15
Xuñ

Aborto non, lei si

   Posted by: lannister   in Sen clasificar

O titulo desta anotación pode parecer un máis dos múltiples arrebatos de “esquizofrenia de opinión” nos que vivimos instalados ultimamente. Porén non é máis que a sintese da miña opinión sobre a reforma da lei que despenaliza o aborto.

Como católico, e que sen ser un experto ten certos coñecementos de teoloxía, estou en contra do aborto. É máis, comprendo que a Igrexa manifeste a súa opinión e faga campaña contra el. Claro que no que xa discrepo é nas formas da devendita campaña que unha vez máis me fan preguntarme porque non apostato un día destes e fundo unha Igrexa galega como fixeron outros antes a nivel estatal.

Porque a Conferencia Episcopal trabucase non so o utilizar unha linguaxe grosa e desproporcionada senon tamén o caer na deslixitimación do Estado. Vivimos nun Estado que consagra a separación entre o relixioso e o civil correspondendolle o parlamento lexislar. Un parlamento que a Conferencia Episcopal non pode obviar como base no noso sistema politico que é. Como moito pode aconsellar e orientar a actuación dos parlamentarios católicos porque o tema de fondo recae na moral e na conciencia de cada quen.

Claro que recurrindo a curiosas regras de tres polas cales se o aborto é legal tamen debería selo a violación, ou que a pederastia é un mal menor que pode perdoarse o peso moral da Conferencia Episcopal deixa moito que desexar.

Un aborto sempre é un fracaso e ninguen o fai porque si, cun sorriso nos beizos e dando chimpos de ledicia. Unha campaña contra o aborto desde un punto de vista católico debería tender a plantexar opcións:

– en primeiro lugar evitar os embarazos non desexados mediante unha correcta educación sexual e unha accesibilidade plena os metodos anticonceptivos. A oposición da Igrexa a ambalas dúas cousas é ridicula: os feitos demostran que a xente peca contra o sexto mandamento, ergo aseguremonos de que non peque contra o quinto. A diferenza entre un pecado é outro pode radicar nun simple elemento de latex.

– en segundo lugar en vez de gastar tanto en tentar tumbar o goberno tal vez sería mellor potenciar a xa esistente rede de apoio as mulleres embarazadas proporcionandolles outras opcions: información, apoio económico, posibilidade de ser acollidas, entrega dos seus fillos en custodia ou adopción…

-e en terceiro lugar a necesidade de que exista unha lei clara como pretende o goberno.  Porque prohibir o aborto leva a abortos clandestinos cos riscos sanitarios que conleva e posibilidade de máis mortes (nai e nasciturus polo prezo dun). Mentres que agochalo como ata agora leva a un negocio privado de clinicas que se lucran das miserias alleas. de aí que defenda que o aborto este claramente regulado e despenalizado e integrado na sanidade pública. (Recoñecendo o dereito dos médicos a non realizalo porén garantindo que haxa outro facultativo disposto a facelo).

Lamentablemente a Igrexa española sempre foi campeona da ortodoxia non de levar o evanxeo a realizacións practicas.

Tags: , ,

This entry was posted on Luns, Xuño 15th, 2009 at 5:27 p.m. and is filed under Sen clasificar. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

6 comments so far

heder
 1 

Vexo duas grandes diferencias entre o discurso católico de Lannister e o da igrexa española:

1º- Lannister é quen de separar a moral de cada quen (privada) das leis que regulan a convivencia de todos. A moral é unha cuestión persoal e ninguén ten dereito a tomar decisións por ti. Nin os teus pais, nin o estado nin a igrexa.

2º- A Lannister preocúpalle que a lexislación poña as condicións para que o sufrimento das persoas se minimice. Á conferencia episcopal preocúpalle que a lei deixe claro que eles siguen mandando e que protexa os intereses económicos das clínicas privadas.

Por outra banda, eu (que sempre teño que levar a contraria) discrepo neste caso nun único punto. O dereito á obxección de conciencia dos médicos crea un problema práctico.
A cantidade de médicos obxectores é enorme na sanidade pública. O motivo non é que a proporción de católicos practicantes sexa maior entre a clase médica. O motivo é o seu interés en que os abortos se practiquen na sanidade privada. De ahí que o desexable desde o meu punto de vista sería determinar a qué especialidade lle correspondería practicar os abortos da sanidade pública e establecer a incompatibilidade entre ser obxector de conciencia e ocupar esa praza. Se es católico, obxector e médico non poder ser xinecólogo. Tes moitísimas especialidades que escoller que non atentan contra a tua conciencia.

Xuño 16th, 2009 at 11:12 a.m.
lannister
 2 

Ser católico ten algunhas eivas como considerar o traballo e o capital unha maldición divina e non unha beizón como fan os calvinistas, co cal nunca se me pasara pola cabeza que alguen puidera obxectar para despois lucrarse cobrando por iso o que obxecta. Sen chegar a prohibir o acceso as especializadades médicas tes razón en que debería regularse esa obxección.

Xuño 16th, 2009 at 12:03 p.m.
heder
 3 

Tes algunha proposta de regulación? Pregunto porque sei que ti si buscarias compaxinar o respeto á conciencia de cada quen coa garantía do dereito ós servizos públicos. Sen embargo, fíxate que as mesmas organizacións que din defender a liberdade de conciencia son as que promoven a privatización de servizos. Calquera tipo de regulación ten que garantizar a práctica do aborto nos servizos públicos, sen costes de desplazamento para as mulleres e dentro dos prazos legais mais cortos.
Por outra banda, tes moita razón en que a mellor campaña antiabortiva sería fomentar a existencia de alternativas. Moitas mulleres non abortarían se existise unha rede de escolas infantís gratuitas de cobertura universal desde os 4 meses, que é cando che dan a alta se es traballadora. Moitas mulleres levarían adiante o seu embarazo e considerarían dar ó seu fillo en adopción se non soupesen que o mais probable é que acabe nalgún centro de menores mentres centos de familias perfectamente normais e sen fillos adoptan nenos extranxeiros porque conseguir unha adopción no estado é case imposible. Moitas non chegarían a ter un embarazo non desexado se os métodos anticonceptivos fosen gratuitos, de acceso simple e a información sobre eles adecuada.

