25
Mar

De malvados nacionalistas e libros de texto.

   Posted by: lannister   in Desfeita

Unha das cousas que me leva fascinado desde que comecei a ler xornais ala polo 1993 é o da sempiterna cantinela dos medios da dereita mediatica respecto os “nacionalismo periféricos” : Mais concretamente o feito de que manipulan e distorsionan a Historia, como se iso fose algo privativo deles e non a tónica xeral dos nacionalismos o longo e largo do mundo. Aínda lembro o ABC chamándolle a Fraga nacionalista radical. Nesa presunta manipulación dos malvados periféricos o ensino da historia ocupa un lugar preferente pois: lembremos que o nacionalismo español non minte nin manipula so di a verdade como na afirmación: Atapuerca, España!, o falar do homo antecesor e configuralo como o primeiro español.

Naqueles anos nos que eu disfrutaba da Pax Fraguiana como alumno de instituto primeiro e universitario despois sempre ría  a cachón cando incluían a Fraga no mesmo saco que a Pujol ou Arzalluz. Sobretodo porque no tema da historia os libros de texto en Galiza incluían con sorte unha páxina ou un paragrafo sobre a historia de aquí. Páxina ou paragrafo que acostumaban a estar o final do capitulo de cada tema e que nunca se daban debido a “la falta de tiempo”.

Co aínda mais malvado bipartito, no 2005, tocoume voltar o instituto desta vez como profesor encargado de “falsificar la verdadera historia y llenar la mente de los niños de cosas que no existieron nunca salvo en la mente enferma de los nacionalistas”  (Pedro J ou Jimenez Losantos dixit, que non lembro cal dos dous a soltou nin gañas teño de miralo). Cal foi a miña sorpresa o ver que os libros de texto seguían a ter unha páxina ou capitulo o final de xeralidades infantís sobre Galicia (non cambio de termo é que o nome dos capítulos é Galicia). Visto que todo seguía igual so me quedaba saber se o de “la falta de tiempo” continuaba igual. Nese curso 2005/2006 no que fun chimpando dun sitio a outro como substituto, e grazas o programa de gratuidade dos libros de texto que permite ver que fixeron o ano anterior, puiden ver que mais ou menos a cousa seguía igual. Desde entón primeiro como interino e despois xa como funcionario continuei chimpando e vendo como o apartado de Galicia sempre aparecía nos libros riscado ou marcado cun gran No entra. Cousa que tendo en conta que eu si a dou e a amplío dada a súa irrelevancia natural no libro de texto contribúe a miña popularidade alí por onde vou. Por certo no curso 2006/2007 vin o libro equivalente, neste caso de Xeografía, de Castela e León: era da mesma editorial e dos mesmos autores e non tiña unha páxina senón un tema enteiro adicado a Castela e León para cada eido especifico.

O cal nos leva a outro tema interesante o galego dos libros de texto e como se escollen. Nun artigo de Vieiros xa se falaba do pésimo galego dos libros de texto e aventuraba que os tradutores eran inexpertos. Disinto, os tradutores son tradutores automáticos, así nos libros de historia e xeografía so existe o termo xeneral:

Definición RAG

xeneral s. Mil. Xefe militar de máis alto grao no exército de terra ou do aire. Ascendeu de coronel a xeneral. s Xeneral de brigada. Militar de grao inferior no xeneralato. / Xeneral de división. Xefe militar de grao intermedio entre o de tenente xeneral e o de xeneral de brigada.

Definición Digalego:

s BÉL Oficial de máis alto grao na xerarquía militar, nos exércitos de terra e aire. RELIX Xefe dunha orde ou congregación relixiosa.

Cando na meirande parte dos casos debería ser xeral:

Definición RAG

xeral adx. 1. Que se refire ó conxunto de individuos, de casos, de detalles, etc., e non a cada un en particular. Dáme a túa opinión xeral sobre o asunto. Cultura xeral. ANT. particular. 2. Que afecta á maioría ou á totalidade dunha colectividade. Un asunto de interese xeral. SIN. común.Convocaron unha asemblea xeral para o venres. O profesor deu aprobado xeral. 3. Que abarca o conxunto dunha organización, dun servizo, etc. A Dirección Xeral de Política Lingüística depende da Consellería de Educación. s En xeral.En conxunto, sen pararse nun elemento en particular. En xeral, a xente sabe o que quere. Falo en xeral e non de ti.

