Pachi Vázquez dixo nunha entrevista concedida a Publico que non habería máis bipartitos que o PSdG aspiraba a gobernar en solitario. Dado que esta é unha sección de repaso o verán non sei se como acorre con frecuencia nestes casos acabou recuando, espero que non.

O PSdG é peor que o PP porque quere o mesmo porén non o dí. Por outra banda os pactos de todo tipo feitos co único obxectivo de desbancar o PP foron creando a sensación de que para iso votarlle directamente o PSdG e pasar do BNG. Ademáis de que o PSdG dedica neses pactos, como no bipartito, máis tempo a chorar polas multiples concesións que ten que facer o BNG e a contrarrestar todo o que este fai que a gobernar ou preocuparse do PP. Así que se queren ir por libre mellor que mellor. A fin de contas se o final non lles sae sempre se lles pode impoñer un acordo como o do País Vasco co PP, aí si que hai cesións, control e baixada de pantalóns.

http://www.vieiros.com/nova/75887/non-habera-mais-bipartitos-advirte-manuel-vazquez

Tags:

This entry was posted on Mércores, Setembro 2nd, 2009 at 11:08 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.