7
Out

Non faltan partidos…

   Posted by: lannister   in Política

Ultimamente tras a deblace do 1 de marzo tense falado moito da paralise do BNG, de se esta caduco ou secuestrado pola UPG, da necesidade dun partido nacionalista de centro-dereita, de que o BNG volva as orixes e sexa mais de esquerdas, de que o BNG se converta nun partido, de… e asi poderíamos seguir ata o infinito. Cada opinión, acompañada de mais ou menos improperios (dirixidos o BNG, a UPG ou a quen mais lle pete a cada un) centranse demasiado nos partidos. Desde a miña humilde opinión o problema non esta nos partidos en si mesmos porque si. O problema é mais profundo. Para poñernos en situación comezarei pola analise das cifras electorais (definitivas, incluido o pucheirazo CERA). Os datos son os seguintes:

* Censo de electores 2.648.276
* Participación 1.706.198
* Abstención 942.078
* Votos nulos 15.223
* Votos válidos 1.690.975
* Votos en branco 28.071
* Votos a candidaturas 1.662.904
Partido Popular 789.427
PSdeG-PSOE 524.488
Bloque Nacionalista Galego 270.712
Unión, Progreso y Democracia 23.796
Terra Galega 18.726
Esquerda Unida-Izquierda Unida 16.441
Os Verdes-Grupo Verde 5.911
Por un Mundo más Justo 3.507
Frente Popular Galega 2.903
Nós-Unidade Popular 1.510
Partido Humanista 1.227
Democracia Ourensana 1.066
+Galicia 923
Falange Española de las JONS (FE de las JONS) 675
Solidaridad y Autogestión Internacionalista 420
Galicia Unida 369
Unión Centrista Liberal 311
Partido Social y Democrático de Derecho 262
Asamblea de Votación Electrónica 230

Os datos completos poden consultarse en:

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaXuntaElectoral/2009.pdf

Para analizar os mesmos hai que ter en conta que TEGA presentouse dividida as eleccións por mor da liorta entre Xoán Gato e Pablo Padín. O sector de Xoán Gato, maioritario, foi o que puido presentarse as eleccións coas siglas de TEGA; mentres o de Pablo Padín, minoritario, foi en coalición co PG como +Galicia. As dúas, ou tres forzas dada a división de TEGA, representarían o nacionalismo de centro ou de dereitas. (O termo nacionalismo aplicado a estes partidos é moi xeneroso porén imos deixalo aí)

1. Suma de todos os partidos nacionalistas: BNG+TEGA+FPG+NÓS-UNIDADE POPULAR+ (TEGA+PG= +GALICIA)= 294.774

2. Suma do nacionalismo independentista: FPG + NÓS-UNIDADE POPULAR =4.413

3. Suma do nacionalismo de dereitas: TEGA + (TEGA+PG= +GALICIA)= 19.649

Ademáis do nacionalismo non podo deixar de sinalar a existencia de dous partidos locais (o local, sempre o local como lacra de Galiza): Democracia ourensana e Galicia unida cuxa suma da: DEMOCRACIA OURENSANA+GALICIA UNIDA= 1435

(Recomendo mirar o programa de Galicia Unida

especial atención os puntos XIV; XV e XVI para enmarcar)

Ben ,unha vez visto todo o anterior, queda claro que a problematica non é a falla de partidos nacionalistas. Mesmo para todos aqueles que renegan do BNG por terse vendido o “españolismo e o capital” a opción lóxica serían a FPG ou Nós-Unidade Popular. Partidos que obviamente non ían acadar a maioría absoluta co que os non independentistas poderían votarlles sen medo de xerar unha proclamación de independencia o día 2 de marzo. A situación é ainda mais clara para todos os que din que non votan nacionalista ( con esas fantasticas enquisas CIS coas que todo o mundo ataca o BNG ,pois mostran que o naciolismo chega o 28% da poboación, e alguns deles, pobriños, nos lle queda mais remedio que votar PP) por ser o BNG de esquerdas. TEGA e +Galicia cubrían amplamente esas espectativas.

