que comprarlla a fenosa. Vaia se cren no estado. Está ahí para garantizar os beneficios do gran capital e prohibir todo o que os reduza.
Outra cousa é que non crea no estado como prestador de servicios ou axente económico productivo, e niso están ambos dacordo. Non confundamos o que di o Psoe co que fai o Psoe.

3- Madrid é un caso único nas autonomías, porque se creou co obxectivo único de concentrar os recursos do estado, ou iso parece. Sen embargo, os casos de Valencia e Andalucia si son moi similares.

4- E que ese “economicismo” é a definición da esquerda. Pódese facer política social de dereitas, e hai casos abondo na historia. Podería facerse unha política de esquerdas tremendamente conservadora no moral. O que define á esquerda é a economía, o reforzamento do sector público e o control estatal das variables esenciais. Despois de maio do 68 a esquerda europea non cambiou de estratexia. Practicamente desapareceu.
De todos modos, si te darei a razón en que esta é a gran diferencia entre PP e Psoe. O Psoe de vez en cando regula, dun xeito normalmente insatisfactorio, algunha destas cuestións. A cuestión dos homosexuais desaparece se tratamos o matrimonio como o que esncialmente é: un contrato económico. A partir de ahí todo é regular unha serie de clausulas obrigatorias e outras opcionais, e que as persoas contraten libremente o que queiran.
O mesmo pasou ca lei do aborto, que tantos problemas deu. A solución é a despenalización, e punto. Se a alguén lle parece inmoral abortar, que non aborte, ninguén a obriga. A min paréceme inmoral firmar contratos que permiten que me manden a casa durante a miña a xornada laboral sobre a marcha porque non hai traballo e me desconten esas horas, e non teño a sorte de poder escoller (convenio de pizzerías, é legal). E da lei do divorcio ou a lei contra a violencia de xénero, vai ser mellor que non fale se quero acabar hoxe.

5- A política exterior de PP e Psoe a min a efectos prácticos si me parece a mesma. A política exterior do estado consiste en sair na foto para dicir que tes política exterior. So que a uns lles gusta sair con uns compañeiros e a outros con outros. Outra cousa é que os diplomáticos que buscan sitio nas fotos sexan mais ou menos hábiles, pero todos fan o mesmo.

6- O talante de zapatitos consiste en dicir que si a todo e logo non facer nada. Recordemos que se está quedando sen opcións para pactar porque incumple os seus pactos sistemáticamente e xa non ten crédito. Se lle esixe o pago adiantado. En canto a Ansar, non estaba disposto a pactar, pero foi con el cando se aprobou o cupo vasco.

7- Eu, tendo a non facer de avogdo do diaño. é un defecto que teño, pero o papel de fiscal dáseme bastante mellor.

Encántanme as discusións ordenadas. Ata a próxima.

Maio 8th, 2009 at 3:25 p.m.
xopau
 10 

eu o que realmente penso é que temos a lannister un pouco abandonado. Bótanos a pacer e non se sabe máis del. Que opine, que opine, que opine…
Por certo, somos tres autistas? Como pode ser que sigamos os tres sós despois de dous meses de blog.Non temos vida social? Non temos amigos? buahhhhhhhhhhh…que tristeza…
evidentemente veño de tomar unhas cervexiñas…

Maio 8th, 2009 at 10:18 p.m.
lannister
 11 

Umm todo vai en como entenda un o papel do autor do blogue. A min as longas discusións autor vs comentaristas habituais nestes medios parecenme superfluas cando non aportan nada novo. A fin de contas a anotación é escrita polo autor e polo tanto reflicte a súa opinión. Por eso se non teño mais que engadir calo, o que da que comente poucas veces. Non porque sexa un “Deus otiosus” distante e pagado de si mesmo.
Respecto a quen pasa por aqui xa é outro cantar. Supoño que ademáis de nos os tres esporadicamente pasan fixo outras tres persoas aunque non comenten. Ademáis este non é un blogue doado de atopar o chou: galizauberalles non é o primeiro no que un pensa o reflexionar sobre a lingua e a politica en Galiza, e a dirección ten o apelido dunha casa nobre de fantasía co cal tampouco (ao mellor por esta última parte chega algun despistado que o ver que non vai de literatura fuxe) En calquera caso sodes libres de facer proselitismo.

Maio 11th, 2009 at 2:52 p.m.

One Trackback/Ping

  1. Galizauberalles » Arquivo do blogue » Data limite 1 de marzo 2017 (parte II)    Ago 20 2010 / 6p.m.:

    […] que se fan o BNG (e mira que eu tamén o critico) son excesivas e que como non me canso de repetir(1,2) o nudo gordiano da cuestión esta en cantos somos e que facemos cos que […]