28
Xan

Territorialidade, imposición e verdades incómodas

   Posted by: lannister   in Lingua, Política

AVISO: Por problemas coa conta de correo de contacto deste blogue vinme na obriga de cambiala por outra. Na descrición do blogue xa esta cambiada. O novo enderezo electrónico é: galizaprimeiro@gmail.com. Se alguen nas dúas últimas semanas mandou algo a conta antiga recomendolle que o envíe de novo a nova conta.

Por outra banda tras fracar miserablemente na conversión dos videos mandados por Xopau, renuncio a subilos. Porén os fans de Xopau están de noraboa. Maña teremos unha colaboración súa.

ANOTACIÓN:

Primeiro de todo recomendo ler este artigo de vieiros como posta en situación do que vou falar.
Nos últimos tempos o novo non son os ataques contra a lingua e a cultura galega senón o roupaxe co que se visten a liberdade e a imposición. Sendo falsos eu atopo que moitas veces non son refutados axeitadamente. Obviamente non me creo na posesión da verdade absoluta e coma sempre o que pretendo co que segue e sumar e non restar, aportar novos argumentos.
Para comezar habería que facer fincapé nun elemento clave que poucas veces se menciona: a territorialidade. Desde a fin do Antigo Réxime e a creación dos réximes liberais primeiro e dos réximes democráticos despois a territorialidade é un elemento clave do mundo en que vivimos. Isto quere dicir que as leis non poden ser persoais senón que están vinculadas a un territorio concreto onde afectan a todo o mundo. Ergo como as leis acoutan que o territorio para o galego é Galicia a liberdade individual non existe para a elección de idioma. De aí arranca a necesidade do PP de trocar as leis e mesmo en mendar a Constitución pois do contrario o seu arrebato anti- todo o que non sexa castelán non se sostén. A liberdade non é mais ca unha mascara habilmente empregada.
Respecto a imposición, temos que partir que esta certamente existe no senso de que todos aqueles que non teñen o galego como lingua nai ven como un fastío o ter que aprender outra lingua que realmente non precisan. En Galicia pódese vivir sen saber galego mentres é imposible o contrario. Este feito é coñecido por todos e mesturado co da imposición e a liberdade empregado como ariete contra nos. Cantas veces non escoitamos en tódolos sitios e de tódalas persoas (mesmo galegofalantes) a frase: Tú entiendes perfectamente el castellano, ¿Por que molestas/insistes/no te da igual? Frase empregada para caracterizarnos como radicais e negarnos o noso dereito o galego. É aí no do dereito individual onde hai que situar a clave das nosas reivindicacións sumándolle o da liberdade. Recorrer os dereitos colectivos é algo que vai en contra nosa. A liberdade dun remata onde comeza a doutro. Polo tanto se somos iguais e a miña liberdade e dereito me garanten o uso do galego, este debe ser real en tódolos eidos. O que inclúe que a outra parte poida usar o castelán sen negarme a min o galego. O que implica que nas administracións publicas se dirixan a min oral e por escrito en galego e que no ensino os demais deban aprender galego non por imposición nin limitación da súa liberdade senón por respeto a miña. De non ser así, se cada vez que me atopo con alguén teño que empregar o castelán si ou si porque o outro amparándose na súa liberdade non aprendeu galego, onde están os meus dereitos? Onde esta a miña liberdade? Por aí é por onde debemos ir. Non podemos deixarlles o monopolio dos conceptos de dereito e liberdade. Conceptos que eles perverten.

