1
Xuñ

Entrevista a Antón Losada

   Posted by: lannister   in Política

O 14 de Maio envieille un cuestionario de 11 preguntas a Antón Losada. (Non o coñezo persoalmente porén ten un blogue cunha dirección de contacto). Tivo a ben contestarme o 29. Teñanse en conta ambas datas para analizar tanto as preguntas como as respostas. Sen máis aquí tedes a entrevista (na ligazón un pdf coa mesma creado a partir do documento de word no que me constestou e máis abaixo a mesma cortada e pegada)entrevista1

  1. Nalgúns comentarios vertidos na internet considerase a Xosé Luís Barreiro e a vostede responsables da derrota do bipartito por seren os “gurús ideolóxicos” do Quintanismo. Algo que me parece moi gracioso tendo en conta que ata onde eu sei vostede non ten nin tivo ningunha vinculación co BNG. Trabúcome no da relación do BNG? Que opina desta “culpa”?

    1. Eso terá que preguntarllo a quen sosteña esa teoría. O meu paso pola política é coñecido. Ao igual que a miña dimisión e abandono da mesma.

  1. A fin de semana pasada tiveron lugar as Asembleas do PPdG e do BNG. Pode facer unha valoración xeral de ámbalas dúas?

    1. A do PP foi unha canonización. A o BNG trouxo a grande novidade de que por primeira vez no nacionalismo hai unha alternativa á UPG

  1. Seguindo coas Asembleas. Feijoo e Rajoy chamaron a reconquistar España. Fraga gañou as súas dúas últimas maiorías absolutas apelando a sacrificarse por España, lema que repetiu na súa derradeira campaña quedando as portas da maioría absoluta. Eu non imaxino o PP de ningún outro sitio manifestando claramente en cada momento que a comunidade autónoma en cuestión non é máis que un medio para lograr outro obxectivo. Porén aquí faino a cotío e segue a gañar eleccións. A que cree que se debe? Cando o PPdG considerara prioritarios os intereses de Galicia?

    1. Porque a maioría social en Galicia é do PP e non é nacionalista. O problema do nacionalismo non é que non se conecte coa maioría. É que é minoritario.

  1. Guillerme Vázquez disque non é membro da U porén chegou a voceiro respaldado por ela. Significa isto que por fin a U da o paso a fronte que debería ter moitos anos? Ten futuro un nacionalismo que se encirra na utopía da Revolución Nacional? Tendo en conta que tódolos intentos dun partido nacionalista de centro dereita acabaron nun fracaso e que esta claro que a suposta escisión do PPdG non se fai producir nunca e que o PSdG parece decantarse pola súa alma xacobina. Queda algunha esperanza para os defensores da lingua, a cultura e a autonomía de Galicia?

    1. Seguir traballando, o nacionalismo sempre atopa o xeito de seguir vivo. Estamos afeitos á desgracia.

  1. Eu, que tiven a “sorte” de coñecer o sistema educativo da Pax Fraguiana como alumno e voltei a el como “brutal comisario lingüístico encargada de impor o galego”, son incapaz de comprender como puido cobrar forma e ter certo creto a campaña de Galicia Bilingüe. Tanto peso ten a prensa vinculada o pensamento único de Madrid? Como podemos facernos oír cando cada vez que defendemos o galego nos convertemos (mesmo nos propios centros por parte de compañeiros profesores) en: radicais, impositores, separatistas, nacionalistas, terroristas

    1. Con sentido do humor. Canto máis se lles tome en serio peor. A mentira so se derrota así. Sempre houbo Galicia Bilingüe, o problema é o protagonismo que lle deron uns e a lexitimidade que lle deron outros…

  1. Unha frase cinematográfica di “O mellor truco do diaño foi convencer a humanidade da súa inexistencia” Eu considero que se pode aplicar o nacionalismo español. O parecer este non existe se ben tres partidos de ámbito estatal coinciden en defender a nación española, chamar nacionalistas periféricos ou excluíntes os demais partidos, clamar pola extinción do castelán etc. Asistimos o intento de conseguir o que non logrou a febleza do estado no XIX: a uniformización o estilo xacobino francés?

    1. Nin iso., asistimos a unha dereita á que lle vale todo con tal de volver a un poder que está convencida de que é seu por dereito.

  1. Relacionado co anterior. Todos celebran que Patxi López sexa Lehendakari como un triunfo da democracia, no cal estou dacordo pois obtivo a maioría parlamentaria. O quid é por que o seu goberno é lexitimo e as coalicións doutros lugares non?