Por outra banda tendo en conta que cun PP botado o monte mais cerril non se produciu a eternamente presaxiada escisión dos galeguistas do PP (nacionalistas incluso segundo as enquisas CIS ou algun exabrupto de Gloria Lago), queda claro que o problema non son os partidos senon o nacionalismo en si mesmo.

Polo que sexa este perdeu capacidade de convocatoria. Unha capacidade que ademais se ve mermada pola continua loita entre siglas e faccións o mais puro estilo “A vida de Brian” Loitas que se aportaran algo, porque non defendo a obediencia cega e a falta de critica, servirían para algo, por desgraza non é asi. O problema radica en que na meirande parte do nacionalismo, como moi ben dixo Xopau na súa xenial anotación, o nacionalismo é algo accesorio fronte a outras cousas. Se se poñen nunha balanza o nacionalismo perde fronte á outra parte. Asi podense ler na rede, ou escoitar na rúa (eu ademais de escoitar na rúa “tiven o pracer” de que mo dixeran a cara) voces que o mesmo tempo que se laian da politica do “Señor das habichuelas” preguntandose como pode facer tal cousa, sintense orgullosos de non ter votado o 1 de marzo porque co “bipartito non podíamos seguir”.

En definitiva unha parte importante do nacionalismo preferiu salvar a súa pureza ideolóxica, de conciencia se se quere, a apoiar un proxecto que con todas as súas eivas era moito mellor co anterior; unha parte do nacionalismo preferiu salvar a súa pureza ideolóxica, de conciencia se se quere, a pararlle os pes a quen viña disposto a barrer todo o non español, (cousa que ía no seu programa e esta a cumplir de xeito impecable).

De todo o anterior ven a miña discrepancia coas criticas o BNG e a urxencia que alguns teñen de fundar partidos novos. O BNG é un partido, fronte ou como se lle queira chamar enfermo. Fracasou no que para min debía ter sido a súa labor principal: ser un BLOQUE NACIONAL, que verdadeiramente aglutinase a todo o espectro nacionalista, preferindo ser ante todo un partido de esquerda. Non é capaz de dar un paso para ser un partido en vez dunha gaiola onde os puñais brilan pola noite. Porén, e aqui falo coa ventaxe de non ser militante senon votante, de momento é o instrumento mais util co que contamos. Calquera partido novo tardara anos en ser unha alternativa viable, porque se precisan anos, apoio mediatico e moitos cartos (estas últimas dúas cousas non sobran no nacionalismo galego) para consolidar un partido. Visto o visto, sen rexeitar nen denigrar a quen decida fundar un novo partido, o mellor é seguir co BNG. A xente en vez de fuxir del debería entrar nel a ver se cambia dunha vez. O mesmo tempo que todos os partidos existentes alén do BNG deberían comezar a falar entre eles e co BNG, o cal tamen debe aplicarse o conto do dialogo, cara a crear unha fronte realmente ampla. Que non se repita que FPG e Nós-Unidada Popular non puideron coaligarse por diferenzas menores como a normativa (neste caso o peso da culpa cae na FPG) . Esto polo que toca os partidos. Respecto os nacionalistas, buff, mentres unha parte deles viva nun mundo de fantasía e ilusión no que non importa canto tempo pase porque a fin a verdade e a xustiza sempre triunfan, en vez de darse conta de:

-vivimos no estado español coas condicións que esto implica

-vivimos en Galiza, cuxas dinámicas son diferentes e debemos aproveitalas para o cambio (onde eu vivo asistin con satisfacción a “ruralización e caciquización” que din alguns do BNG. De non ser capaces de facer nada, fixeron cousas e subiron votos nas autonómicas)

-e que o ter unha nación/país/estado (escollase o termo que se queira) por facer en moitas ocasións vai haber que dar un paso atrás para avanzar dous

