4
Feb

Paranoia, esperpento ou realidade?

   Posted by: lannister   in Desfeita, Política

O de paranoia ben porque desde hai uns meses en Veo7 e Intereconomía nos seus respectivos programas de linchamento e derribo comezaron a aparecer colaboradores socialistas. Socialistas da vella garda dos tempos de Felipe e Guerra. Todos estes cun discurso que se pode resumir en : ” Yo soy de izquierdas y del PSOE pero…” E o que viña despois do pero deixaba os tertulianos da casa como próceres da democracia e esquerdosos radicais. Nun primeiro momento pensei o obvio: teñen que comer ou satisfacer o seu ego. Despois fun elucubrando unha teoría paranoica sobre que o PSOE quere desfacerse de ZP aínda que iso implique perder as eleccións e deixar que o PP goberne per secula seculorum. A medida que se foron filtrando os medios “normais” mais declaracións da índole dos que “baixan a territorio inimigo” funme convencendo de que ao mellor non estaba errado. O cal xa non sería paranoia senón esperpento. E entón o ABC e outros medios danlle cancha o do goberno de salvación nacional. De aí o título da anotación: paranoia, esperpento ou realidade.
Para min realidade manifesta.

Remato con dous comunicados sobre o pacto educativo Un da CIG e outro do STEG: COMUNICADO CIG; pacto_educativo_valoracion1 STEG

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

This entry was posted on Xoves, Febreiro 4th, 2010 at 12:49 p.m. and is filed under Desfeita, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.