    1. Iso mesmo me pregunto eu. Pero é especialmente sangrante no caso do PP, que aplica unha teoría distinta en cada territorio segundo sexa maioritario ou non e segundo lle conveña.

  1. O debate sobre o estado da nación deixa a sensación de que todo sigue igual coa salvedade de que Zapatero non se deixou enterrar. Realmente todo sigue igual? Os grupos non PP deixaran caer o goberno confiando en que Rajoy non obteña a maioría absoluta e poder sacar mellor tallada, ou pola contra salvarano no momento da verdade para evitar outras eleccións polarizadas o redor do PSOE e o PP?

    1. Votar todo o que queda de lexisltura co PP non é unha opción viable para eses grupos. Penso que asistiremos á normalidade política de un goberno que ten que negocialo todo e eso é moi bo neste pais onde tanto se confunde a rutina coa estabilidade.

  1. A que se debe esta obsesión da prensa madrileña por considerar perigoso todo aquelo ocorra lonxe das rúas da súa cidade? Por que La Voz cada día se equipara máis a Madrid?

    1. Porque a súa liña editorial é a que e é: dereita española.

  1. Tendo en conta que vostede coincidiu con varios dos membros desa prensa en varios debates: Realmente están convencidos do que din ou é unha estratexia para vender xornais e obter audiencia en Madrid? Cal das dúas opción é máis perigosa?

    1. Hai de todo. Están os que saben o que din e están os que non. As dúas son igual de nocivas.

  1. Para rematar un pouco de humor: o parecer Federico Jimenez Losantos e César Vidal abandonan a COPE. Onde os ve en Telemadrid ou na TVG privatizada de Feijoo?

    1. Entrevistando ao sastre de Paco Camps en Veo TV:

Tags:

This entry was posted on Luns, Xuño 1st, 2009 at 8:19 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

3 comments so far

Heder
 1 

Non podo evitar ter a sensación de que somos complacentes de mais co Psoe. Acusa ó PP en exclusiva do xiro centralista que deu ultimamente a política estatal “Nin iso., asistimos a unha dereita á que lle vale todo con tal de volver a un poder que está convencida de que é seu por dereito” e non di nin palabra nin da ilegalización da esquerda abertxale (iniciada pol PP e con tinuada polo Psoe) nin da negativa do Psoe a pactar co Pnv pese a ter moitos, moitísimos mais votos queo PP ( dicir que so pactas se podes ser ti o lehendakari cando tes menos votos e menos escanos é o mesmo que dicir que non queres pactar).
En canto á bondade de ter que negocialo todo, estou dacordo. Pero o sistema non está pensado para favorecer os pactos, de ahí que non contemple ningún mecanismo de garantía para o seu cumplimento. E o Psoe non cumple.

Xuño 2nd, 2009 at 6:25 p.m.
lannister
 2 

En primeiro lugar non me queda outra que agradecer unha vez máis a Anton que contestase a unha entrevista enviada desde unha conta con pseudonimo e cun nome que pode levar a confusión como o deste blogue.
Respecto o PSOE estou dacordo contigo en que é tan culpable como o PP, o problema é que nestes momentos é o mal menor. Eu que teño teimas rara estou a ver os espazos gratuitos de propaganda electoral e son deprimentes. Os únicos videos que non son directamente fascistas (e eu si sei do que falo cando emprego ese termo) son os do PSOE, IU e Falange Autentica. O de UPD que as veces que o vin ía entre o de Alternativa Española e Democracia Nacional da medo porque é igual o deses dous porén a xente veos como os defensores da democracia a liberdade e a este paso o meirande anaco de pizza como as tartarugas ninja.

Xuño 3rd, 2009 at 10:36 a.m.
Heder
 3 

Si, en que son o mal menor basean a sua campaña e a sua política de pactos. Sen embargo, apoiarse no Psoe non nos levou a ningún lado, e pode facernos desaparecer. Igual que a xente ve a UPD como defensores da democracia e a liberdade, a xente so ve duas alternativas posibles para o goberno en case calquera institución. Se so atacamos ó PP, regalámoslle votos ó Psoe, non construimos a idea de que ningún dos dous nos vale e hai que apoiar terceiras opcións.

Xuño 3rd, 2009 at 12:19 p.m.

One Trackback/Ping

  1. Galizauberalles » Arquivo do blogue » Feliz día de San Patricio !    Set 21 2010 / 1p.m.:

    […] vez co cal chegou un montón de xente desde alí. Respecto a que anotación estou mais orgulloso, a entrevista a Antón Losada, mais que nada porque se dignou contestar a diferenza doutras que lancei pola […]