12
Mar

AO PASAR POR AQUÍ: PENSAMENTOS SOBRE A CRISE. (final)

   Posted by: lannister   in Desfeita

Ven da anotación anterior

” Pasemos aos traballadores. Neste tema fóra as visións paternofiliais e sindicais. Nun país coma Galiza sen apenas inmigración, con algunhas zonas onde hai traballo, cun certo apoio das casas mantendo unha estrutura familiar tradicional, non se pode permitir que a xente continúe a comportarse como na Inglaterra decimonónica sen abrir a boca, con auténticas pelexas por facer horas extras, colaborando na explotación e na degradación máis absoluta. Neste sentido gustaríame saber que fixo a xente nos últimos e esplendorosos anos de puxanza económica para intentar blindar os seus postos de traballo e as súas condicións laborais. Maiormente nada ou mellor dito poñer a man para recoller sobres a final de mes ben cargados de diñeiro e que moitas veces se restregaban ao veciño formado que tiñan máis perto.

Unha persoa á que o sistema educativo ofreceu un agrupamento, logo un programa de diversificación, logo un exame ridículo para ingresar nun módulo de FP e os rexeitou todos, merece que algún organismo se siga interesando por el?

Un operario que leva vinte anos sen un cursiño de formación nen de reciclaxe está en condicións de demandar algo?

Un operario que manda o seu curriculum nun radio de acción da súa casa de vinte quilómetros mentres a xente con formación bota media vida peregrinando ata que se pode asentar, merece ter un traballo digno?

Por último, o funcionariado. Pois estamos coma o proletariado, pero con menos horas. Asentados, con pouca formación real, e cun índice de produtividade baixísimo (por certo, se a produtividade é baixa, alguén sabe por que hai problemas de paro?). O único bon é que como man de obra cualificada somos irrisoriamente baratos (tiven unha discusión con alguén sobre isto fai pouco). Chega con ver as condicións dun médico aquí ou en Portugal. Evidentemente, e por moito que lle doa á clase política, os chiringuitos de non funcionarios hai que pechalos. Dan moitos votos (a nós non…vaia por Deus, que gustar gustábannos) pero hai que pechalos ou meter a xente que realmente sexa necesaria no funcionariado e con oposición seria.

Solucións

Non pensarán por un momento que teño a solución, verdade? Non, está claro. Mais vexo que os discursos se atarabelan entre o máis próximo e tendencioso e as grandes frases sen concreción. Algunha idea que fique no medio debo ter:

a. Xa foi dito: o primeiro, multiplicar os mecanismos de control e poñer a funcionar os que xa hai. Isto chámase convocar oposicións a determinados organismos deses que a xente non quere nin oir nomear. Isto xa saiu no Blogue co de Anasagasti.

b. Aliarse coa patronal no tratamento que esta pretende dar ao lumpen ao mesmo tempo que se arrincan condicións favorábeis reais para a man de obra cualificada. Ao mesmo tempo artellarase un sistema de bolsas para que calquer traballador poida cada dez anos disfrutar dun de formación co fin de sair dese lumpen. O ensino nocturno e o achegamento das clases traballadoras ás escolas de idiomas, escolas de FP, etc ten que facerse xa. É anacrónico nun país europeo seguir dividindo a vida en periodo de formación e periodo laboral.

Por outro lado os módulos de FP teñen que seguir un principio de territorialidade e axustarse á demanda laboral dos lugares nos que están instalados.

c. O Estado ten que ceder parte da formación ás empresas, e que estas poidan expedir titulacións como ocorre en Franza e noutros países europeos.

d. Mentres a FP continúe a ser o refuxio dos fracasados dun sistema educativo feblísimo nas súas esixencias, seguirá sendo un desastre. Tanto a FP como a xente que forme. Isto é coñecido polo empresariado, que tratará esa man de obra en concordancia con isto.

e. As institucións deben facer un esforzo na formación do consumidor. Realmente as xeracións novas deste país parecen xentiña do Bloque Soviético: compradores compulsivos que están comezando a disfrutar do capitalismo

f. Por desgraza en Galiza hai un problema xusto á inversa do anterior. Como vamos a convertir en compradores a unha terceira parte do país que continúa, practicamente, na economía de subsistencia?. Cunha risa nos beizos sempre digo que se os vellos gastasen os seus cartos de repente, este país poñíase por diante das grandes potencias mundiais.

