18
Nov

As caixas, versión n

   Posted by: lannister   in Desfeita

– Viches as caixas?
– Que caixas?
– MERDAAAAAAAA!

O anterior é un chiste privado e absurdo, co cal so tiña certa graza/sentido para os que coñecíamos todo o asunto, que compartíamos os meus amigos da universidade e mais eu a fins dos noventa. Canto mais se debate sobre o futuro das caixas mais me convenzo que este é igualiño o chiste anterior. Un asunto privado e absurdo que so entraña certo sentido para eses poucos que coñecen tódolos datos e teñen tomada a decisión hai tempo. Podería engadir moitas mais ligazóns sobre o asunto porén creo que vou centrar o asunto nunhas poucas.

– Antón Losada preguntándose polo gran enigma existente ata agora: Cal é a verdadeira situación financeira das caixas e que esta en xogo en termos de cartos contantes e soantes. (1,2)

– Xavier vence explica as razóns do Banco de España para fusionar caixas.(3)
– Artigos de opinión da Coz laiándose pola posible desaparición das caixas (para ir preparando o persoal e que pareza que a Coz se preocupa) (4,5)

– E para rematar informacións da Coz cumprindo a súa función de verdadeiro DOG, pois o que ela di si se cumpre non como no DOG oficial. (6,7,8,9)

Visto todo o anterior que mais podo dicir?
Primeiro, para min o tema esta pechado.
Segundo, espero que o nacionalismo en xeral tome boa nota e lle saque algún rédito a esta desfeita.

Tags: ,

This entry was posted on Mércores, Novembro 18th, 2009 at 1:34 p.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

One Trackback/Ping

  1. Galizauberalles » Arquivo do blogue » Os Baltar e o chourizo colgando    Ago 11 2010 / 6p.m.:

    […] Sei que dixen que non ía volver falar sobre o das caixas porén creo que non ben mal lembrar o fundamental: se a operación a dirixe Feijóo so pode acabar […]