Remataba a última anotación de Xuño falando sobre a enquisa do galego no ensino calificandoa de derradeiro cravo no ataúde do galego. O 31 de Xullo, vaia celeridade e eficacia, saíron os datos. Destes podense dar moitas opinións. A miña é que planificada para enterrarnos deixounos cunha man saindo do cadaleito como no chiste. Non importa canto a descalifiquemos (con razón) na sociedade na que vivimos so importan os datos e como se presenten e estes para min son esterrecedores e esperanzadores. Explicome atinei cando vaticinei que a opcion en galego non chegaba o 20% porén fracasei cando vaticinei que a opcion so en castelan chegaba o 50% ou máis, salvounos o politicamente correcto do unhas si e outras non. Porén esa feble luz permitenos seguir loitando. Para rematar ligazóns comentando o asunto.

A nova dos datos en Vieiros:

http://www.vieiros.com/nova/75760/pouco-mais-da-metade-dos-pais-opinou-a-maior-porcentaxe-na-privada

Barreiro reflexiona sobre a lingua antes de coñecerse os datos:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/07/06/0003_7830686.htm

Un democrata de pro analiza os resultados:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/07/31/00031249077528250207917.htm

Coñecidos os datos Barreiro volve opinar:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/08/03/0003_7885399.htm

Especulacións varias sobre cal será a nova ocorrencia de Jesus Vázquez e o “Señor de las Habichuelas”

http://xmeyre.blogaliza.org/2009/08/10/valle-inclan-nunca-imaxinou-esperpento-de-tal-calibre/

http://xmeyre.blogaliza.org/2009/08/11/mentiras-e-vaselina/


Tags: , , ,

This entry was posted on Martes, Setembro 1st, 2009 at 12:49 p.m. and is filed under Desfeita, Lingua, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

Heder
 1 

Eu xa empezo a estar en desacordo con Lannister. Se pensamos que “na sociedade onde vivimos so importan os datos e como se presenten” empecemos xa a expresarnos en castelán, porque NUNCA conseguiremos que o discurso da prensa sexa outro. Eu creo que sempre queda a opción de aportar outro punto de vista, de artellar alternativas á prensa tradicional, de facer traballo educativo (que moitas veces da froito anos despois de realizalo).

Por outra banda, non sabía que seguían a voltas ca segregación, pensei que en plena crise e recortando fondos en cousas tan populares como libros de texto gratuitos non se atreverían a tomar unha medida tan obviamente costosa. Se o fan haberá que concluir que o PP é o único partido coherente e con valor do arco parlamentario. E que se algúen que nos sexa directamente rico os volve a votar é simple e llanamente subnormal.

Setembro 3rd, 2009 at 5:23 p.m.
lannister
 2 

Podes empezar a estar en desacordo comigo canto queiras, faltaría máis. Respecto a este desacordo en concreto so dous matices: 1. eu falo do curto prazo e ti do longo prazo. 2. Ti aínda conservas esperanza eu ningunha, simplemente sigo adiante porque me nego a aceptar o inevitable pese a que sei que non podo cambialo.

Setembro 10th, 2009 at 10:24 a.m.