g. Hai que intentar ter un sector servicios cada vez máis diversificado, e para iso é necesario crearlle outras necesidades á xente para alén de coche e casa, que é onde se vai o 90% do diñeiro dunha gran parte dos galegos. Vese que non son comunista, claro.

h. Coas autovías rematadas, temos que comezar a ver Galiza como cidade global e funcionar coma tal á hora de buscar traballo.

i. O diñeiro de pechar os chiringuitos ten que ser destinado integramente á ciencia e a traer toda a xente que tivo que marchar deste país no campo da investigación.

l. Se os emigrantes teñen que esperar para cumprir o punto i, que esperen, que xa levan fóra tempo.

m. Hai que dicir a verdade do que vai pasar cos sectores produtivos dunha santa vez, e saber que tanto por cento da poboación pode vivir (non malvivir) disto. Isto é pedir unha análise económica seria e pagala.

n. Relacionado co turismo, estamos ficando fóra dun gran momento da cociña no Estado, e por desgraza a paletada dos restaurante PP cocedeiros de marisco aínda non rematou. Vai sendo moita hora de que remate.

Hai que dinamitar o que está construído fóra da lei e con rapidez, maiormente na zona costeira. A Estación de esqui en Penatrevinca é dunha necesidade incontestable e os ecoloxistas que se encadeen se queren. As axudas para pintar casas, restaurar e poñer vexetación que peche os desastres deben ser continuas e obrigadas.

ñ. Nen unha soa axuda ao turismo de comprar un piso aquí. A meirande parte das construtoras foron e son de fóra, e ese turismo só frecuenta as sardiñadas gratis.

o. Cargar contra o Xacobeo só se lle ocurre aos esquerdosos enfermos. Grazas a el somos coñecidos en Europa, e é das poucas veces que chega alguén que non sexa o madrileño de turno.

Son unhas poucas ideas que considero reais e de fácil execución e que sen dúbida podían ter consecuencias ben positivas para o noso país.

E as caixas???

Ben, as caixas son un tema de tantos nos que a política quere suplantar a realidade… Se Caixa Galicia tivese invertido os seus activos doutro xeito… se Galiza tivese un potencial financeiro enorme…se, se, se…pero non; o que quere dicir que non poden absorber a ninguén e que serán absorbidas. Eu dáballas a La Caixa que polo menos fode aos de Madrid.

Saúdos.”

ENGADIDO: Rematei de etiquetar todas as colaboracións antigas. O clickar en Xopau e Heder saen todas as colaboracións destes, incluidas as anteriores a pausa do verán.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

This entry was posted on Venres, Marzo 12th, 2010 at 12:03 p.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

14 comments so far

milles
 1 

Citando a Evaristo “llaman universidades a criaderos de mutantes”. Os universitarios teñen o que se merecen non organizarse e tragar con todo (e fala un deles).

Sen obreiros ben pagados non tes mercado nen pais nen capitalismo. Logo nos queixaremos da inseguridade e nos pecharemos en barrios blindados: o pais dos meus soños. Por non falar das tasas de natalidade claro.

Marzo 12th, 2010 at 8:39 p.m.
milles
 2 

E falando de merecer, se merece ser rico o fillo da duquesa de alba? O ser catedratico o fillo dun catedratico?

Imos ter que voltar as discusions de antes da revolucion francesa o voltamos o seculo XXI.

Marzo 12th, 2010 at 8:43 p.m.
xopau
 3 

Os paises que non as fixeron no seu día (as discusións) deben facelas. Iso si hai que contestalas rápido e chantarse con madurez no xxi.

Marzo 13th, 2010 at 7:35 p.m.
milles
 4 

Dende as revolucions liberais e o fin do antigo rexime ninguen pretende que a economia sexa un camiño cara a deus, e dicir unha cuestion de merecemento.

E unha cuestion practia: quero que os demais cobren ben para vivir eu tranquilo. Se ti queres estratificar a sociedade para estar enriba logo non te queixes se os de abaixo deciden que lles sae mais a conto rajarte e roubarte o coche que deixar que os exploten e ainda ter que dar as gracias.

