25
Set

Mal imos…

   Posted by: lannister   in Lingua

A sentenza 337/1994 do TC lembra que o dereito á educación exercese no marco dun sistema educativo que o Estado e as comunidades autonómas definen, polo que os poderes públicos “están facultados para determinar o emprego das dúas linguas que son oficiais na Comunidade Autonóma como linguas de comunicación do ensino”, sen estar condicionados “pola libre elección dos interesados da lingua docente”.

Argumentos como este repetínse a cotío ultimamente para tentar conter a ofensiva do PP, UPD, GB e a brunete mediatica. Algúns consideran que ter a lei do noso lado é bon. Non o negarei. Porén non servirá de nada se perdemos o apoio e a iniciativa social. As leis sempre poden mudar. E confíar no TC español é confíar no diaño.

Tags: , ,

This entry was posted on Venres, Setembro 25th, 2009 at 10:28 a.m. and is filed under Lingua. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

3 comments so far

Heder
 1 

No único que podemos confiar agora é nunha resposta o suficientemente contundente e continuada como para facerlles temer polos seus votos. A lei estará sempre da sua parte por definición, porque eles deciden que é ou que non é legal. Primeiro nos parlamentos en que o control dos medios garantiza as suas maiorías e despois nos tribunais formados case en exclusiva polos fillos das familias privilexiadas no franquismo (existen excepcións, pero son poucas).
O realmente efectivo sería poder facerlles temer pola “paz social”, ou sexa, pola garantía de que as posibles protestas non supoñan nin tan sequera unha molestia. Pero neste país a xente pode ir un domingo a manifestarse pola lingua nun percorrido aprovado, pero non perderá un peso parando o país un martes nin se arriscará a que lles pegue a policía noutro tipo de actos. Así que o que nos queda por facer é conseguir que este tipo de manifestacións teñan a maior afluencia posible. E sobre todo dar a batalla ideolóxica para que os ataques á lingua teñan un coste político o mais elevado posible.
Supoño que ese é o sentido de repetir que a lei nos ampara: conseguir evidenciar que os ataques á lingua non son respeto pola liberdade de ninguén, senón privilexios para unha minoría de analfabetos voluntarios

Setembro 25th, 2009 at 12:02 p.m.
lannister
 2 

Estou dacordo contigo. Por unha vez mostramos certo sentidiño e as manifestacións convocanse en festivo. So discrepo nunha cousa: en considerar o levar paus da policía como algo positivo. Lembrame a cando discutía cun coñecido de AGIR que se laiaba de que sempre lle batían nas manifestacións porque non podían correr co peso dos cartaces. Eu dicíalle que os soltara e el replicaba que non podía que non tiñan cartos para outros. Eu chamaballe parvo e el recriminabame o feito de non ir recibir. Recibir por recibir é unha parvada. Por iso ata o 17 deste ano non pisei unha manifestación. Unha de dúas ou non te baten ou se van bater en ti queda na casa (covardes coma min) ou toma medidas para que non che batan de balde (cocteles molotov). Por desgraza aquí a xente sigue preferindo que lle batan de balde.

Setembro 28th, 2009 at 11:50 a.m.
Heder
 3 

A ver se nos entendemos, cando falo de que che batan noutro tipo de actos refírome ó que ti chamas que non che batan de balde. Calquera tipo de acto que efectivamente moleste (cree un problema económico ou unha molestia grande á parte da cidadanía que importa) leva automáticamente a sua carga policial. A recíproca é en xeral falsa, ou sexa, que recibas a carga non quere dicir que teñas conseguido en efecto molestar. Deberías saber que a alguén tan pouco sospeitoso de cristianismo coma min non lle atrae a idea de facer de martir.

Setembro 28th, 2009 at 3:10 p.m.