Archive for Xuño 22nd, 2009

22
Xuñ

Ata logo ou adeus?

   Posted by: lannister    in Sen clasificar

Cando abrin o blogue a miña idea era evitar crear unha úlcera pola carraxe e desesperanza que me provocara a debacle do bipartito. Pasaron tres meses desde aquela e se ben conseguin evitar a devandita ulcera non atopo esperanza por ningures. Teño que recoñecer que enquisa foi para min o cravo definitivo no ataude. Non importa o acientifica e pretenciosa que sexa, a brunete mediatica vaise encargar de convertila na expresión máxima da vontade popular. Eu non acerto a atinar como podemos contrarrestar a enquisa e todo o que vai ver inspirado nela. Sumado isto a falla de tempo nos vindeiros días e que nos meses de verán non estarei tan conectado a actualidade como quixera tomei a decisión de comunicar que momentaneamente o blogue deixara de actualizarse. Sei que alomenos quedan dúas anotacións pendentes: unha sobre as reformas estruturais e outra sobre a televisión. Se decido retomar o blogue será do primeiro que “colgue”.

Sen máis, comentaristas residentes: Xopau e Heder; e lectores ocasionais grazas por pasar por aqui. Se isto é un ata logo ou un adeus so o tempo o dira.