Marzo 14th, 2010 at 8:43 p.m.
milles
 5 

Dende as revolucions liberais e o fin do antigo rexime ninguen pretende que a economia sexa un camiño cara a deus, e dicir unha cuestion de merecemento.

E unha cuestion practia: quero que os demais cobren ben para vivir eu tranquilo. Se ti queres estratificar a sociedade para estar enriba logo non te queixes se os de abaixo deciden que lles sae mais a conto rajarte e roubarte o coche que deixar que os exploten e ainda ter que dar as gracias.

Queda rapida e maduramente contestado?

Marzo 14th, 2010 at 8:45 p.m.
xopau
 6 

Creo que si. Con todo quixera puntualizar que o fillo dun catedrático ten máis probabilidades de ser catedrático que o fillo dun lumpen e non por enchufismo. A veces vemos corrupción onde hai unha orde lóxica das cousas. Intentouno dicir un estudo de la Caixa pero como a xente cre que é a hostia e que vivimos na igualdade máis absoluta pois pareceulles mal. Non hai pior que o que non quere ver.

Marzo 15th, 2010 at 10:08 a.m.
milles
 7 

Por enchufismo indirecto no mellor dos casos. Pode o fillo dun mileurista aspirar a ser xuiz estudando 10h o dia durante anos e tendo que pagar unha fortuna en academias e cursos? Non, pois apesta.

De todas formas gustaria ver o estudo, o rigor cientifico dese tipo de cousas seria a envexa dos nazis e so a falta de cultura cientifica basica fai que as aberracions intelectuais que nos soen regalar os diversos centros de estudos privados (e alguns publicos) colen.

De todas formas manda o enlace para que te entenda que igual non ten nada que ver o que querias dicir coa miña resposta.

Marzo 15th, 2010 at 9:12 p.m.
xopau
 8 

O estudo daba as cifras de fillo que estudaban en familias con estudos een familias sen estudos. O de reducir o estudo ao tema económico non me parece moi propio.

Marzo 16th, 2010 at 9:21 a.m.
milles
 9 

Normal, as familias con estudos teñen mais pasta senon os pais non terian estudado.

E o tipico caso de falacia estadistica basica tomas un sesgo (os estudos) que che conven e ignoras outro (o economico) que non che gusta cando ambos son equivalentes. Para que tivese validez terian que comparalo coa distribucion economica e ver que resulta distinto (que non o e).

Estatistica teria que ser troncal en primaria e a manipulacion de datos o exame final, asi mandariamos a todos estes expertos do carallo para o paro.

Marzo 16th, 2010 at 7:46 p.m.
xopau
 10 

O economicismo radical explica as dinámicas sociais do terceiro mundo pero non as do noso. Vivimos nun mundo con bibliotecas públiccas, acceso a multitude de actos culturais gratuítos pero o tan sufrido proletariado que non pode mandar os seus fillos a estudar ocupa Riazor e outros campos de fútbol todos os s´´abados e domingos a razón de 30 euros por cabeza…tamén se lanzan ás rúas para pedir que non descenda onoso celtiña…etc,etc,etc…

Marzo 17th, 2010 at 9:13 a.m.
lannister
 11 

Ben creo que podes seguir asi ad nauseam sen chegar a un acordo. Eu pola miña banda considero que ambolos dous levades razón en parte o radografar partes distintas e complementarias do problema. Milles coñece de primeira man o “empresariado” máis moderno mentres que Xopau e mais eu sufrimos os que aínda suspiran polos foros e poder vivir de rendas. O problema non radica en que existan ou non dúas facianas, algo que se da en calquera lugar, o problema é cal manda ou impon as súas teses cando veñen mal dadas. E polo menos nas provincias orientais a resposta a ambas preguntas son os nostalxicos.
Respecto o termo lumpen, subproletariado ou como lle queramos chamar, hai que recoñecer que o termo ten unha fonda carga negativa. Porén existe. Eu que tiven que estudar desde os catro anos ata os 18 cos fillos dos nostalxicos e do lumpen sempre quedei abraiado polo feito de que pensasen igual e o partido dos seus amores fose o PP. Por outra banda o estudar grazas o sistema de bolsas podo afirmar: (tanto polo que coñecin cos compañeiros de estudos do colexio/instituto como o que podo ver agora que son profesor) que as afirmacións de Xopau sobre eles, parellas o que di a dereita, son atinadas. A min doeme e moito a cantidade de esforzos e recursos que tiramos para nada. Porén son consciente de que se conseguimos salvar a un merece a pena. O quid da cuestión e como montamos o salvamento, e nestes momentos tendo o encantados que están co conservadurismo mais reaccionario inclinome pola tese de Xopau de leña ata que aprendan. E unha de dúas ou adquiran e conciencia de clase e fagan algo util ou sigan encantados como están e non molesten.
Un sáudo.

