2
Set

Crónicas dun verán atípico VI: Caixa Galicia

   Posted by: lannister   in Desfeita

O ruxe ruxe sobre a posible absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid comezou antes do verán e mantivose con intensidade durante o mesmo. Multiplicaronse os argumentos a favor de manter a galeguidade de Caixa Galicia e os chamamentos a Feijoo para que evitara a absorción. Este ou deu a calada por resposta ou manifestou que non aceptaría presións de ninguen e que adoptaría a mellor decisión para Galicia.

Eu supoño que segundo lle conveña a el ou o partido o final haberá fusión. Os argumentos xustificativos de tal cousa son doados de imaxinar: conservase o emprego, garantense os depositos dos clientes, e como non o favorito do PP, España sae beneficiada cunha caixa máis grande e solvente. Todo iso sen descartar que se inventen problemas financeiros de última hora que xustifiquen a chegada salvadora do oso e o madroño. Coma sempre as ligazóns que permiten seguir a evolución do ruxe ruxe.

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/07/26/0003_7870264.htm

http://www.vieiros.com/nova/75806/caja-madrid-decidida-a-engulir-caixa-galicia

http://www.elpais.com/articulo/economia/Caja/Madrid/estudia/integracion/CAM/Caixa/Galicia/elpepueco/20090803elpepieco_2/Tes

http://www.vieiros.com/columnas/opinion/949/as-caixas-galegas-momento-cero

E como complemento unha analise da contabilidade do Pastor que non tranquiliza precisamente

http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/08/as-incribles-contas-do-pastor-1.html

http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/08/as-incribles-contas-do-pastor-2.html

Tags: , ,

This entry was posted on Mércores, Setembro 2nd, 2009 at 10:57 a.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.