22
Mar

A hora da verdade

   Posted by: lannister   in Desfeita, Lingua

Dada a miña tardanza en tratar o asunto do proxecto_decreto_plurilinguismo teño un bo feixe de ligazóns sobre o asunto. Porén o final decidin centrarme so nos seguintes:  o de Fermin Bouza, o de Anton Baamonde,e o de Ferradura en transito. Desde o noso lado e desde o outro nas palabras do Ponselleiro, do martir, e da señora esa.

Ben e que podo aportar eu? Pouca cousa. O decreto novo (a falta de ser o definitivo) mellora o anterior na forma sen cambialo para nada no fondo. Este cambio de faciana pretende seguir incidindo no caracter radical e impositor dos que o combaten. Non hai mais que ler o Ponselleiro e o martir, que menten coma cabróns que son e agachan outras cousas. De feito aí esta a súa perigosidadade mediatica, mentres a practica residen en dúas palabras e un feito: xeral, predominante e que os escolares teñan libros en castelán se lles peta. Porque por moito que leo o decreto os termos xeral e predominante (combinados coas familias) dame a posibilidade (legal ou alegal) de que haxa centros onde todo vaia en castelán e listo. O dos libros é o mais grave, pois eu que nunca obriguei a falar/escribir en galego a ninguen pese a que a miña materia é das que se dan en galego dou fe que os rapaces non mutaron e por economia se o libro esta en galego = galego nos exames e preguntas en galego sobre a materia asi falen entre eles en castelán. Como todo o mundo o sabe de aí a teima en darlles liberdade oral, escrita e de libro.

A perigosidade mediatica radica en que sobre o papel parece equilibrado. Ergo moitos dos que se subiron o carro da lingua recentemente, mentres botan pestes contra os nacionalistas que poderína trabucarse porén sempre estiveron aí, van baixar en aras do equilibrio e do consenso. O que faga o PSdG e o seu entorno vai ser clave.

Esta é a hora da verdade por:

– o decreto vai saír si ou si.

– vai haber que artellar a supervivencia da lingua coa escola en contra coma nos vellos tempos.

– e veremos cantos quedamos o final nesta trincheira, se os que sempre estivemos ou alguen mais.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: , ,

This entry was posted on Luns, Marzo 22nd, 2010 at 2:08 p.m. and is filed under Desfeita, Lingua. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

6 comments so far

milles
 1 

Estamos pagando todos os anos en que a loita da lingua considerouse secundaria.

Isto ou gañase na rua ou non se gaña. Canto mais desgaste o governo mais o van pensar os proximos aprovese ou non o decreto.

Por outro lado a ver se deixamos de considerar os galegofalantes como nacionalistas e comezamos a convertir o galego nun proxecto para todos, incluidos os que fumos educados en castelan.

Marzo 22nd, 2010 at 8:27 p.m.
lannister
 2 

Tes razon no dos anos en que se deixou pasar. O de galegofalantes=nacionalistas non é certo. Eu ía polo feito de que ultimamente a partires desa ecuación se critica o nacionalismo por facer o que sempre fixo: defender a lingua. Ademais de que moitos dos recen chegados están por “non impoñer e moderarnos que nos estamos pasando” cando se fai referencia a un decreto que establecía o 50% en galego. E o galego claro que é para todos.
Un saúdo.

Marzo 23rd, 2010 at 11:27 a.m.
milles
 3 

Eu refirome mais a falta de cursos de galego que nos permitan integrar a xente nova a lingua. Nen concellos, nen deputacions, nen consellerias en mans do nacionalismo se preocuparon por isto. Todo o contrario que vascos e catalans.

De algun modo asumiuse que se alguen non falaba galego ou era moi reaccionario ou non o intentaba despreciando a presion españolizadora sobre xente xa criada en castelan. Estando moi politizado podense evitar (ata certo punto moito me fode) pero pechamos o galego gran parte da sociedade que non estando en contra ou incluso apoiando costalles integrarse nel.

Por non falar dos que veñen de fora, inmigrantes ou non, e viven nunhas cidades cada vez mais castelanizadas, salvo os directamente reaccionarios o entenden pero non o van falar sen axuda nen preocuparse por que os fillos o aprendan na escola.

Marzo 23rd, 2010 at 10:57 p.m.
lannister
 4 

Tes razon, os cursos que hai son mero paripe. Claro esta que ademais de habelos tamén deberían ter beneficios tanxibles: preferencia na contratación publica etc. todo iso que foi habilmente desmontado coa acusación de imposición, discriminación e a defensa da liberdade.

Marzo 24th, 2010 at 11:41 a.m.
heder
 5 

Os beneficios tanxibles poden ser efecto directo dos cursos. Por exemplo, un curso de linguaxe administrativa ou de facturación dado íntegramente en galego tería bastante aceptación pola sua aplicación práctica e lograría que a linguaxe utilizada na adminstración das pequenas empresas non fose o castelán case en exclusiva. Cursos de “tratos ca administración” (como pedir permisos de residencia, asistencia médica, empadronamento, nacionalidade…) para os inmigrantes farían que aprendesen galego e o utilizasen no seu trato ca administración (en castelán non saberían!). Evidentemente sería importante ter preferencia na contratación pública, pero desde os concellos e as asociacións pódense organizar actividades que cheguen a gran parte da poboación que NON traballa para a administración.

Marzo 24th, 2010 at 12:44 p.m.
lannister
 6 

Benvida de novo. Espero que sexa unha boa sinal. E grazas polo teucomentario. Unha perspectiva interesante que eu acostumo esquecer.

Marzo 25th, 2010 at 1:21 p.m.