14
Dec

A constitución e o federalismo

   Posted by: lannister   in Desfeita, Lingua, Política

Mentres medra a opinión de que a Constitución debe ser reformada para acabar cos excesos das autonomías e das linguas que oprimen o castelán (1,2), alguns tentan defendela argumentando que o mal non reside nela senon no uso que se fai dela. Outros ainda soñan cun estado federal. Sorprendeume a claridade dese soño vindo dun membro do PSdG, que sempre di ser unha cousa para acabar sendo Xacobino, e por iso a publicito (aqui no seu contexto orixinal).

” Solución federal

Estariamos na irrealidade si non foramos quen de recoñecer e suliñar os logros en termos de progreso e benestar colectivo derivados da entrada en vigor do actual marco constitucional, tamén no que atinxe á descentralización política do Estado. Tampouco seriamos honestos con nós mesmos si non recoñeceramos os déficits, imprevisións e conflitos abertos dende ese momento por falla (deliberada) de concrecións como, por exemplo, no aspecto financieiro. Todo é perfectible. Pero para que unha sociedade avance en consoancia coas súas normas fundamentais e o seu tempo debemos estar predispostos e preparados para afrontar debates substanciais de xeito maduro evitando, no posible, calquer intento de tensión que sobrepase os límites aceptables en democracia.
Pode parecer inevitable un cercano futuro de palabras grandilocuentes e demagoxia barata servida no almorzo, no xantar e coa cea nas tertulias de radio, nas declaracións partidarias, nos editoriais de prensa ou telexornais, Salsa Rosa ou foros de internet onde o menosprezo ós “cataláns”, “vascos”, “galegos” e ós “españois”, de calquera das dúas xeladoras Españas, sexa a tónica habitual en cadanseu espazo e onde o menor atisbo de racionalidade entre o fogo cruzado de nacionalismos radicalizados, excluíntes e antagónicos coloque na sospeita permanente a quen ouse abrila boca. Debates decimonónicos, rancios…O de sempre, cos de sempre como anunciadores da catástrofe disgregadora.
Esta é a situación que se presenta si o TC resolve como se filtrou: manifesto encorsetamento normativo ante a dinámica de bloqueo político e fracaso, tamén manifesto, no noble intento “pedagóxico” de mudar a cultura política para ir conquerindo a aceptación dunha pluralidade e plurinacionalidade reforzadora e potenciadora dos mecanismos de cooperación multilateral que fose capaz de ir desactivando e invertindo a tendencia ó vitimismo duns nacionalismos que se retroalimentan visceralmente entre sí. En definitiva: síntomas claros de esgotamento no modelo do Estado das Autonomías, tal e como o coñecemos.
Ante o que para min é unha evidencia non hai unha receta única nin unha solución incontestada, pero si desdramatizadora: outros lugares do mundo souberon resolver este tipo de problemática adoptando a solución federal. Decididamente federal. A Historia mostranos como os proxectos maximalistas dos nacionalistas españois, sexa o unificador ou os periféricos, fracasaron. Pero a solución autonomista tampouco parece satisfacer…
O federalismo non é o punto de chegada que resolva o eterno problema do encaixe territorial no seo dunha realidade histórica e xeográfica, pero tremendamente plural como é España, senón un proceso e, ante todo, unha conducta baseada na reordenación e revisión constante dos pactos e dos acordos entre iguais. Tamén na corresponsabilidade. Maior e mellor democracia unindo na aceptación dunha diversidade recoñecida e defendida por todos, aínda sendo asimétrica, e fomentando a efectiva participación cidadá. Difuminando as tradicionais estructuras sustentadas nas vellas xerarquías piramidais para entender as relacións de maneira horizontal, como xa as entende a sociedade cosmopolita do noso tempo: en rede. Desbotando e difuminando conceptos obsoletos, como o de soberanía. Outorgando confianza e mutuo recoñecemento entre poderes locais e central. Sendo máis eficaz, flexible e económicamente sustentable, ou viable…
En resumo: resulta, para min, a fórmula axeitada para articular o funcionamento cotiá nos estados occidentais do SXXI. Na miña opinión é a reforma pendente e necesaria. Non é novidosa, pero ante a tentación recentralizadora e as veleidades independentistas presentarase cedo o momento oportuno para acometela.”
Claro que os soños, soños son. E alguns en vez de soñar toman nota da realidade e reflictena para tentar cambiala.
E se da realidade falamos, outro ruxe-ruxe sobre o novo decreto do galego. Algun pode que se sorprenda, eu de Feijoo “Señor de las Habichuelas” espero calquera cousa.

Tags: , , , , ,

This entry was posted on Luns, Decembro 14th, 2009 at 1:51 p.m. and is filed under Desfeita, Lingua, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

3 comments so far

 1 

Lannister, seica temos telepatía!!

http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/12/espana-federal.html

Decembro 14th, 2009 at 5:18 p.m.
duar
 2 

Pode-mos dizer, dous non se federalizan, se un non quere, e acredito que a españa non quere. O nacionalismo- centralista, ademáis dun profundo poso na esencia hispana, é atualmente o eixo da política de dous partidos pp e upyd, e como lixeiro contrapunto do soe,simplesmente venden que son máis suaves co pp. Mudám noutros tema,sexualidade,europeismo,economía etc, mas no tema de respeito a pluralidade intensificán seu desprezo a realidades culturais alleas. O tema vexo-ó cun “empate” no pais basco e na catalunya, arrenxado a curto prazo, se quere-se, con transferencias económicas. Duas variables acho-as de importancia, a posición europea, que ocurra na escocia e posición de franza principalmente, e o devenir da crise económica (niste ponto, intensificara-se o nacionalismo español como cortiña de fume? Ou deixaran-no de lado para centrarse na crise e procurar alianzas co nacionalismo moderado?) asse ver diría meu avó.saudos

Decembro 14th, 2009 at 11:13 p.m.
lannister
 3 

Benvido de novo por esta leira duar. Tes toda a razón en que dous non se federan se un non quere, tampouco se unen. O incrible de todo isto é o rexeitamento frontal do nacionalismo español o federalismo cando se o artellaran con siso (por exemplo nunha republica presidencialista) non so satisfarían as demandas de todos os que so queren que se lles respeten os seus dereitos e non ser clons de madrid, senon que eliminarían o peso dos partidos nacionalistas perifericos no goberno. Claro que todo isto implica pensar, algo que non se lles da moi ben.
Caralladas parece que coincidimos nos temas si, porén o teu artigo é mellor pois é orixinal o meu un simple corta pega. Un saúdo

Decembro 15th, 2009 at 12:14 p.m.