10
Set

Crónicas dun Veran Atípico IX e final: O estatuto

   Posted by: lannister   in Desfeita, Política

Cando se iniciou a reforma do estatuto catalán eu dixen que aquí non nos facía falla reformar o noso. Os motivos eran evidentes naquel 2003 no que saltou a lebre da reforma estatutaria: un estatuto aínda sen desenvolver de todo, unha falta de interese da poboación xa non polo estatuto senon polo que este significa, e o máis importante que para a súa reforma habería que contar co PP que obviamente tentaría ir cara atrás, é dicir menos autonomía e eliminación da feble cobertura legal que ampara o galego. A chegada do bipartito non me fixo cambiar de opinion, todo o contrario engadiu un argumento máis: co PSdG non se pode contar. A vitoria do “Señor de las Habichuelas” convenceume de que todo ía quedar como estaba, xa que a reforma do estaturo non era algo que lle interesara, aínda que unha vez máis o PSdG tiña que demostrar que non ten nen idea de que facer da súa vida e sacar o tema.  As propostas “o tema” van todas por onde eu me temía.

http://www.xornal.com/artigo/2009/08/27/politica/presidente-da-xunta-aposta-estatuto-teito-menor-catalan/2009082722392917060.html

http://www.vieiros.com/nova/76115/pachi-vazquez-desbota-definir-a-galiza-como-nacion-nun-novo-estatuto

Ante o que xa houbo reaccións diversas e atinadas respostas:

http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=4353

http://www.vieiros.com/columnas/opinion/962/desde-o-valor-de-todo-o-feito

A verdade é que a min, pese a ser nacionalista, o feito de definir Galiza como nación ou como distrito administrativo de Madrid sempre leal e sempre fiel dame igual. O que me preocupan son as competencias e as bases xuridicas que sente o novo estatuto. Un estatuto recortado en competencias respecto o actual, e que “rectifique” (por usar unha expresión de GB e UPD) a “discriminación” que sofre o castelán debido a consideración do galego como lingua propia preocupame e moito.

Ante todo isto creo que o nacionalismo e o galeguismo non deben caer na tentación de esperar a ver que pasa. Máis que nada porque se a cousa vai adiante, en canto ese xornal libre, neutral e sen ideoloxía so preocupado polo benestar de Galicia (magnificante expresado todo polo seu dono, un mártir da liberdade de expresión e da patria) se poña en marcha respaldado pola brunete mediatica aquí poden colarnos calquera cousa. A batalla haberá que dala no parlamento, na rúa, na rede e onde faga falta. E por suposto non caer nese erro favorito do nacionalismo: absterse para asi deslixitimar, a abstención non deslixitima nada. O que hai que facer é participar no referendo e votar non. Cantos máis non mellor.

Así que desde aquí e pese o reducido grupo de lectores do blogue lanzo a campaña: NON Ó ESTATUTO


Tags: , ,

This entry was posted on Xoves, Setembro 10th, 2009 at 10:51 a.m. and is filed under Desfeita, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

4 comments so far

milles
 1 

De feito a mellor defensa seria un bo ataque: desempolvar o proxecto do bloco da pasada lexislatura e pactalo un por un coas diferentes agrupacions do nacionalismo e afines galeguistas de pro. Xa verias que rapido enterran o tema os do ppsoe con tal de non ter un debate publico.

O problema e que o bloco non collera a iniciativa ainda que lle morda nos co… , parece mentira que ainda agarden polo perdon da prensa “libre”.

Setembro 11th, 2009 at 7:22 p.m.
 2 

Suscribo todo o que dixeches… agás a última liña. Home, unha cousa é que non se dean as condicións pra dar un paso adiante co tema do estatuto, e outro que sexamos nós os que fagamos campaña en contra del!!

Máis si, hai un tema do que tentarei falar algún día no meu blog http://nosquedaportugal.blogspot.com/ (cando teña tempo ó rematar coa Historia de Galiza, ;-P), que é sobre a política na práctica que debería seguir o nacionalismo: sempre queremos ir por diante do que demanda a xente, e o que temos que facer é crear o “caldo de cultivo” que faga que sexa a propia xente a que demande a reforma do Estatuto, Galiza nación e o que sexa. Máis pragmatismo, máis centrarse no que a xente demanda (traballo, progreso, demostrar que podemos e sabemos governar) e deixarse de loitas improductivas no curto prazo.

Un saúdo.

Setembro 14th, 2009 at 10:05 p.m.
milles
 3 

Me parece que atopaches uns dos nodos da politica galega moderna. Uff!!

Tal como eu o vexo o a asunto e que a opinion e como o cu: todo o mundo ten unha. Se lle preguntas o tio mais culto do planeta sobre un tema do que non ten nin puta idea (non sei o cultivo do mexilon en marrocos ou algo asi) seguro que che contesta algo. Nunca lle deu unha volta, non afecta a sua vida pero o tio ten unha opinion e se ten que votar votara con ela.

Para que a xente teña unha opinion seria (calquera de nos) sobre un tema ten que discutir sobre el, experimentar diversos modelos e darlle moitas voltas. Se non hai debate enton a opinion e a maioritaria (ou sexa a dos medios). Se te fixas, nos temas onde se fixo forza (non sei palestina ou cuba) a opinion dos galegos difire moito da media (non todos pero se fixeras un referendo iase quedara fodido mais dun ), mentres que nos temas onde o nacionalismo leva sen dar guerra moito tempo casi parecemos de madrid que manda carallo.

Por moi competentes e honrados que sexan os cargos do Bng (que non o dubido) a prensa vainos poñer podres e non estando a xente metida en leas (plataformas, asociacions, sindicatos, gremios : sociedade civil vamos) que lles den unha via de informacion independente a opinion non vai cambiar.

Ademais, a competencia e a honradez veñen da ideoloxia, das ideas radicais sobre os problemas, se ofreces parches vanche vir coas trinta moedas (e habera quen as colla) mentres se vas coas ideas diante logo pactas e ainda che dan as gracias. Sobretodo hai que ter a tua propia axenda e obligalos a debater nos teus termos porque no seu campo xogan con demasiada ventaxa (como veñen demostrando os resultados do nacionalismo nos ultimos anos).

Toma parafada. Saudos
Milles

Setembro 15th, 2009 at 9:38 p.m.
lannister
 4 

Caralladas, benvido e grazas por comentar. A diferenza do 81 cando facer campaña contra o estatuto siginificaba quedar sen autonomía, agora se o novo estatuto recorta esa autonomía estar contra el significa defendela e quedar como estamos. Por outro lado o da campaña de NON O ESTATUTO ben a ser un punto de partida en positivo: o novo estatuto debe ser mellor co actual non peor.

Setembro 16th, 2009 at 5:35 p.m.

One Trackback/Ping

  1. Galizauberalles » Arquivo do blogue » Un 28 de Xuño e despedida    Set 07 2010 / 4p.m.:

    […] a desfeita do seu goberno e animar a cantos o califican de brando. Para non repetirme remito o que xa dixen sobre este tema case que o comezo desta tempada de Galizauberalles que remata hoxe. Reafirmome en todo canto dixen […]