Calquera recuperación do nacionalismo será imposible. Mentres iso non ocorre, e por seguir coas analoxías cinematograficas, o que mellor definira os nacionalistas sera trocar a frase de “Nove Raiñas” : “En este país no faltan putos, faltan financistas” por “Neste país non faltan partidos nacionalistas, faltan nacionalistas”

Tags: ,

This entry was posted on Mércores, Outubro 7th, 2009 at 5:01 p.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

11 comments so far

duarlivre
 1 

Se algo empeza mal.non vai ben, e esta a rematar pior,non creo que sexa boa cousa seguer ahí. Respeito profundamente quen acredite que o bloque é un partido con futuro, pero vexo que se manten o 15% dos votos nas vindeiras citas electorais, será unha grande sorpresa.A posibilidade dunha mudanza cara posicións máis templadas e comprometidas ca nación, duvidando moito que se produza, tardará moito máis co fortalecemento e consolidación da grande xuntanza do galeguismo que é CONVERXENCIA21.Un partido moderno, comprometido sen complexos coa Galiza e cos galegos, que está a acrecentar a sua base social e coñecemento. É preciso .recuperar as esencias liberais-demócratas dos vellos galeguistas, posto que Liberdade, democrácia e galeguismo son a millor base para contruir a Galiza do futuro.

creo absolutamente errada a frase de nove raiñas.Na Arxentina hai moito put e cousas similares, ou sexa peronistas,e Na Galiza non houbo nos últimos anos un partido nacionalista anclado fondamente nas tradicións da democrácia liberal,base indudavel da nosa prosperidade.Agora si, por elo e necesario o apoio dos comprometidos co progreso da nosa terra. Veremos unha Galiza Livre e próspera, saudos compatriotas

Outubro 8th, 2009 at 12:41 a.m.
duarlivre
 2 

ola a ver se sae o comentario

Outubro 8th, 2009 at 12:49 a.m.
22duarlivre22
 3 

Ola amigos,non sei que pasou

Outubro 8th, 2009 at 12:50 a.m.
lannister
 4 

Ola, (empezo a desesperar co sistema e a tirria que lle colle os teus comentarios. Por outra banda grazas por seguir pasando por aqui e pola tua paciencia, porque supoño que pese os epitetos eres duar, non?), supoño que tes boas razóns para confiar en Converxencia 21. Eu simplemente me reafirmo en que nestes momentos sería preciso un verdadeiro Fronte Nacional ou como lle queiramos chamar. O BNG nestes intres non o é. E mentres as diversas familias do nacionalismo non sexan conscientes que todos deben ceder en parte mentres este país non sexa noso, mal imos. O BNG parece un punto de partida porque é o máis parecido que tivemos ata agora a un partido de masas, estruturado e que abranga todo o territorio. De feito por iso insisto no de que non son militante, porque como non espero cambios opto polo solución menos mala (dado o sistema electoral) votarlle pese a todo. Saúdos.

Outubro 8th, 2009 at 11:22 a.m.
Heder
 5 

En efecto estamos nun momento que reclama a unificación de esforzos e as críticas ó bipartito non so foron desproporcionadas, senon que resultan completamente infundadas en moitos casos. Sen embargo teño que discrepar nun punto fundamental. Dis que o BNG fracasou en ser un bloque nacional porque preferiu ser un partido de esquerdas. A miña visión é completamente oposta. O BNG renunciou a ser un partido de esquerdas (pese á maioría aplastante da esquerda entre a militancia) para intentar ser así un bloque nacional electoralmente vendible e tragable para o capital. E efectivamente fracasou no intento.
Desde que renunciou á ideoloxía os seus resultados electorais son cada vez peores. Recordemos que a caida en votos nestas últimas autonómicas foi insignificante comparado ca caida das anteriores. Os mellores resultados da sua historia acadounos con un discurso moito mais “radical” no nacionalismo e unha imaxe moito máis de esquerdas.
O que me preocupa é que, en lugar de volver ás tácticas que se probaron máis efectivas (participación nos movementos populares e asamblearismo, xestión transparente onde goberna, fama de incorruptible) o Bng insiste na nova táctica, a mesma que o levou ó desatre electoral.
Non digo con isto que non haxa que xuntar esforzos cos nacionalistas de centro, de dereitas e do inferno se fai falta. So digo que o peso das suas opinións na política a seguir debe vir dada polo seu peso numérico na militancia. E para iso habería que recuperar a asamblea como forma de decisión. Haberá quen se sinta cómodo e identificado cas posicións actuais, pero nada garantiza que isto sexa así para a maioría

