Unha das cousas das que se leva espuculado moito é sobre as ambicións do “Señor de las habichuelas”: que si ministro de Fomento nun goberno de Rajoy, que si sucesor de Rajoy se este se espeta ou non repite unha vez sexa presidente do goberno etc. Nestas especulacións influía a intensa campaña mediatica do “Señor de las habichuelas” con presenza constante nos medios estatais: COPE, TVE, Programa de Buenafuente na Sexta… e que o seu goberno estaba nunha especie de dolce far niente. A verdade é que eu tamén barallei esas ambicións so que sin preocuparme porque o goberno estivera desaparecido como facía Anton Losada:

http://antonlosada.blogspot.com/2009/07/artigo-el-pais-21709.html

A verdade tendo en conta o que fixo cando voltou por aquí eu prefero a un Feijoo en periplo exterior e un goberno ausente. Remato  con outro artigo de Anton Losada esta vez sobre o PP e a súa teima con Cataluña.

http://antonlosada.blogspot.com/2009/07/tribuna-no-el-periodico-24709.html

Tags:

This entry was posted on Martes, Setembro 1st, 2009 at 12:25 p.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

Heder
 1 

O primeiro enlace merece na miña opinión varios comentarios:
1º- A min, como a Lannister, non me preocupa en absoluto que este goberno esté ausente. Hoxe en día non precisa ir a Madrid para recibir as instruccións de Xénova, e se as viaxes lles quitan tempo para tomar medidas mellor que mellor. De feito, a miña maior esperanza é que a sua ineptitude lles impida realizar gran parte do seu programa, porque teño claro que non arreglarán ningún problema e, en cambio, poden xerar moitos novos.

2º -Os exemplos citados correspóndense cas partes do discurso pepero que sempre foron iso: discursos. Non hai ningunha intención de axudar a ningún sector productivo, so de favorecer a súa fagocitación por grandes empresas. O último exemplo das \axudas\ á economía son as subvencións ó abandono da actividade dos transportistas. ¿Sónanos de algo o de subvencionar o abandono? En canto á lei da dependencia, como toda a política social, o PP ten un modelo ben claro: pagar con cartos públicos a prestación dos servicios por empresas privadas. Esas que manteñen ós seus traballadores en precario e aforran nas cousas máis incribles (o carro de paradas parece ser que non é imprescindible…). Ese modelo non o esconderon nunca, así que non teño mais remedio que dicir que o país ten o que merece, e que neste campo nin sequera pode dicir que o enganaron.

3º- En canto ó de choromicar para que outros paguen a nosa dispersión ou a nosa incapacidade para atraer poboación, eu tamén estou algo farta de oir discursos choróns. Unha das últimas modas da política é acusar dos problemas ós propios problemas. Se a realidade da problemas, que cambie a realidade. A ver que é iso de vivir todos nas aforas das cidades, co caro que nos resulta darlles servicios! A partir de agora todos a pagar os 400.000 euros que cobran por un piso novo en Santiago, ou a pagar alugueres desfasados por pisos nos que non se invertiu un peso desde os 70. En canto ós insolidarios que ousan seguir vivindo no rural, ainda que servicios servicios non teñen, ainda hai que poñerlles un consultorio médico a 20 ou 30 kilómetros e ¿como vai vivir un señor médico na aldea? Menos mal que polo menos non teñen moitos fillos e así podemos ir pechando colexios.

Setembro 3rd, 2009 at 4:23 p.m.
Heder
 2 

En canto ó segundo enlace, fáltalle analizar o ouro pé necesario da estratexia: a actitude do Psoe. Porque se o Psoe non asumise tamén, no fondo e cada vez máis nas formas, unha praxe antinacionalista, a estratexia do PP o levaría pronto ó desastre electoral. Se o Psoe respetase os seus pactos, non invadise continuamente competencias e se adicase a gobernar o seu e non a impedir que os demáis gobernen, non pagaría unha factura en votos elevada na España Profunda, que xa é pepera, e elevaría considerablemente os seus votos en Euskadi e Catalunya. E Catalunya ten un gran peso electoral.
Claro que a estratexia do Psoe leva xa algúns anos sendo “vótame a min para que non goberne o PP” ( que axuda moito dando cada vez máis medo) e así logra os “apoios puntuais” que precisa para gobernar pese ós recortes de estatutos, regulacións de materias autonómicas e incumprimentos reiterados de pactos publicamente asinados. E a xente sigue votando a un partido que se di socialista e fai política neoliberal, iso si, aprobando parches en forma de axudas monetarias a amplios colectivos que baleiran as arcas do estado e non resolven ningún problema real.
A estratexia do bipartidismo está clara. Escolle entre o nefasto e o peor, porque non imos permitir que nin sequera o simplemente malo toque poder real.

Setembro 3rd, 2009 at 4:41 p.m.