17
Mar

Feliz día de San Patricio !

   Posted by: lannister   in Sen clasificar

A todos os que estudamos en Santiago o día de San Patricio fainos un tilín especial. Para moitos era unha escusa mais para ir de chea. Para outros, perturbados nacionalistas coma min, era un día para ademais de ir de chea brindar polos irlandeses e cagarnos nos ingleses publicamente tanto para festexar a illa esmeralda como para evitar suspicacias nos sitios onde íamos. Calquera lector avispado pode deducir doadamente que irlandeses e ingleses servían como tapadeira do que queríamos dicir realmente. Ademais claro esta, dese cariño especial que desde o galeguismo histórico ata hoxe, desperta entre nos unha nación capaz de diagnosticar os seus problemas e poñerse a solucionalos por todos os medios.

A que ven isto. Pois que cando me tocou revisar o arquivo do blogue para enlazar datos da desfeita do ano pasado coa análise do primeiro aniversario da mesma dinme conta que a primeira anotación do blogue foi un 17 de marzo, día de San Patricio, ou sexa que hoxe fai un ano da apertura deste sitio. Feito que aproveito para por o blogue baixo a protección do santo irlandés e para cumprir esa tradición dos blogues de facer análise do ano.

– En primeiro lugar dicir que non estou contento. Sei que o habitual nestes casos é comezar dicindo o feliz que te fai o proxecto en cuestión, como che deu un montón de alegrías e como pensas seguir adiante. Porén no meu caso non é certo. Este blogue naceu como medida terapéutica para superar a desesperación da desfeita. Cumpriu o seu obxectivo pasando ,eu, do baixón anímico o mero baixón intelectual. Agora ben non estou contento nin poderei estalo mentres a desfeita continúe. E este ano de blogue non parou de traer novas desfeitas.

– Agora tocaría presumir do grande número de visitas, do número de anotacións, e de cal foi a mais visitada.
De visitas non podo presumir en canto a número. Creo que si en canto a fidelidade (8 é a media diaria). A todos grazas, e especialmente a Caralladas e Duar os mais asiduos dos que non coñezo persoalmente (os que si grazas tamén porén podemos debater diante dun café).
Respecto o número de anotacións ata hoxe hai 157, 158 con esta, algo doado tendo en conta que a meirande parte delas son comunicados, anuncios e pegado de ligazóns. A máis visitada foi a editorial de “La Vanguardia” con 35 visitas. E ten truco, pois “La Vanguardia” detecta quen liga as súas novas e lígaas a súa vez co cal chegou un montón de xente desde alí. Respecto a que anotación estou mais orgulloso, a entrevista a Antón Losada, mais que nada porque se dignou contestar a diferenza doutras que lancei pola internet.

– Por último tocan as perspectivas de futuro.
Cumprida a función principal de erguerme o animo non sei moi ben se continuar ou non. A fin de contas se isto fose un medio de pago habería que considerar o peche, o cambio de liña editorial ou a fusión con outro medio. De momento e ata fin de tempada, en Xuño, imos seguir abertos. E a liña editorial non vai cambiar.
Un saúdo a todos e Feliz día de San Patricio!

P.D: e si estamos informados do decretazo bis, porén  iso vai o venres ou o luns.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Mércores, Marzo 17th, 2010 at 11:49 a.m. and is filed under Sen clasificar. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

7 comments so far

 1 

Parabéns. A un ano nestas cousas non chegan a maioría, así que non lle quites méritos e moito ánimo.

En canto ás visitas, ata que collan velocidade de cruceiro hai que ser un pouco pesao por internet adiante. tampouco maleducado, pegando ligazóns onde non ven a conto, pero si se les algo do teu interese noutras páxinas, blogs, chuza, etc., e tes algo escrito ó respecto, pois un ‘gustoume o teu artigo, eiqui vos deixo o que eu opino -ligazón-‘ non lle fai mal a ninguén. Eu os primeiros 6 meses debinme percorrer medio internet en galego e portugués, e aínda así alemdominho ainda ten o nivel de visitas do teu, así que fácil non é.

