19
Xan

Juan Manuel de Prada e Feijoó

   Posted by: lannister   in Desfeita, Lingua, Política

Onte no estupendo programa “El gato al agua” de Intereconomía tv tocaba falar da educación. En xeral coincido cunha parte importante das cousas que alí se dixeron do mesmo xeito que discrepo totalmente coa outra parte. Entre os contertulios atopabase Juan Manuel de Prada que no anaco que vin do programa tivo dáus intervencións brillantes. Unha para poñer a Feijoó a caldo por ter sacado o do inglés cando o que tiña que facer era dar libre elección e deixarse de pantomimas que non enganaban a ninguen. E outra para defender que as vacacións de verán sigan como estan. Que a solución os males educativos de España non pasa porque o curso remate o 31 de Xullo e que o final o que os pais o que queren é un servizo de gardería gratis o mais longo posible. A verdade é que concordo coas dúas intervencións. (Na de Feijoó por motivos distintos e cun obxectivo final totalmente oposto) Se conto todo isto é porque ademais desa urxentisima necesidade de que o curso remate o 31 de Xullo outra das cousas centrais do programa foi centrar a Feijoó. O heroe dos madriles ira a “El gato al agua” o mercores para recibir outra dose de centrismo. Supoño que para facer campaña e rendir contas de como vai enfrontar a perigosa folga subversiva do 21.

Respecto o decretazo seguin mobedonse as cousas para que todo siga igual. Difundo aqui a analise da RAG e unha nota_de_prensa_sobre_entrevista_co_Conselleiro2__20100118_(4) sobre a chamada do Ponselleiro (eu tamen recibin a felicitación da que falaba Anna) a tragar.

E difundo tamén un modelo de alegacións o decretazo:

Enviamos anexo e a seguir modelo de alegacións contra o decretazo contra o galego para enviarmos ao enderezo alegacions.decreto.plurilinguismo@edu.xunta.es e remitir copia para faceren seguimento ao enderezo alegacions.decretazo@queremosgalego.org .


O obxectivo destas alegacións é mostrarmos directamente á Consellaría de Educación a oposición da maioría da sociedade galega a este decretazo.
Reenvíao a@s túas amigas e amigos

Entre todas e todos pararemos este decretazo.

Don/ Dona…………………………………………. con DI……………………….. e domicilio en………………………………………………………………………………………………………….

En relación coas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo presentado publicamente a noite do 30 de decembro de 2009, presenta as seguintes

ALEGACIÓNS

O borrador de decreto presentando na noite do 30 decembro:

1) Non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.- Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) É unha proposta feita de costas á sociedade galega.- O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Suporá enfrontamentos nos centros.- A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) É unha burla á cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar. O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos

5) Vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.- O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.- Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, reclamo que se escoite a voz das comunidades educativas. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.

Por todo isto

SOLICITA

A aplicación real e efectiva do decreto 124/2009 e do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por consenso e unanimidade polo Parlamento Galego.

Asdo:

Don/ Dona

En ……………………….a.. de xaneiro de 2010

Tamén dispoñible aquí.

Tags: , , , ,

This entry was posted on Martes, Xaneiro 19th, 2010 at 11:49 a.m. and is filed under Desfeita, Lingua, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

3 comments so far

 1 

INTER…. QUEEE????????

Xaneiro 19th, 2010 at 2:50 p.m.
lannister
 2 

Intereconomía a televisión de “Derechas y católica, para sentirse orgulloso de ser de derechas”

Xaneiro 20th, 2010 at 9:25 a.m.
 3 

pero ti qué fas vendo esa merda, home, que inda vas pillar un cancro ou algo…

Xaneiro 20th, 2010 at 11:16 p.m.