3
Feb

Os Baltar e o chourizo colgando

   Posted by: lannister   in Desfeita, Política

E gañou Baltar o novo. E coma sempre volvemos a camiños xa percorridos: que se hai caciques, que se o aparato non o controla todo, que se pode haber unha escisión no PP… Galiza parece condenada a vivir permanentemente no eterno retorno ata nos detalles mais nimios. Vexamos como podemos botar luz sobre a cousa esta da sucesión pai-fillo o estilo das repúblicas árabes ou africanas.

Para comezar, o dos Baltar dí moito de como é o país. Pode que non nos guste o que nos mostra porén é así. Clientelismo, nepotismo e caciquismo están pegados a terra como o percebe a rocha e para unha parte importante da poboación non so é algo natural senón incluso bo.

Por outro lado tamén di moito sobre a oposición. Que con mostras tan claras e denunciables de falla de democracia non fose quen de sacarlle rédito electoral ou de facer o lóxico ou sexa montar unha rede igual, se é realmente imposible gobernar doutro xeito, demostra que temos unha panda de inútiles no PSdG e no BNG de proporcións épicas que pensan que van gobernar porque si. Claro que niso non están sós, porque como xa dixen en moitas ocasións anteriores e non me vou cansar de repetir: a pureza virxinal dos votantes dos devanditos partidos e digna de estudo.

Ao final a sucesión deixa contento a todo o mundo digan o que digan:
– Os Baltar que seguen a fronte do chiringuito.
– Os non Baltar que saben que por moito que amaguen non van marchar.
– A oposición que pode consolarse co patinazo de Feijóo e soñar coa imposible escisión.


Porque escisión non vai haber. Ninguén é parvo. Alomenos no PP. Ou alguén lembra o PADE? Ou mellor aínda, quen quere seguir o camiño dos escindidos que deron lugar o tripartito? Porque por moito que se diga o votante do PP vota as siglas sen importarlle quen as represente. Ou como me dixo unha compañeira de traballo no 2008 tras ser elixida nas eleccións xerais para un posto do senado pola lista do PP.
– “Con tal de que lleve el símbolo del PP le votan hasta a un chorizo colgando”
Dito o anterior cun amplo sorriso e plena confianza no que dicía.

Os supostos galeguistas do PP ( meu Deus Cuíña pai D.E.P e Baltar son os galeguistas) sábeno ben e non van marchar. Sobre todo cando o seu galeguismo é mais mera aparencia que realidade. Ademais de que os que tanto soñan esa escisión sempre o fan desde fóra e pedíndolles que se fagan o seppukku político. Porque non é o mesmo ir a rúa que a un despacho. Aí é onde a oposición demostra a súa incapacidade. De pensar un pouco Touriño e Quintana en vez de saír falando de democracia e marchar, o que terían que ter feito e falar e mercar o escano que lles faltaba. Se non saía con dimitir e cargar con toda a culpa todo feito. A catro anos das eleccións vindeiras que máis daba un erro. E se saía mellor que mellor. De feito o momento de mercar voto volve estar sobre a mesa. Os Baltar gañaron, aínda que non como sempre. E o proceso de tentar eliminalos vai seguir. Unha vicepresidencia ou mesmo a presidencia da Xunta par Baltar o novo tal vez fixeran o miragre dun novo tripartito. Si, xa sei non sería democrático. Sería un pacto contranatura. Sería a garantía dunha campaña sen precedentes da prensa e de perder no 2013. Seino, mais sonche así. Ah, e por certo respecto a prensa e o 2013, non vai ser así de tódolos xeitos?

Se alguén quere unha análise mais convencional que mire esta.

P.D: Sei que dixen que non ía volver falar sobre o das caixas porén creo que non ben mal lembrar o fundamental: se a operación a dirixe Feijóo so pode acabar en absorción por Caja Madrid. Considerar unha grande operación de resistencia da man do PP é un suicidio político non por ir co PP senón porque todo vai en beneficio de Rato. (1,2)

Aquí en Galizauberalles2

Tags: , ,

This entry was posted on Mércores, Febreiro 3rd, 2010 at 12:32 p.m. and is filed under Desfeita, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

milles
 1 

Non creo que o pais de para duas redes caciquís a un tempo. Ademais que lle vas a ofrecer a baltar, roubar a gusto? postos para os colegas? ten mais que gañar co pp.

Ainda asi bo artigo.

Febreiro 5th, 2010 at 9:17 p.m.
lannister
 2 

Roubar a gusto creo que xa o fai. O único que se lle podería ofrecer é o “honor” de ser vice ou presi da Xunta. Un sáudo.

Febreiro 8th, 2010 at 9:24 a.m.