26
Feb

Nas trincheiras

   Posted by: lannister   in Política

Lin en “El País” un artigo que concorda bastante cunha das miñas teimas habituais, xa tratada con anterioridade neste blogue, a configuración dunha potente plataforma mediatica a favor da dereita mais cerril sen que desde a esquerda se poida contrarrestar esa marea creadora de opinión.
Nestes momentos Popular Tv, Veo7 e Intereconomía batallan con éxito a nivel estatal na creación dunha idea de España/castelán en perigo que debe ser salvada a calquera prezo.

A Constitución segundo eles:

– uns días, cando están de boas, é mal interpretada.

– noutros , a maioría, foi unha concesión escandalosa a esquerda e nacionalistas-separatistas que debe ser reformada nun senso amplamente restritivo.

Agora mesmo “El gato al agua” en Intereconomía e “La Vuelta al mundo” en Veo7 configuran dous espazos de linchamento e destrución do contrario. Programas que se retroalimentan a través dos outros medios do grupo: radio Intereconomía e o xornal “La Gaceta” no caso do primeiro e o xornal “El Mundo” no caso do segundo, con aparicións estelares en radios amigas como COPE e esradio.

Fronte a isto existe algunha alternativa? Dúas porén moi distintas os programas anteditos. “La noche en 24 horas” da canle 24 horas de TVE e o recente “Hoy” en CNN+ Ben é certo que ámbolos dous responden a un esquema clásico de programa informativo que mestura opinión e análises e non o novo xornalismo de acoso e derribo posto en vigor desde os 80 polos republicanos dos USA ( o celebre rearme moral da era Reagan que levou a “vitoria sobre o comunismo e a caída da URSS) e que agora chega ata o estado español.

Discútese moito sobre a incidencia real deste novo xornalismo na sociedade en xeral e na política en particular. Sobretodo desde os medios de esquerdas que se negan a entrar no mesmo xogo dada a coñecida “superioridade moral dos medios e votantes de esquerdas”. Coincido na necesidade de non imitar o modelo, aínda que non creo na superioridade moral da esquerda en ningún sentido. É mais, o efecto practico desta suposta superioridade moral: quedar na casa e non votar cada vez que a “pureza” persoal se ve ameazada paréceme unha parvada maiúscula.
O quid da cuestión non esta en imitar o modelo senón en neutralizar os seus efectos prexudiciais, en non deixarlle o campo libre e evitar esa fuxida da opinión publica. De momento tanto a esquerda como o nacionalismo no caso de Galiza non foron quen de considerar unha alternativa mais aló de apoiar programas clásicos como os mencionados que por ser clásicos so van atraer a unha poboación cun nivel de debate político mais elaborado e van ter menos peso mediatico. Nesta ausencia de alternativa tamén inflúe o feito de que tampouco pensaran moito nela, e van sufrir todas as consecuencias como xa lles pasou con La Coz.

E xa que estamos falando de medios de comunicación so me queda comentar a entrevista a Guillerme Vázquez este luns 22 de febreiro na TVG. (Por milagre a TDT permaneceu estable durante o tempo da entrevista, constituíndo xunto coa película Wolfhound as dúas únicas cousas que puiden ver na TVG desde que pasei a TDT hai uns meses).

A verdade é que me esperaba que o entrevistador fose Carlos “martelo de galegofalantes” Luís “lambecús de Conselleiros” Rodríguez. Non foi el, unha magoa. A entrevista foi a típica entrevista pactada e totalmente descafeinada. Supoño que o único éxito que se pode apuntar o BNG nos últimos meses e que precisamente conseguiron pactar esta entrevista tal e como é usual.

