22
Xan

Cambio de aspecto

   Posted by: lannister   in Lingua, Sen clasificar

Comezo cunha rectificación: o final Feijoo non estivo o mercores en “El Gato al Agua”, non sei se entendin mal a data ou se cambiou de idea. Onte non vin o programa co cal tampouco sei se dixeron algo sobre a folga. Respecto a folga como lamentablemente non puiden ir a Compostela pospoño a miña valoración ata a semana vindeira. Estou a agardar novas dun par de amigos que si foron ademáis de facer acopio de valoracións na prensa.

Por outro lado como nestes ultimos tempos engadin un bo feixe de novas ligazóns, redistribuín outras, creei novas categorías e engadin as sementes RSS de nosquedaportugal e feijoomente para que calquera que entre aqui vexa que se acaba de publicar neses dous blogues (mais que nada para compensar os multiples parons que sufre este blogue) decidin cambiar o aspecto do blogue. Espero que non cause problemas ( ao mellor para o dubidoso caso de que alguen imprima algo de aqui e non se vexa ben). En calquera caso se a opinion maioritaria dos lectores é que non lles gusta a nova plantilla sempre podemos voltar a anterior ou buscar outra que sexa mais lexible e nos convenza a todos. Galizauberalles2 seguira coa mesma plantilla.

ACTUALIZACIÓN:

Mentres escribía o anterior vin un comentario de duar que serve como primeira información sobre a manifestación: Grazas duar. Reproduzo o comentario:

“Xa que mo pides, aínda sendo consciente da discriminación que sofro, contarei-che a manifa. Chegeui tarde, pasadas as 12 na praza do toural enganchei a manifa, ah esquecera-me , primeiro crín que xa rematara pois na alameda,vin moito rapaz de volta, depois de cumprirem pola patria tras as rapazas, supoño, mas bastante xente tamén maior.Sigo onde ía, eu continuei e volvo ao Toural muita xente,surprendo-me, vou axiña adiantando e chego ao obradoiro, outra surpresa pola xente, poidendo pasar con dificultade, fago caso aos organizadores e vou cara o hostal. Discurso, callón no seu pael, a xente moito caso non fazia,a que estava ao meu carón ao menos. Soou o himno nacional, emocionei-me, pouco puño en alto e tamben pouco cantante, o primeior bon, o segundo mau, eche o que há. E fun-me a xantar cun amigo madrileño. Se no obradoiro caben 25.000 persoas , coma mínimo 35,000 houvo.Ao mellor máis, un sucesso sen dúvida.

Duas cousas estavan os de agir cos seu carteliños, dando a nota, e o seu, lóxicamente portada nos media de madriles e na entrevista co frijol en intereconomía, há que vè-la, incríbel. demagoxia ppeppeira a raudais. Somos uns radicais separatistas aldeanos que non queremos que nosos rapazes falen….. Inglés, para analisar sen dúvida.Os da voz cumprindo o seu traballo, fixerón a fotiño da bandeira franquista-rojigualda queimada

Cando camiñaba pola rua, moi pouca bandeiras estreladas e sindicais, iso sí aorredor do callón muitas.Non gostei, risco de aproveitamento. Parezemos aínda unha sociedade infantilizada dependendo duns marxistas e duns españolistas. mas iso vai mudar sen dúvida.Saudos”

Aqui en Galizauberalles2.


Tags: , , ,

This entry was posted on Venres, Xaneiro 22nd, 2010 at 11:56 a.m. and is filed under Lingua, Sen clasificar. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

 1 

Carallo, si que cambiou!!! Moitas grazas por engadir o RSS de nosquedaportugal, e a seguir dándolle duro. É un hobby que quita tempo, nós ben o sabemos, pero ten as súas recompensas.

Un saúdo.

Xaneiro 22nd, 2010 at 7:44 p.m.
lannister
 2 

De nada, como digo na anotación engadin o RSS porque por aqui paramos a miudo e nosquedaportugal ten maior continuidade.

Xaneiro 25th, 2010 at 10:02 a.m.