Outubro 14th, 2009 at 10:43 a.m.
xopau
 6 

O problema é que se se afonda entre a militancia nesa idea de incorruptibilidade e de puridade ideolóxica invalídase calquer goberno nun futuro. Foron as esixencias desproporcionadas de certos votantes as que trairon o bipartito. Sempre remato co mesmo: ou se fai un partido, bloque, asamblea ou o que sexa para a conquerir e encabezar a REVOLUCIÓN ou se fai para gobernar na coxuntura que toque nese momento co que isto implica (e sería ben irlle explicando á militancia unidireccional o que implica)

Outubro 14th, 2009 at 11:18 p.m.
Heder
 7 

Eu creo que deberiamos distinguir entre pedirlle peras ó olmo, que é o que pasou con moita xente, e pretender que todo un movemento siga cegamente o que ordena unha parte mínima do mesmo que hai xa moito que non explica as suas decisións.

A min non me preocupa o que pense a xente que cre o que diga “La Coz”. Estes sempre dirán que o nacionalismo é corrupto, e de feito foi o que máis repetiron porque a fama de incorruptibles era un dos principais valores electorais do Bng.
Tampouco me preocupa o que opine a xente á que lle pareza mal que as persoas con responsabilidades de goberno se reunan ca patronal ou con algúns empresarios. Falar con eles é parte do traballo de goberno e non é para nada sinónimo de estar ó seu servicio.
Eu non creo que o Bng fose nunca un partido revolucionario. A revolución non se fai a través das eleccións, e utilizar gran parte dos esforzos na via electoral deixa claro que non é ese o teu obxectivo, polo menos a medio prazo. E por iso non lle pido nada do que lle pediría a un partido revolucionario.

Sen embargo o que eu e moitos outros si lle pedimos ó Bng é que teña un plan para o país ( que non dubido que o teñan) e que nolo conten. O que non pode seguir facendo ó Bng é pedirlle á sua base de voto tradicional que os vote porque son eles, eles saben o que é bo e teñen un plan maquiavélico que levará á liberación nacional. Porque a disciplina e a paciencia teñen un límite, e moita xente xa o rebasou.

Por outra banda, eu en ningún momento falei de pureza ideolóxica. O que si creo que hai que ter é unha mensaxe ideolóxica. Hai que decirlle á xente algo máis que ” Vótame porque son eu”. Porque son quen? O mais guapo? Estáselle pedindo á xente que vote unha determinada opción de goberno. Haberá que explicarlle en qué consiste. Se consiste simplemente en ser socio segundón do Psoe e diferenciarse deles en que estamos máis preocupados pola lingua non compensa a cantidade de esforzos invertidos. Para iso votamos todos ó Psoe e metemos esforzos en ter un movemento civil pola lingua verdadeiramente forte, capaz de crearlle un auténtico problema a calquera goberno que non faga unha boa política de normalización. Pero o nacionalismo é algo máis que a lingua, e iso terémolo que explicar, e non se está facendo.

Outubro 15th, 2009 at 10:34 a.m.
Heder
 8 

Por outra banda, gustariame que me expliques por qué a incorruptibilidade invalida calquera goberno futuro. Na miña experiencia, cada vez que o Bng se puxo de parte da xente cando tivo un problema e conseguiu gobernos municipais que xestionou con fama de incorruptible conseguiu un bastión de voto. Cada vez que deixou á xente tirada con algún problema porque non era convinte apoialos moito para non picarse co Psoe ou permitiu que a xestión dalgún concello deixase de ser transparente e tivese sombras de corruptela perdeu un montón de votos.