As verdades incomodas:
– Feijóo non creou o conflito lingüístico. O conflito lingüístico existe desde o século XIV coa chegada dos primeiros nobres casteláns e os seus séquitos. Desde entón o castelán non fixo mais que avanzar e o galego recuar. A transición e a autonomía non cambiaron ese feito senón que o disfrazaron baixo a falsa aparencia do consenso das distintas leis e planos de normalización. Consenso doado de acadar porque o PP era consciente de que non se ían cumprir e ninguén se ía molestar porque non se cumpriran. Foi ese motivo e non que as leis fosen malas ou insuficientes o que fixo que o galego seguise a recuar. Na situación actual ningún decreto por bo que sexa é garantía de nada, porén non porque a normalización desde o punto de vista do ensino non sexa eficaz senón porque no momento en que podía selo non se aplicou.
-Feijóo sabe ben o que fai. A fin de contas sumou dous e dous e chegou a conclusión que era mellor exterminar o que quedaba de galego e colleitar os réditos políticos, que sentar a esperar que morrera de morte natural como fixera Fraga (Nisto inflúe que Feijóo é mortal non como o León de Vilalba que non pode morrer). Sabe que conta co apoio de todos os descendentes xenéticos ou culturais dos conquistadores orixinais que como todo conquistador non soportan que se poña en dubida o seu dereito de conquista. Ademais da gran cantidade de persoas que tras baixar do monte a cidade desde os anos 50 en diante e mudaron para o castelán coa esperanza de recibir o mana celestial, agora ben como non so non hai mana senón que tal vez todos os seus esforzos foron de balde. A carraxe e a vergoña que aniña nos seus corazóns fai que sexan os mais ultras dos ultras.
– O PSdG non é de fiar, é o elo feble da cadea. Divido entre o localismo e o xacobinismo mais radical, único resaibo de verdadeira esquerda que lle queda, o PSdG esta disposto a deixar a lingua tirada a menor ocasión. So precisa un pacto apañado de mínimos e xa esta. De feito é o que agarda. A fin de contas como forza de esquerdas e polo tanto “internacionalista” dálle igual se goberna Galicia agora ou dentro de 20 anos. Se ademais alguén lle fai o traballo suxo de liquidar o que non lle gusta mellor.
– A nosa propia dispersión xoga na nosa contra. Nun sistema político baseado na territorialidade, unha zona galegofalante de verdade, é dicir que fose consciente da lingua e do que esta significa, serviría tanto como para tentar recompoñer a situación a nivel de toda Galiza como no caso de non ser posible consolidar unha zona propia o estilo do Val de Aran ou as comarcas de Navarra onde se fala éuscara.
Ademais estamos divididos de xeito case irreconciliable entre lusistas e isolacionistas, entre nacionalistas e non nacionalistas, entre dereita e esquerda. Como non espabilemos e cheguemos a un acordo aquí non hai nada que facer.
– Aínda estamos convencidos de que imos gañar o vello estilo. Neste senso concordo cos que din que no fondo GB e o decretazo foron o mellor que nos puido pasar porque nos espertou desa idea de que todo ía ben e xa estaba gañado. E obviamente non so non estaba feito nin esta gañado. E temos que gañar dun xeito distinto.
Non imos conseguir botar para atrás o decreto e aínda que así fose este non garante nada. Temos que asumir que non imos voltar a ter unha Galiza monolingüe en galego. Temos que asumir que non nos imos quitar o cualificativo de radicais/perigosos/intransixentes na vida. E por riba de todo temos que asumir que se queremos salvar o galego mais aló dunha lingua de museo, o que eu me refiro con gañar, temos que ser capaces de artellar un mundo en galego con ou sen as institucións.
Aquí remato, animo a ler maña a colaboración de Xopau que clarifica o que eu esbozo aquí.
P.D: na ligazón unha mostra da pluralidade informativa da auspiciada pola Xunta.(Nota_CPI_Tomás_De_Lemos)

A mesma anotación en Galizauberalles2

Tags: , ,

This entry was posted on Xoves, Xaneiro 28th, 2010 at 5:17 p.m. and is filed under Lingua, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

One comment

lannister
 1 

Dúar di en Galizauberalles2:
“olgueino no meu muro do facebook, non estás? apuntate e falamos é sinxelo.
Concordo co texto, e necessario a sociedade civil, deixarmos de prexuizos esquerdistas vellos e sustituilos.
Son o único que propon un acordo rag-agal, mas o digo por fazer un xiro intelixente cara o brasil, , seguimos co ñ e demáis, máis fazemos unha aproximación intelixente, pra misturar utilidade e identidade.Apoiar cualquer proxecto minimamente serio a prol da nación, sen dogmatismos, veñan da esquerda ou direita. Fundamental escolas privadas, teñen que ser boas, co portugues coma enganche.Apoiar a non identificación nacionalismo-esquerda, per-se. Considerar a españa coma ente agresivo ilexítimo e negativo, desacredita-la con intelixencia, sen tonterias e martirolóxios, mais sen complexos.Coma ben dís agarrar o oso das liberdades con forza, noso futuro. Por exemplo, considera de patriotas non pagaren a fazenda,eu prefiro non pagar “man´que pierda”. Internacionalizar, no que se poda,tanto nosas mentes coma o conflito, e traballar arreo en termos un proxecto a serio. Como dixo Friedman, aínda que sexamos minoría, há situacións excepcionais, no que as ideas actuais quebran. Ahí temos que estar nós.En definitiva intelixencia resistencia e moita moita fé. saudos duar”

Xaneiro 29th, 2010 at 11:22 a.m.