7
Set

Pardo de Cela, heroe da patria?

   Posted by: lannister   in Política

Os heroes da patria, de calquera, sempre me pareceron figuran peculiares. Máis que nada porque os suxeitos en cuestión actuaron a meirande parte das veces en contextos socio-históricos moi distintos o de quenes lles outorgaron o rango de heroes; e por suposto cunha mentalidade e unhas ideas que diverxían claramente do concepto de heroe da patria.

No caso de Pardo de Cela o que digo é totalmente certo. No seu tempo pese a existencia consolidada do termo de Reino de Galicia ninguen o interpretaba no senso de patria galega nen nada semellante. Todo o máis era un termo xeográfico de limites imprecisos que según os vaivéns podía incorporar o Bierzo ou a Asturias de Ribadeo (as terras entre o Eo e o Navia, así chamadas para sinalar o seu vinculo con Galicia o mesmo tempo que non eran Galicia).

Respecto a mentalidade de Pardo de Cela esta incribiríase obviamente nos parámetros da nobreza da tardofeudalidade e os seus intereses e eidos de referencia serían ante todo a súa liñaxe a cuxo benestar e engrandecemento subordinaría calquera outra actuación.

Se falamos de aplicacións prácticas desta mentalidade vemos que Pardo de Cela foi fiel a ela dun xeito exemplar. A mariña lucense converteuse a partires da crise do século XIV nun terreo conflictivo coma tantos outros. Conflictividade acentuada pola debilidade do principal poder da zona: o bispado de Moñdoñedo. Rodeado de tres bispados especialmente fortes: Lugo, Santiago e Oviedo; cun mosteiro igualmente forte, o de Lourenzá, as portas da casa; contestado nas vilas, como demostran as loitas de “independencia” de Viveiro; e minguado pola aparición de novos poderes como o condado de Ribadeo, o bispado de Mondoñedo sempre foi feble e pobre. E como todos os pobres, obrigado a loitar por cada migalla para non decaer aínda máis. De aí virá a loita con Pardo de Cela que tentou crear un gran señorío laico na zona. Un Pardo de Cela que destacou como caso único por ter reprimido con dureza, forca mediante, os Irmandiños. Porén morreu axustizado e iso pesa moito no imaxinario colectivo.

Ese Credo, Credo, Credo que se lle atribue santificouno ata o punto que a outra gran figura nobiliaria do periodo: Pedro Madruga, pasa desapercibida para os galguistas que comezan a construír a Patria Galega no XIX. Pedro Madruga cuns parametros mentais semellantes destaca por ter un polo menos un proxecto político claro como alternativa a Coroa de Castela: a integración na Coroa de Portugal. Obviamente non o fai por patriotismo galego  porén se alguén tiña algo parecido na mente naqueles séculos eran os sectores que do século XIII o XV loitaron, e fracasaron, por integrar o Reino de Galicia no Reino de Portugal.

Está claro que os galeguistas do XIX escolleron a Pardo de Cela pola lenda e porque sempre presta ter un mártir. Aínda que o mellor o escolleron por representar o galego arquetipico: individualista, testán, carente dunha visión e un proxecto máis alo do local, e que finalmente morreu por unha liorta por uns marcos.

Tags:

This entry was posted on Luns, Setembro 7th, 2009 at 10:58 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

 1 

moi bo. sobre todo o último párrafo. minifundio mental, o grande problema da galiza dende hai séculos. dende sempre, quizais.

Decembro 18th, 2009 at 2:24 a.m.
lannister
 2 

Grazas pola felicitación. En fin ogalla os nosos males fosen so laiarnos polo de hai cincocentos e pico anos.

Decembro 18th, 2009 at 11:22 a.m.