10
Xuñ

A enquisa

   Posted by: lannister   in Desfeita, Lingua

A enquisa avanza paseniño cara a súa consumación como argumento definitivo para enterrar o galego. De momento os equipos de normalización tentan poñer algo de cordura no que non a ten. Aqui tedes o triptico informativo.

Por outra banda a TVG segue coa súa rememoración de tempos pasados cun novo caso de censura/peche do que non gusta o “Señor de las Habichuelas” http://www.komunikando.net/komunikajoomla/component/option,com_wrapper/Itemid,66/

E para rematar un pregunta: Cantos responderán na enquisa que queren algo de galego?

Un amigo meu di que 50.000, outro que 30.000, e un terceiro e máis eu coincidimos en que non chegamos a 20.000 sumando todas as opcións (todo en galego, algo en galego, unha en galego). Comenten queridos lectores.

Tags: , , ,

This entry was posted on Mércores, Xuño 10th, 2009 at 11:37 a.m. and is filed under Desfeita, Lingua. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

9 comments so far

lannister
 1 

Umm parece que non hai lectores.
Sobre a enquisa outra persoa máis sumase a que non chegamos a 20.000 e comeza a aparecer a arrepiante posibilidade de non chegar a 10.000

Xuño 15th, 2009 at 9:42 a.m.
heder
 2 

Non entrara a comentar números por varios motivos.
1º- Non sei cal é o número de enquisas repartidas. Vamos, que non sei cantos pais teñen fillos en idade escolar. Tampouco sei se se entrega unha enquisa por pai/nai, por fillo, por familia…. Sen saber cal pode ser o número total de enquisas, non creo que poida estimar cantas optarán por unha determinada resposta.

2º- Non teño demasiado contacto con pais de alumnos desas idades. Nos últimos anos non traballei no ensino e no meu entorno persoal so hai pais de alumnos de infantil, e nin sequera demasiados. Obviamente, a opinion dos meus amigos ten un sesgo innegable, así que non vale de moito como estimación do resultado real.

3º- A suposta enquisa non ofrece ningún tipo de garantías. Ninguén observa o proceso, que eu saiba, non hai un reconto en mesas en cada centro, senon que se remiten á consellería e se fai o reconto centralizado. Así, o máis fácil do mundo é recibir as enquisas, metelas nunha saca e dicir que o reconto da… o que se queira que de. Eu creo que esta enquisa non é mais que un intento de dicirlles ós de GB que xa lles preguntaron ós pais en qué lingua queren as clases. Todos sabemos que o modelo de “cada un escolle”, ademáis de ser unha aberración desde moitos puntos de vista, é carísmo. Así que é mais facil montar a suposta enquisa e dicir que “co apoio dos pais” se reduce a presencia do galego (supoño que o relegarán ás materias consideradas “menos importantes”).

Así que, sexa cal sexa o “resultado”, a min non me vai parecer nin mais nin menos arrepiante. Vaime parecer falso.

Xuño 15th, 2009 at 10:08 a.m.
lannister
 3 

O número de enquisas ronda as 330.000. A priori é por pais/nivel educativo.
Efectivamente carece de calquera verosimilitude como enquisa dado o peculiar metodo de facela, recollela e publicitala. O quid da cuestión radica en que o final o que calara na xente é un número. E ese número será o argumento último que nos botarán enriba non só os do goberno senon tamen esa masa que non entende de que vai todo isto porque para eles o galego é algo secundario.

Xuño 15th, 2009 at 11:44 a.m.
heder
 4 

Xa, pero nestas condicións non existe relación algunha entre ese número e o que a xente poña no sobre. O tal número xa está decidido, isto so é unha operación de marketing.

Se a aposta é sobre o número que dirá a xente, eu apostaría porque de 330.000 unhas 200.000 contestarán a opción do medio. Non por nada, porque é o comportamento habitual en todo tipo de enquisas. Así, a opción que o cuestionario situe no “centro” (Unhas en galego, outras en castelán) será a maoiritaria, porque parece a opción “neutra”, de “non tomar partido”, de sentirse “moderado” e, sobre todo, de “non enfadar a ninguén”. De todos modos, nunca o saberemos.

Se a aposta é sobre o resultado oficial (o número que dirá o goberno), si que é moi posible que non se chegue a 30.000. De todos modos, non creo que afirmen que a maioría amplísima dos galegos so queren ter clase en castelán, porque sería falso dun xeito demasiado obvio. Ainda que, no plan que están ultimamente, poden dicir que o 100% dos pais queren que as clases sexan so en castelan e en inglés, e quedarse tan anchos. O fin e o cabo o disimulo non é a sua característica mais destacada.

Xuño 15th, 2009 at 11:58 a.m.
xopau
 5 

unha vez oin dicir a un irlandés que mellor houbese sido ter optado por ter moitos fillos que pola loita armada.Máis eficaz e menos sufrimento. Se o voto nacionalista é maioritariamante novo a que temos medo? pois claro os nacionalistas teñen poucos fillos ou ningún porque están casados con mulleres nacionalistas que non queren ser “un mero orgao reprodutor”. Falando en serio creo que seremos moi poucos pero espero estar trabucado e que esta impresión se deba a estar nunha zona moi complicada para a lingua. Sobre as aberracións que levo oído prefiro nin falar pero, aínda que sexa unha falacia, acabaremos por asinar o bilingüísmo harmónico. Digamos 50000 con todas as opcións.

Xuño 15th, 2009 at 9:30 p.m.
heder
 6 

O voto nacionalista foi maioritariamente novo, cando nos eramos novos. A xeración que ten agora menos de trinta está completamente desencantada ca política en xeral e co nacionalismo en particular.
De todos modos, non é esa xeración a que vai votar na enquisa e sería en efecto interesante saber os resultados reais. Por desgracia, non os saberemos.

Xuño 16th, 2009 at 11:20 a.m.
lannister
 7 

Polo menos nos institutos esta claro que os estudantes cunhas ideas politicvas claras son rara avis, e dentro dese grupo xa reducido hoxe son maioría os nacionalistas españois. Polo menos iso indican as miñas experiencias dos últimos catro anos.

Xuño 16th, 2009 at 12:13 p.m.
 8 

Bueno, tendo en conta que a metade das enquisas que xa temos nós no centro non están etiquetadas porque os titores se esquenceron de apuntar que nenos as traían cubertas….
En fin..eu quedo nun termo medio entre 20 000 e 30 000 ala!

Xuño 16th, 2009 at 9:18 p.m.
xopau
 9 

Hoxe veño de oir un caso terribél. Direi antes que odio eses reunións nacionalistas de xente contando anecdotiñas de como o marxinaron e do mal que están as cousas… quero dicir:pido disculpas de antemán por contar un caso particular.
Unha nena de dez anos dirixíndose a súa nai:_ eu esa enquisa non a entrego no centro- e chorando. A enquisa poñía “todo en castelán”. Manda truco…

Xuño 16th, 2009 at 10:31 p.m.