1
Set

Crónicas dun Verán Atípico IV: Outra vaca no millo!

   Posted by: lannister   in Política

Mentres un seguen cagandose no bloque e considerandoo a orixe de todos os males (falo de nacionalistas os non nacionalistas levano facendo desde sempre):

http://www.moendo.net/2009/07/16/para-estar-por-estar-mellor-non-estar/#comments

Outros realizan o enesimo intento de crear un partido nacionalista de dereitas como se os resultados de Terra Galega e o Partido Galeguista nas autonómicas non foran aviso suficiente.

http://www.apeneira.com/dixital/content/view/782/240/

Tags:

This entry was posted on Martes, Setembro 1st, 2009 at 12:32 p.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

One comment

Heder
 1 

A verdade é que canto máis tempo pasa desde o 1M máis penso que en efecto precisamos unha alternativa ó Bng. Sei que son das poucas que pensa que no goberno non so non o fixeron mal, senon que o fixeron moi ben, e que o erro que pagaron nas eleccións non foi un mal goberno, senon unha actuación autista que os deixou sen canles de comunicación alternativas á prensa. Sei tamén que son das poucas que pensa que tampouco pagaron as pelexas co Psoe, senon non ter mandado á merda ó psoe máis a miudo e en mais ámbitos. É por iso que penso que a análise dos resultados que están a facer é de todo errada, e que afondar nos dous erros que comento non so non os vai levar de volta á Xunta, senón que pode acabar co Bng.
Por outra banda, xa que non parecen dispostos a volver a traballar a pe de rua para recuperar os seus lazos cos movementos sociais, o que quizais lles de futuro como organización é un decidido xiro á dereita. Cumprirían así o vello soño dun partido decididamente galego na dereita e porianse en situación de recoller os peperos descontentos co novo reparto madrileño da tarta. Farianse definitivamente tragables para a prensa, que deixaría de tratalos como a Batasuna e pasarían a tratalos como ó Pnv: sodes o diaño, pero deixámosvos vivir porque lle quitades votos ó anticristo. Claro que a costa de perder máis da metade da sua militancia e de deixar un espacio político enorme para o crecemento das opcións independentistas. Oco que, por outra parte, dubido que fosen capaces de aproveitar.

Setembro 3rd, 2009 at 5:02 p.m.