Outubro 15th, 2009 at 10:40 a.m.
lannister
 9 

Respecto o de que o BNG si foi inha fronte nacional discrepo totalmente. O BNG pese a que vendeu esa idea foi e é un partido de esquerdas. Os tempos bos dos que falan todos coinciden cando era un partido nacionalista de esquerdas que moi de vez en cando pretendía ser a representación de todo o nacionalismo. Concordo contigo en que obviamente dado que ata agora os nacionalistas son maioritariamente de esquerdas esa ideoloxía debe ter máis peso nunha hipotetica fronte autentica. E tamen concordo en que cando o BNG fixo esforzos por centrarse perdeu votos: os prestados do PSOE, e os que antepoñen a esquerda o nacionalismo. Perdeunos porque xa era demasiado tarde para converterse en fronte , co que decpcionou os que estaban so pola esquerda, ademáis de que facelo por decisión santa da cupula sen explicar nada non axudou precisamente.

Outubro 15th, 2009 at 11:41 a.m.
xopu
 10 

Estes días escribo co de Cangas na cabeza. Igual que sucede cos vellos (dos que só agardamos unha solución biolóxica) comeza a pasar cos setenteros marxistas. Os dous Cirios pascuais de Cangas montáronselle desde a FPG a un alcalde do PSOE (O Bochechón ) e unha alcaldesa do BNG. O caso é que eu vivin en Cangas nese doce periodo intermedio en que gobernaba no concello o PP e curiosamente o morrazo era un paraíso de tranquilidade. Os do BNG son coma os da FPG: o principal enemigo son eles mesmos; con esta idea saín de Compostela e non me torzo.

Outubro 15th, 2009 at 11:48 a.m.
Heder
 11 

O bloque formouse como reunión das forzas do nacionalismo e si, era maioriatariamente de esquerdas, pese a admitir persoas e partidos de todo o espectro político no seu interior desde o principio. Se non hai máis dereita no Bng é porque apenas hai dereita no nacionalismo. Efectivamente, neses vellos tempos dos que falas o seu discurso estaba bastante á esquerda, reflexando a sua composición interna. E o número de representantese e votos obtidos en todos os ámbitos non paraba de medrar. Desde que abandonou o discurso da esquerda (do que pase dentro non falo, saberalo mellor ca min, pero de cara a fora abandonouno case por completo) non para de perder votos. Así que, seguindo os teus propios razonamentos de que hai que poñer a nación antes que a ideoloxía, o lóxico sería unha decidida viraxe á esquerda e que os elementos de centro e dereita do Bng tragasen polo ben do país. Ou é que so temos que tragar os de sempre?

Con respecto ó que comentas do morrazo, paréceme que, ainda que en efecto é moi curioso que non aparecesen tantas organizacións cando era o PP o que gobernaba (desde o meu punto de vista a plataforma completa Galiza non se vende actuou como se os vendidos fosen eles e non so no de Cangas) a posición adoptada polo Bng foi, como mínimo, torpe. Impórtame pouco quen iniciou a movilización. O caso é que moitos veciños sen filiación política coñecida ou votantes do Bng pasaron horas da sua vida tentando parar o que é unha desfeita ecolóxica e económica (para a economía da xente, non a dos bancos). E o Bng non estivo á altura

Outubro 16th, 2009 at 11:15 a.m.

One Trackback/Ping

  1. Galizauberalles » Arquivo do blogue » Data limite 1 de marzo 2017 (parte II)    Ago 20 2010 / 6p.m.:

    […] se fan o BNG (e mira que eu tamén o critico) son excesivas e que como non me canso de repetir(1,2) o nudo gordiano da cuestión esta en cantos somos e que facemos cos que […]