15
Xuñ

Ramon Piñeiro e o galeguismo da empanada

   Posted by: lannister   in Política

Este ano o Día das Letras Galegas adicouse a Ramon Piñeiro. Hai signo máis claro da desfeita continua na que vivimos que ter un día adicado as letras?

Un día que serve para publicitar a persoas das que moi poucos oiran falar antes e moi poucos lembraran unha vez pasado o dia. Eu teño que recoñecer que me atopo entre os primeiros porén si lembrarei a Ramon Piñeiro. Non se debe a que desde o 17 de Maio lera toda a obra de Ramon Piñeiro ademáis dos escritos sobre el e a súa obra.Non, se lembrarei a Ramon Piñeiro será grazas a La Coz. Estes días tanto nas novas como nos artigos de opinión Ramon Piñeiro era: un galeguista de pro que marcou o camiño a seguir. Calquera discrepancia coa obra de Piñeiro era descalificada de inmediato. Chamoume especialmente a atención un artigo de opinión dun deses mercenarios que escriben en galego para manter a farsa da neutralidade da Coz e a súa defensa dos intereses de Galicia. O devandito mercenario chamaba talibán a quen ousase espallar a máis minima dubida sobre a obra de Ramon Piñeiro. (O cal fixome graza dada a tolerancia natural dos cocenses, xunto con que feito de que se os talibáns chegaron a gobernar foi porque tiñan un proxecto mellor que o dous outros e que abranguía todo o país.)

Recoñecendo a miña ignorancia sobre a obra de Ramon Piñeiro considero que non podo opinar sobre a mesma nin sobre el. Porén despois de ler multiples novas e artigos (como os da Nosa Terra, ou o de Xusto Beramendi no Tempos Novos de Maio, ademáis dos xa citados panexiricos cocenses) creo que si podo facelo sobre o exito ou fracaso do que se di que Ramon Piñeiro pretendía.

– O xiro culturalista: Dada a suma de realidades esmagantes: a represión franquista, o caracter minoritario do partido galeguista que ademáis estaba desartellado a nivel practico, e a necesidade de facer algo… Ramon Piñeiro capitaneou o abandono das inquedanzas politicas e o paso a posturas máis culturais. A editorial Galaxia será o froito máis destacado deste xiro. O exito foi absoluto na medida que podía selo. Galaxia presidiu o renacemento (outro máis) da literatura galega e a lingua tivo unha minima presenza publica o tempo que se mantiñan e transmitían as ideas galeguistas.

– O galeguismo non naciolista tras a transición: Cando comeza a transición Ramon Piñeiro opta por tinxir as ramas galegas dos partidos estatais dun galeguismo de minimos: defensa da cultura e a lingua galega, recoñecemento de certa identidade propia de Galicia dentro do estado español e defensa deses intereses dentro do marco autonómico. Pode dicirse que tivo exito na ruptura do binomio galeguismo=nacionalismo que ata enton existía se non de xeito uniforme si maioritario.  No resto fracasou. Nen o PP de Galicia é UPN, nen o PSdG-PSOE é o PSC.

O PP de Galicia proclamase galeguista e fai súas as figuras de Castelao e de Piñeiro. Claro que por máis que berre o seu galeguismo este non aparece por ningures: desde sempre leva a a cabo unha politica de esmagamento da cultura e a lingua galega, nega a identidade de Galicia máis aló de recoñecela como viveiro de votos, e os intereses de Galicia non contan, é un medio para un fin: España. (Hoxe “El Señor de las Habichuelas” reunese con ZP, onte xa dixo que o faría desde a lealdade de Galicia a España que é o que debe primar nas relacións institucionais).

UPN, nada sospeitosa de nacionalista, separatista, etc. foi capaz de romper co PP cando este antepuxo os seus intereses electorais os de Navarra.

O PSdG-PSOE é un esperpento ainda maior. Reivindica a Piñeiro como un dos seus cando o nega a cotío cos seus actos. O único no que están de acordo os socialistas de Vigo e da Coruña é no xacobinismo a ultranza e o rexeitamento do galego. Paco Vazquez, Abel Caballero, Ventura Mariño son nomes significativos dabondo.

O PSC pola contra é un abandeirado do catalanismo ata o punto de tirar do novo estatuto por recortado que este acabou. E nunca dubidou da lingua catalana.

En resumen en que queda o galeguismo integrador co que soñara Ramon Piñeiro? Na morriña e comer empanada. E a bo fe que nese aspecto ten exito. Preto da miña casa uns madrileños mercaron unha finca, construiron un chalet e para decorar estan a construir un horreo!

This entry was posted on Luns, Xuño 15th, 2009 at 12:33 p.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.