22
Set

Axudas o galego

   Posted by: lannister   in Lingua

Heder envíame isto:

No dog do 28 de agosto de 2009 publicase a resolución de 24 de Xullo, pola que se publicita o listado de beneficiarios das axudas concedidas ás empresas que realizan publicacións periódicas escritas íntegramente en galego. Repártense un total de 968.649 euros, ainda que poden ser algúns máis ou algúns menos se a calculadora que teño diante se comeu algún número ( faino ás veces). En todo caso repártese en torno a un millón de euros.

No listado de axudas chama a atención a cuantía das axudas concedida a duas empresas concretas. Editorial compostela s.a., editora de El correo gallego e de Galicia Hoxe ( que supoño será o que xustifica a subvención) recibe 436.966€. O 45% dos cartos repartidos.. Galicia proxectos de comunicación s.l., editora de El Progreso, recibe 272.050€, o 28% do total. Descoñezo a publicación peródica integramente en galego que pode xustificar a subvención neste caso. A seguinte empresa que máis axudas “acapara” é promocións culturais galegas s.a. que edita o periódico A nosa terra e todas as coleccións da editorial homónima. Esta empresa obtén 58984€, o 6% do total. As restantes empresas benficiarias obteñen fondos residuais, con cuantías que oscilan entre 972€ e 21627€.

O 73% das axudas adxudícanse a so duas empresas que, curiosamente, editan xornais bastante hexemónicos nas suas zonas respectivas. Será que outras publicacións periódicas en galego non ofrecen interés para a promoción da lingua? Proxectos como Biblos, que distribue libros galegos e en galego, convoca premios para escritores novos e permite a chegada da literatura galega a zonas que doutro xeito non contan ca adecuada distribución, so obteñen 5831 €, un 0.6% dos cartos repartidos. Creo que non é preciso aclarar a qué criterios se axusta o reparto.”

Eu puntualizo: Supoño que a editora del Progreso recibe a subvención por ser a editora de Luns a Venres, xornal gratuito en galego. No demáis non podo estar máis de acordo.

PD: Todos aqueles que me coñecedes persoalmente xa sabedes o meu enderezo persoal para mandar colaboracións. Lectores descoñecidos aquí tedes o do blogue ( en liña co nome do mesmo): einvolkeinreicheingaliza@gmail.com

Tags:

This entry was posted on Martes, Setembro 22nd, 2009 at 10:29 a.m. and is filed under Lingua. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.