25
Xan

Da folga do 21

   Posted by: lannister   in Desfeita, Lingua, Política

Falar da folga e da manifestación do 21 implica estar a medio camiño entre a ledicia e a tristura. O primeiro polo exito de ambalas dúas e o segundo porque, ademais de non cambiar nada, manda carallo! o que temos que facer no noso propio país pola nosa propia lingua.

Respecto as analises e novas relacionadas aqui unha selección de como se deu a noticia por aí adiante. E agora unha selección de distintas reaccións e analises:

http://atrenza.blogaliza.org/2010/01/21/feijoo-humillado/

http://xmeyre.blogaliza.org/2010/01/22/a-mentira-numero-56-e-a-esperanza/

http://xmeyre.blogaliza.org/2010/01/22/onde-demostro-que-o-pp-esa-panda-de-burranzologos-nin-sabe-sumar/

http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=1026

http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=1032

http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=1036

Podería seguir porén remato con dúas analises que me gustaron especialmente: unha da furada do trasno, e outra de feijoomente. As dúas fan fincape en como podemos ter exito nas mobilizacións sen que nada cambie e Feijoo siga adiante e disfrutando desa aura de centrismo da que presume. Eu concordo plenamente con esas analises. Sobretodo estando nun centro no que so fumos a folga o 35% dos profesores, mais que os catro gatos mal contados que nos posicionamos de comezo, e un exito rotundo segundo un compañeiro tendo en conta a composición do claustro.  E xa que falamos do claustro hoxe tocou un para ver que alegacións se ían presentar o decreto na reunión de mañan coa Consellería. Falaron catro persoas. Un profesor contra a imposición do galego. Outro a prol de potenciar o inglés (para máis inri o encargado de normalización, caeulle o posto para completar horario). Unha profesora de galego para defender o obvio a volta o decreto anterior ou de elaborar un novo que siga as mesmas bases do anterior. E eu, que falei para apoiar a compañeira de galego e para no caso de que se empeñen en seguir con este que fagan o seguinte:

– 50% mínimo de materias en galego como lingua minorizada.

– Os pais non teñen nada que dicir sobre a lingua das materias. Iso so crea conflictos e complicacións administrativas. Corresponde a Consellería elaborar unha lista de materias en cada lingua.

– O s rapaces deben empregar de forma oral e escrita a lingua na que se imparte a materia pois do contrario non acadaran a debida competencia lingüística.

– E por último, se a Consellería persiste no do menú a carta para pais e alumnos, que os profesores tamen poidamos escoller lingua.

Como vedes vou facendo amigos ala por onde paso. En fin,isto vai para longo. De momento animo a todos.


P.D: Teño pendentes dous videos de Xopau, que foi a manifestación, sobre o Obradoiro “cheo de peregrinos”. O quid da cuestión é que consiga convertelos a un formato que sexa compatible co blogue.

Aquí en Galizauberalles2



Tags: , , ,

This entry was posted on Luns, Xaneiro 25th, 2010 at 1:57 p.m. and is filed under Desfeita, Lingua, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.