17
Set

Poesía

   Posted by: lannister   in Lingua

Apartheid de Roi Vidal publicado en Galicia Hoxe o 13/08/09

Agora que non es de lume e primavera xa paxaro que te agochas

prohíbete do vento e escóltame de paso:

lémbrote naquel cantar enmudecido paxaro que non ardes

instrúesme na fórmula do 1939+1978

infánciote coa mentira do me deixares falar

do mundo, o bilingüismo dodecafónico e as acrobacias da cama

porque hai nenos que morren e nenos que matan

hai nenos que se incendian e nenos que naufragan

pero a morte, a morte non é unha escura dama con gadaña

a morte é Mary Poppins levándonos ao circo, á manifestación do Día da Patria

a morte son, desculpen esta rima, a morte son as cifras a ter fe nas matemáticas

(ensíname a matar, ensíname a matar

que teño triste a lingua

e necesito amar)

_e non esquecerei este nordés, e non resisterei esta derrota

Nenos mortos e nenos homicidas, a propia morte na súa tópica figura

agora si tal e como a coñecemos segundo o filme O sentido da vida dos Monthy

Phyton

xogando a se tirar pola ventá

sen capa

-e non resistirei este nordés, e non esquecerei esta derrota!

En homenaxe a Pepe Rubianes, in memoriam, puta España

Pese a que min non me gusta a poesía esta chamoume a atención, igual que a podedes ler aquí (aínda que nesta última o autor esquece que para que caian as torres precisase forza, e nos non contamos co apoio do heroe do século XXI MUSUL-MAM)

Tags:

This entry was posted on Xoves, Setembro 17th, 2009 at 9:54 a.m. and is filed under Lingua. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.