I en canto ás perspectivas de futuro, eu recomendaríache 2 cousas:

1. nunca peches o blog. como ti dis, esto non é un medio de pago. como non pagamos, os lectores non temos dereito a esixir nada. escribe cando che pete, e se cansas ou te desanimas, deixa de escribir. Pero esta é a túa fiestra ó mundo, e podes volverte asomar por ela máis adiante cando che apeteza, se che apetece.

2. proba a ‘especializar’ o blog nun tema ou dous. se ‘falas de todo’, moita xente que cae por aqui de xeito ocasional poida que non volva porque non ten moi claro de qué vai o blog, ou porque blogs e prensa de opinión sobre política galega xa hai a mazo, e de xente máis coñecida. En cambio, podes especializarte en falar dun par de temas dos que teñas máis coñecementos ou che interesen máis, pra que a xente identifique o teu blog con ese campo. Por exemplo, non estudiaches historia? pois dalle caña a contarnos cousas sobre a historia de galiza, ou de temas históricos sobre a nosa cultura, ou da humanidade en xeral. Ós que nos interesa a historia e non saibamos practicamente nada (eu son un deles, por moito que teña escrito ‘lacoruñadetodalavida’) o agradeceríamos e aprenderiamos moito.

En calquer caso, o 99% dos blogs son para o que son: pra desfogarse un mesmo, pra dicirlle ó mundo o que un pensa e que escoite quen queira. É un privilexio que eu penso desfrutar durante tempo. De feito, no meu caso o que máis me aporta nosquedaportugal non son as visitas (que si, que cando ven un día deses nos que entran máis de 100 da moito gusto!) senón todo o que estou aprendendo sobre galiza, brasil e portugal á medida que procuro información pros artigos.

Apertas.

p.d.: eu tamén quero entrar no clube ese dos lectores de galizauberalles que debaten diante dun café!

Marzo 17th, 2010 at 4:36 p.m.
xopau
 2 

Feliz día de S. patricio a todos e adiante!!!
Os blogues tamén son constancia para o futuro. Un día terán o mesmo valor que os documentos medievais.
Se acordamos lanzalo hai que ter reunión e facelo ben pero iso implica que pode acabar monopolizado polos de sempre. Para min é importante que aquí se ven as cousas doutro xeito…
Unha aperta a todos. A Milles tamén…

Marzo 18th, 2010 at 1:12 p.m.
duardenovo
 3 

parabéns polo Blogue , eu gosto muito del, animo-te, pensa na qualidade dos utentes e non na quantidade, hehe.
Caralladas a mím nen café, nen opinar cos maiores, aínda há clases, si señor. A liña editorial esta ben por mín nom a mudes, saudos

Marzo 19th, 2010 at 3:44 a.m.
duardenovo
 4 

mira que ben xa me admiten, saudos, isto é un sinal.

Marzo 19th, 2010 at 2:58 p.m.
Fermín Bouza
 5 

Parabéns e adiante, sempre haberá un bo intre oara celebrar akgo, mesmo san Oatricia, que Deus garde. O que resiste gaña, din.

Marzo 20th, 2010 at 1:05 a.m.
Fermín Bouza
 6 

Sorry:Parabéns e adiante, sempre haberá un bo intre para celebrar algo, mesmo san Patricio, que Deus garde. O que resiste gaña, din.
Volvo a ter estragado o tegrado

Marzo 20th, 2010 at 1:07 a.m.
lannister
 7 

Carai non esperaba atopar a Don Fermín bouza entre os lectores, todo un honor. Grazas por pasar por aquí. E por suposto grazas a todos os demais. Caralladaas mediterei sobre as túas suxestiónas cara a vindeira tempada, e se me trasladan as provincias occidentais ao mellor podemos debater diante dese cafe. Duar, albricias por fin esta cousa che deixa comentar a ver se dura. E Xopau, bueno a ver se coincidimos en breve.
Grazas a todos, e perdon pola tardanza en responder, xa sabedes que este sitio vai a empurróns. Un saúdo.

Marzo 22nd, 2010 at 1:37 p.m.