19
Feb

O home milagre e a Apocalipse financeira

   Posted by: lannister   in Política

Nestes días nos que uns se converten en profetas da Apocalipse financeira e o debate sobre o pacto de tódolos pactos quedou en mais do mesmo, e o home milagre volve a saír a escena gustaríame mencionar un par de cousas:
En primeiro lugar os ingresos por privatizacións dalgunhas empresas publicas durante o goberno do PP:
(Todos os datos en millóns de euros)

Gas natural: 215,6

Telefónica: 3.637,9

Repsol: 1.011,9

Aldeasa: 273,7

Endesa: 10.325,4

Aceralia: 794,2

Argentaria: 2.276,3

Tabacalera: 1.722,1

Indra: 437,1

Rede Eléctrica: 340,8

TOTAL: 21.035 millóns de euros. Se falamos de porcentaxe sobre o PIB (so de 1996 a 1999) 6,3%

A todo iso hai que sumar os fondos europeos achegados por diversas vías. Co cal a celebre frase “El milagro soy yo” nin a panacea da baixada de impostos son a xustificación única da bonanza económica dos noventa en diante ata a crise do 2008. Tendo en conta o anterior e que os fondos europeos rematan na maioría de partidas no 2013 mentres se reducen significativamente nas outras, a min gustaríame saber como o PP vai conseguir a cadratura do círculo de baixar os impostos, manter os gastos imprescindibles do Estado (como os sociais) e tirar da recuperación económica. E digo PP por dous motivos: o desconcerto do PSOE é evidente, e polo tanto sería bo que os que presumen de ser un milagre económico e goberno vindeiro comezasen a aclarar algo o que pensan facer. Ou as súas únicas opcións son baixar os impostos e redución de salarios? Se o PP quere ser unha alternativa seria (cousa que dubido, pois esta moi cómodo sendo o dono patrimonial do Estado) debería empezar a dicir algo.

Por outra banda, e como dixo Iñaki no seu novo e recomendable programa Hoy:
España non é unha economía comunista. Tal vez sería hora de ir deixando de esperar que o goberno o faga todo como se dun plan quinquenal se tratase.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Venres, Febreiro 19th, 2010 at 12:08 p.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

One comment

xopau
 1 

Estamos plenamente de acordo. É unha cifra abondo relevante. Evidentemente o PP beneficiouse de algo que comezara o PSOE. Igualiño parece agora co das pensións e outras cousas. Son maniobras faladas hai anos ou meses entre os dous partidos nun lugar tranquiliño tipo Suiza. A cuestión está en que liquidar os servizos sociais non creo eu que xere moita confianza nos traballadores que son os que manteñen un sector servicios enorme. Por outro lado este parece un Estado que sempre vai a traspé pois quen marca as tendencias económicas a nivel mundial do outro lado do Atlántico parece estar optando por vias máis sociais.
Sobre o de Iñaki plenamente de acordo o problema é que a mentalidade do Español exceptuando Cataluña é a dun fascista-comunista: intervencionismo permanente.

Febreiro 23rd, 2010 at 11:05 a.m.