Xuño 18th, 2009 at 3:15 p.m.
 4 

O problema da sanidade non se vai arranxar dun día para outro, claramente o número de abortos sí que diminuiría se se dese o caso do que fala Hede, nembargantes, aínda dando os nenos en adopcións é preciso un seguimento psicolóxico da nai. As mulleres das que eu sei tiveron que abortar, non o fixeron por ningunha das razóns citadas no seu discurso e, polo que eu sei, as razóns que elas argumentan como detonante da súa decisión están moi lonxe de ser as que ti citas (ainda que sí, se todo o que ti dis fose certo, é moi probable que o número de abortos diminuise). Se aceptamos que teñen que pasar 24 horas para que o neno sexa considerado un cidadá… ¿ten dereitos de cidadá antes de nacer? E no tocante á igrexa católica, que prima o elemento de creación da familia e educación do novo ser na vida cristiana ou o feito de non “matar” ao feto? Non somos seguidores dun Deus que vaia polo determinismo así que nin a decisión de que ese neno veña ao mundo nen que non veña tería que ser un destino ou unha vontade dun ser Superior.

Xuño 21st, 2009 at 11:55 p.m.
lannister
 5 

Respecto a como regular a obxección de conciencia é algo complicado pois non se me ocurre como evitar os aproveitamentos indebidos da mesma. É o risco que sempre se corre cando se recoñece ese dereito. Eu iría polo camiño de facer que se cumpran as incompatibilidades en senso estricto e non so a renuncia o complemento especifico, que é unha argucia legal, así, non so no caso do aborto, evitaríamos os absurdos do médico “dual” publico de mañan/privado de tarde.
Respecto a que prima no caso da igrexa católica esta claro que a preservación da vida do feto de xeito total, absoluto e sen matices. É asi desde os Pais da Igrexa e os comezos dun dogma organizado no século III. É cuestión de cada quen e da súa conciencia como casa iso co libre albedrío, acerto ou fracaso esta nas máns de Deus.

Xuño 22nd, 2009 at 10:38 a.m.
heder
 6 

En efecto, a maioría das mulleres que abortaron que eu coñezo abortarían igualmente ainda ca lexislación de baixas, adopcións e escolas infantís funcionando á perfección. O motivo é que a maioría eran rapazas moi novas cando abortaron, co cal non querían pasar o trago de dicirlles ós pais que estaban embarazadas. Ademáis, tampouco querían ter que aguantar comentarios. Nese sentido resúltame graciosa a actitude de certos católicos. Falan de dar apoio ás mulleres, pero son os primeiros en criticalas polo feito de ter practicado o sexo fora do matrimonio, e encárganse de que iso teña conscuencias.
Coñezo sen embargo a outras mulleres que abortaron porque simplemente non querían ter un fillo nese momento das suas vidas. Non tiñan nin parella nin traballo estables, co cal non se vian en condicións de facerse cargo dun neno. Estas últimas si podían terse plantexado levar adiante o embarazo se as condicións sociais fosen outras.
Non pretendo coñecer os motivos que levan a abortar a todas as mulleres, nin tan sequera á maioría, pero plantexo a hipótese de que se ter un fillo non fose un condicionante tan grande na vida dunha muller o número de abortos disminuiría (ainda que nunca sería cero). Hoxe en día criar un fillo require certar doses de heroismo. Os servicios públicos son inexistentes, os privados carísimos e o apoio familiar cada vez máis escaso pola reducción do tamaño das familias e pola falta de tempo xeral de toda a sociedade. A un neno hai que atendelo 24 horas ó día e esta sociedade tan igualitaria sobre o papel recoñece que o coidado de nenos e enfermos non é cousa de mulleres pero non plantexa ningunha alternativa. Na práctica, so os traballadores do estado teñen dereitos como baixas de paternidade, permisos para o coidado de familiares enfermos, reducción de xornada por lactancia… Na privada podes pedilos, pero mais te vale ir buscando outro traballo, porque deste despíndente seguro. Se recurres á xustiza, o máis que conseguirá será que declaren o despido improcedente, pero non nulo. O empresario indemnizarate, pero ti seguirá en paro, e a indemnización non vai cubrir os gastos de criar ó teu fillo nin un ano.

No tema das incompatibilidades, non podo estar mais dacordo. Eu establecería progresivamente, empezando polos cargos de máis responsabilidade, unha incompatibilidade absoluta entre o traballo na sanidade pública e na privada. Iso evitaría numerosos conflictos de intereses e o abuso xeralizado dos recursos públicos. De todos modos, seguiría establecendo un certo número de prazas que tivesen como requisito non ser obxector. Practicar abortos é unha das funcións dun ciruxano xinecolóxico, e ten que estár disposto a facer o seu traballo. De non ser así, poderías atoparte igualmente no caso de que ningún dos médicos dun certo hospital estén dispostos a practicar abortos, obrigándote a elexir entre asumir o retraso burocrático de ter que incluirte na lista de outro hospital e os gastos de desprazamento para chegar ata el ou pagar na privada. Case todos temos que facer cousas que non nos gustan no noso traballo, e se estas nos resultan insoportables o que facemos é cambiar de traballo.

Xuño 22nd, 2009 at 2:55 p.m.