Marzo 17th, 2010 at 11:15 a.m.
milles
 12 

Por orde, primeiro xopau:
Cando benficia os traballadores chamese economicismo radical ou utopico. Cando beneficia o status quo chamase rigor tecnico ou principios.

Respeito a igualdade no sistema educativo por onde comezamos? Que eu tiña boas notas polo meu privilexiado cerebro, o meu fisico superior e a miña enorme dotacion sexual ou porque cando tiña un problema tiña a quen consultarllo, enciclopedias na casa e pasta para clases particulares? Claro casualmente os que tiñamos pais profesionais e non citroneros tiñamos tamen mellores notas. Seleccion xenetica? E habia escepcions pero son iso escepcions.

De todas formas e puro egoismo, prefiro ser clase baixa situada nun pais con seguridade social, paro e becas que rico en rio de xaneiro. Vivese mellor e mais seguro. Se queres colapsar o consumo e disparar a inseguridade ti mesmo (ver comentario 5).

PD: En galiza, e en xeral en todo o cantabrico, o futbol non vai o lumpen por iso non hai case grupos nazis entre as aficions.

Marzo 17th, 2010 at 8:31 p.m.
milles
 13 

Agora lannister:
O problema da pequena burguesia galega e a falta dunha alternativa politica que permita aglutinar a todos os que estan fartos do sistema de favores. Sen espazos de debate non hai alternativa á menxase dos medios. Como se viu en todo o pais hai un ano.

Respeito o lumpen que queres que che diga, leva estando de parte de da dereita polo menos dende os tempos de marx que foi o que os definiu. O que pagamos con becas, axudas e demais historias e paz social e certa seguridade. Prefiro meter a pasta en axudas que en maderos. Polo menos as axudas non se van volver contra min.

Saudos

Marzo 17th, 2010 at 8:42 p.m.
lannister
 14 

Desde Galizauberalles2 duar disse…

Milles a teoría do pago as clases baixas para sua tranquilidade tá bem , mas uns apontamnetos.
-Nem o diñeiro nen os impostos som ad infinitum,é unha drogha, inflación, intervencionismo, taxas e ao final quebra. fai falta unha sociedade moi forte e controladora dos poderes públicos para xestiona-la.
-Creas un xigantesco incentivo para a corrupción.Ademais os traballadores e as pimes pagam tuda a festa amigo,sae mal
-son insaciaveis sempre querem mais.

A porporción de imbecis na Galiza é elevado, o frijol arrasou nas clases humildes,veres o post do Bouza, depois de 4 anos de gasto social e socialdemocrácia(só funciona cando há cartos)como nunca,os ppeppeiros com boa propaganda ganhan. O socialismo nunca serva e na galiza menos, e mais rendível 5 millóns a voz que 50 millóns en hospitais. Portugal vai-nos parecer suiza en pouco xa veredes. En definitiva ao cotrario que o miles , as clases ppoppulares na Galiza prefirem ser um pobre non no Rio senóm em caracas(que hablan castellano y es mais fino).
respeito os apontamentos do xopau, eu quitaría onde pon fazer tal e qual e poñería quitar, quitar de tudo.
A solución:Independência e paraiso fiscal, seguridade xurídica e da outra parlamento soberano e impostos de 10000 euros estranxeiro/ano e nada mais. para obter a nacionalidade saber galego, en todas as normamtivas(havidas e por haver) e ter sotaque montanhes , senóm a pagar,
respeito a lingua temos 230 millóns de falantes dun idioma que está meio caminho do que falamos, aí no Brasil e o futuro e deixar de fazer o parvo. Há outra solución que isa? saudos duar
19 de Março de 2010 02:27

Marzo 22nd, 2010 at 1:41 p.m.