7
Set

Da actualización deste blogue

   Posted by: lannister   in Sen clasificar

Na primeira etapa deste blogue xa tiven un paron nas actualizacións que motivou a anotación “Correndo tras a actualidade”. Agora moitas das actualizacións non son máis que acumulación de ligazóns a novas xa pasadas. Esto debese a miña lonxanía da internet no verán, lonxanía que continuara polo menos ata o vindeiro mes no que espero que se normalicen as cousas.

Chegue ou non a normalidade a miña intención é seguir publicando anotacións arquivo sobre temas dos que considere que polo menos hai que deixar constancia, e anotacións máis reflexivas sobre diversos temas en xeral sin necesidade de estar ligadas a actualidade. Espero que esto non provoque a fuxida dos escasos lectores deste blogue. Pensando nos cales reordenei as ligazóns do mesmo. Quen queira seguir a actualidade o día so ten que seguir as ligazóns agrupadas na categoría de noticias para ter acceso as últimas novas, e as agrupadas na categoría actualidade para ler blogues de opinión centrados no día a día.

This entry was posted on Luns, Setembro 7th, 2009 at 11:08 a.m. and is filed under Sen clasificar. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.