1
Set

Canto Menos Bulto Mellor

   Posted by: lannister   in Política

Unha colaboración de Heder para comezar de novo.

CANTO MENOS BULTO, MAIS CLARIDADE

Levamos analizado abondo o que foi o goberno bipartito e os porqués da súa derrota, con maior ou menor acerto. Quero sen embargo escribir unha reflexión sobre unha das consecuencias dos feitos tal como aconteceron. Consecuencia ó meu entender moi positiva, porque permite contar con datos para analizar a realidade.

A derrota de Fraga colleu por sorpresa a moita xente. Os anos e anos de maioría absoluta pepera sostíñanse, aparentemente, sobre unha milagre do estilo da dos pans e os peixes, pero aplicada ós votos. Ninguén votaba ó PP, pero sen embargo obtiña maioría absoluta tras maioría absoluta. Os catro anos do bipartito serviron para aclarar moitas cousas. Persoas que nunca tiveran unha opinión política empezaron a manifestala abertamente. Os peperos “saíron do armario”. Figuras públicas que obtiñan parte da súa fama do feito de ser galegos adoptaron actitudes galegófobas, deixando claro que non merecían apoio de ningún tipo. Estou pensando nos casos de Oscar Pereiro e de Manquiña. Quedou clara a diferencia entre os xornais que gababan a quen lles daba a subvención (pensemos na espectacular transformación de “El correo gallego” ou “El progreso”) e aqueles que tiñan unha ideoloxía detrás máis forte que o interese puramente económico (si, estou pensando na coz). O gran capital apoiou descaradamente ó PP (coches citroen para feijoo, ataques continuos ó bipartito) deixando ben claro a quen representan. E moita xente argumentou que non se podía seguir cun goberno que molestaba a quen tiña a pasta.

Non vou seguir a historia, que xa contamos moitas veces. So quero afirmar aquí a miña alegría polo fin da hipocrisía do país. As posturas quedaron claras, os apoios de cada quen e os intereses segundo os cales se goberna tamén. Despois do bipartito e vendo a liña pepera posterior, ninguén pode dicir xa que non espera que se faga o que se fai. Se para algo serviron estes anos foi para acabar cas escusas. O país é responsable do que fai consigo mesmo e cada cal escolleu o seu bando.

PD: vin nun foro unha volta mais sobre o apelativo de “señor de las habichuelas”. Como o útil e moderno disque é falar inglés, daquela temos de presidente a Mr. Bean.

Tags: ,

This entry was posted on Martes, Setembro 1st, 2009 at 9:44 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.