O voceiro nacional do BNG comezou claramente nervioso porén foi mellorando claramente a medida que avanzaba a entrevista sen conseguir vencer por completo esa lacra que comparte con Quintana e non tiña Beiras: a voz e pose de vello cura de aldea cando da un sermón. Nos tempos de hoxe esa forma de falar e presentar as cousas espanta.
Respecto as preguntas, as típicas e do mesmo xeito típicas foron as respostas. Aí esta o maior erro do entrevistado. Tivo a ocasión polo menos en tres preguntas de sacar algún beneficio:
– As caixas? A resposta foi o discurso oficial do Bloque, cando agora todo apunta a que foi o parvo útil e que as caixas se van repartir alegremente entre PSOE e PP. Unha oportunidade perdida de transmitir algo en positivo: a necesidade dunha caixa galega, que os intereses de Galiza están por riba dos partidos, que o PP e Feijóo teñen unha axenda oculta igual que o PSOE, que o BNG apoiou e apoia a fusión mentres sexa galega e que se todo segue igual hai razóns de sobra para estar contra ela na medida que signifique un reparto de prebendas, que se a fin hai fusión esta non é un punto final senón un punto de partida…
– Vai haber mais pactos co PP? a resposta típica para evitar quedar como alguén que cambiou de bando e traizoou a esquerda e anos de batalla anti PP. Oportunidade de dicir algo sinxelo e claro: o Bloque pactara con calquera partido cando sexa bo para Galiza. Non temos porque pactar so con uns, nin pactar sempre. Galiza é a nosa primeiro preocupación.
– Vai ser o candidato a Xunta? a resposta que o partido non esta niso porque as eleccións quedan moi lonxe e ningún partido ten pensado o seu candidato. Oportunidade de dicir: son o voceiro nacional e cando chegue o momento presentareime ou non (que tampouco sei se o señor Vázquez ten ganas de ser candidato) a decisión do partido. De momento o partido funciona con todos os seus cargos nomeados e cada un cumprindo o seu papel. É o mesmo que dixo el porén escorre menos a resposta e da menos sensación de transitoriedade.
En fin como vemos o campo mediatico presentase negro para nos e os lideres do nacionalismo non parecen moi dispostos a cambiar nin polos menos o seu xeito de comunicar.

ENGADIDO 1: Para un día que non vexo o programa vai Rosa Díez e saca a lingua a pacer en Hoy (1,2,3) Eu creo que non desacredita o programa como puidera parecer se no a ela mesma. Ademais confirma esa fascinación que sinten todos en España por UPyD incapaces uns de ver o que é, un partido fascista, e outros encantados con que sexa así. Por outra banda tamén confirma ese sentimento alén Pedrafita de: “pobriños menos mal que os goberna o PP” nunha versión e noutra: “pobres anormais, como poden seguir votandolle o PP”.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: , ,

This entry was posted on Venres, Febreiro 26th, 2010 at 11:29 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

4 comments so far

 1 

simplemente, hai que saber sacarlles partido. Eu por exemplo, tódalas mañáns ó chegar ó chollo, tomo un café de máquina, collo La Gaceta e vou ó váter. Ese xornal ten unhas excelentes propiedades laxantes. Falo en serio, deberiades probar. Asi póñome diante do ordenador xa con outra alegría, oiga!

Moi boa análise. Coido que o mellor de todo é que eles mesmos se describen. A fascista vasca por exemplo, enorme favor nos fixo describíndose a sí mesma e a súa ideoloxía. Xa non engañan a ninguén.

Febreiro 26th, 2010 at 3:12 p.m.
xopau
 2 

Boa análiseabundando no que tantas veces falamos e compartimos…somos lastimosos a nivel mediático. Esta puñeteira manía da cazadora felipe González..foder!!! E que ves ao conselleiro de cultura ou a Feijoo e ves aos nosos e parecen doutra Galaxia. E por riba nun país de vellos co que de importante ten presentarse decentiños….

Febreiro 26th, 2010 at 8:41 p.m.
lannister
 3 

Carai, caralladas ti si que tes valor. Eu aínda non fun quen de poñerlle o ollo enriba a LaGaceta. Un saúdo.

Marzo 1st, 2010 at 1:35 p.m.
milles
 4 

Tamen eu vin a entrevista, encarna todos os males do bng nos ultimos anos e dicir a carencia dun discurso contundente, ideoloxico e claro e un afan de caer ben e aparentar ser infensivos.

No que si creo que lla meteron o pp foi coa lei de caixas, creedes que os pailans do pp limparon de todo unha lei feita polo bloque?
Nin de coña, as cargas de profundidade dunha lei ben feita estaran estoupando anos e senon o tempo.

Marzo 1st, 2010 at 7:19 p.m.