Na tempada pasada de Popular tv, Isabel San Sebastián tiña un deses programas, que na canle chaman de debate, e que na practica consiste en propaganda e linchamento do infortunado que vai defender teses contrarias a españolidade ben pensante. Como todo programa actual tiña un servizo de SMS, para mandarllos había que introducir o código SS (totalmente axeitado o meu parecer) do que tomo o título para esta anotación e coa que cumpro unha promesa de fai tempo. Neste caso retraseime para ver en que quedaba o asunto da fusión.
O sector audiovisual en España no referente a televisión foi considerado un dos piares da economía xunto a construción. Un indicativo máis de en que país vivimos pois pese a vantaxe do idioma, e excepcións como Médico de familia, Cuentame, ou os Sérrano, o sistema televisivo español é netamente importador de contidos. Contidos que chegan de todos lados incluso da deostada Sudamerica: telenovelas, formatos como Caiga quien Caiga ou dereitos sobre series para adaptalas aquí: Hermanos y detectives, Sin tetas no hay paraíso, los exitosos Pells, la Lola, el autentico rodrigo leal. E ademáis menuda programación que temos que aturar como piar económico…
A que ven todo o anterior, ademais de que para indicar que paso horas diante da tv? A importancia económica, política e social da televisión. Porque pode que hoxe en día no tempo de fragmentación das audiencias, canles de cable, descargas de internet … o poder é influencia da televisión pareza menor porén non é así. Canles de cable, plataformas dixitais, e televisión por internet seguen a ser televisión. De aí o meu interese nun momento en que o apagón analóxico vai disparar o número de canles, cunha programación deleznable iso si. Canles que se van expresar en castelán e en xeral van estar escoradas cara a dereita. Porque esa é outra das características do sector televisivo español: a súa clara alineación con posturas de dereita cavernícola. Algo lóxico tendo en conta a ineptitude de PRISA unha das poucas cousas nas que un pode estar plenamente de acordo con Don Federico. Unha empresa beneficiada polo poder durante anos como pode estar endebedada ata as orellas e necesitada de máis favores? Favores que pareceron esgotarse coa aparición de MEDIAPRO. Claro que so pareceron. Porque no momento en que a propia MEDIAPRO tiña problemas e PRISA estaba o borde do colapso o goberno autorizou a fusión de canles nunhas condicións nas que so se poden fusionar as canles de MEDIAPRO e PRISA, xa sexa entre elas ou con outras canles.
Agora ben o endebedamento é algo común a todos os grupos de comunicación presentes na loita mediatica. Debido a esas débedas a loita é tan encarnizada e tan estrema. É preciso fidelizar a audiencia mediante a tensión permanente e crear unha masa social que faga ver os políticos a importancia de chegar na salvación dos distintos grupos. A campaña da COPE contra o ABC ademáis de traer de volta o redil o xornal monárquico tiña como obxectivo aumentar os rendementos propios. Esta táctica ensaiada na radio esta a pasar a televisión onde Intereconomía destaca pola súa cerrilidade.
No momento en que se produza o apagon analoxico o predominio da dereita mediatica será abrumador tendo en conta como se repartiron as licenzas locais e autonomicas de TDT, no caso galego na maioría para o Grupo Coz e a COPE que as empregara para Popular tv. Licenzas que en vez de establecer un minimo de programación en galego establecen un máximo do 50% de emisión en galego. Un máximo! Co que queda a TVG e as súas canles como única televisión en galego, mentres O Fabeiro dos Peares non a privatice ou decida que debe ter emisións en castelán para que os pobriños GB a entendan. Unha TVG que desde finais dos 90 so ven os maiores e en función deles fai a súa programación (o bipartito camboiu algo diso, porén o biaprtito non está). E francamente os maiores e os que menos falla lle fai a TVG, para un grupo de xente que fala galego…
Conclusión: o panorama televisivo vai ir a peor como elemento aleccionador dos valores máis rancios da dereita española e configurador de maiorías. De feito especulase que as liortas nos madriles van máis ou menos así: PRISA xoga a dúas máns: PSOE e Gallardón nun intento de que o primeiro a salve ou de non ser así que o segundo por fin faga algo da súa vida. El Mundo xoga tamen a dúas máns a través Veo e de Liberdade dixital e Intereconomía: Rajoy e Esperanza. Isto en xeral. No caso concreto de Galiza veremos como aumenta o número de foros onde se defende a lingua común, se invita a Gloria Lago, se lle lambe o cu o Fabeiro dos Peares etc.
Tags: desfeitas varias, economía, eleccións, Política


5 comments so far