22
Xuñ

Ata logo ou adeus?

   Posted by: lannister   in Sen clasificar

Cando abrin o blogue a miña idea era evitar crear unha úlcera pola carraxe e desesperanza que me provocara a debacle do bipartito. Pasaron tres meses desde aquela e se ben conseguin evitar a devandita ulcera non atopo esperanza por ningures. Teño que recoñecer que enquisa foi para min o cravo definitivo no ataude. Non importa o acientifica e pretenciosa que sexa, a brunete mediatica vaise encargar de convertila na expresión máxima da vontade popular. Eu non acerto a atinar como podemos contrarrestar a enquisa e todo o que vai ver inspirado nela. Sumado isto a falla de tempo nos vindeiros días e que nos meses de verán non estarei tan conectado a actualidade como quixera tomei a decisión de comunicar que momentaneamente o blogue deixara de actualizarse. Sei que alomenos quedan dúas anotacións pendentes: unha sobre as reformas estruturais e outra sobre a televisión. Se decido retomar o blogue será do primeiro que “colgue”.

Sen máis, comentaristas residentes: Xopau e Heder; e lectores ocasionais grazas por pasar por aqui. Se isto é un ata logo ou un adeus so o tempo o dira.

This entry was posted on Luns, Xuño 22nd, 2009 at 3:05 p.m. and is filed under Sen clasificar. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

3 comments so far

heder
 1 

Xa, claro, como vos estades de vacacións ata setembro non precisades o blog para comprobar que ainda hai alguén disposto a discutir racionalmente. Pero eu, qué vou facer sen o blog? Buaaa!

En fin, que me encantou discutir con vos, e agardo con impaciencia a oportunidade de seguir. Pasade un bo verán.

Xuño 23rd, 2009 at 10:47 a.m.
 2 

Ata logo, por favor!
Cantos máis sexamos, mellor.
O último cravo ímolo poñer nós, na caixa dos outros.

Xuño 30th, 2009 at 7:40 p.m.
 3 

Ata logo, por favor!
Cantos máis sexamos, mellor.
O último cravo ímolo poñer nós, na caixa dos outros.
Bó verán.

Xuño 30th, 2009 at 7:42 p.m.