Definición Digalego:

Que se refire a un conxunto de cousas, individuos ou feito

Que afecta maioritariamente a unha comunidade

Que abarca o conxunto dunha organización ou dun servizo

Que é frecuente ou usual

Porque a meirande parte dos libros de texto son traducións de edicións feitas para o resto do estado. E por que é así? Aquí é onde entramos na elección dos libros de texto.

Cando un pensa na necesidade de mais financiamento para os centros educativos case sempre lle ven a cabeza a idea de mais ordenadores. E os ordenadores están moi ben, porén nun centro publico precisase de todo. E como a administración sempre atopa escusas para pagar o menos posible o resultado é que se buscan fondos onde sexa. Isto implica que a elección de libros de texto teña moito mais que ver coas vantaxes económicas que poida outorgar a editorial que co libro en si. Por outra banda hai que ter en conta que o contido dos libros debe cumprir as esixencias da administración estatal e  a autonómica ergo non hai marxe para a creatividade da que falan na brunete mediatica, nin para ir en contra da meirande parte dos tópicos desfasados.

Polo tanto poñámonos nun centro calquera a hora de escoller os libros de texto. Faise a chamada de rigor as editoriais para que envíen as mostras correspondentes (e as ofertas económicas). As mostras chegan e o departamento reúnese para unha primeira peneira: aqueles que son rematadamente malos (algún hai así), os das tirrias persoais dos profesores etc. caen nesta primeira peneirada. Así normalmente os que se clasifican son os de Santillana e Anaya. Vicens Vives acostuma caer nesta primeira selección pois os seus libros “teñen demasiado contido para as esixencias actuais e falan demasiado de Cataluña e dos cataláns”. Os libros de editoriais galegas, por separado ou agrupadas no Consorcio segundo a edición, pasan a primeira fase mais que nada por non chamar a atención. Que por certo Anaya xoga con vantaxe pois presenta os seus libros e os de xerais. Unha vez chegado a este punto tentarase chegar a un acordo entre os membros do departamento para darlle tódolos cursos a unha editorial ou repartir salomonicamente entre varias. Aquí si que xa hai so dous criterios: o que ofrecen (o mais importante) e a editorial favorita de cada quen. Ao final vai primar o primeiro salvo casos dunha vaca sagrada de departamento que conseguira a editorial que quere para a súa materia. Nesta fase os libros escritos directamente en galego caen si ou si na maioría dos casos o non poder igualar a oferta económica das grandes. Grandes que fan unha edición base para todo o estado e engaden/traducen o que sexa necesario. A min tocoume vivir un par destas eleccións: gañando unha Anaya porque nos ofrecía un canón proxector, varios mapas murais, os libros de texto necesarios para os profesores e outros para ter en reserva no departamento como material de consulta. Non era o mellor libro. O mellor era de A Nosa Terra. Non se chegou a falar coa editorial para ver que ofrecía: ” No hombre no, como vamos a escoger un libro de A Nosa Terra. ¿Qué dirían los padres?” dixo o director do centro e verdadeiro factótum do departamento. No segundo caso chegouse a unha situación de compromiso: Santillana polo que daba e SM porque era o que quería o profesor para a súa materia. Neste caso os libros das editoriais galegas caeron con razón porque era moi malos. En fin a preocupación mostrada por se  van traducir os libros do galego o castelán e os conflitos de dereitos de autor e vana.
Espero que co anterior se teña algo mais claro porque o galego dos libros de texto é como é e como funcionan as cousas no apaixonante sistema educativo galego.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: , ,

This entry was posted on Xoves, Marzo 25th, 2010 at 1:28 p.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

9 comments so far

xopau
 1 

Os nacionalistas como xente de esquerda e progresista preocupadísimos dos ordenatas, o canón etc e sen dar a batalla no dos libros… patético. O mesmo que no 50% dos centros non haxa direccdión e o BNG non obrigue aos seus afiliados a presentarse… nós na mani que é o único que sabemos facer merdaaaaaaaa
Boas vacacións a todos e que alguén monte un colexio PRIVADO nacionalista.

Marzo 26th, 2010 at 9:53 a.m.
duardenovo
 2 

Eu tragei 6 meses de historia nacioanal(española, pode ser outra?) só falando da reconquista, nem umha palavra de Galicia. Coido que en toda miña maravillosa etapa educativa sobre o dominio ultranacionalista de fraga-bng que asoballou a Galiza, nunca atopei a palavra galicia, bon en xeografía como región española.
O do colexio e dificil mais pode ser.
Coido para elo ,mui importante , o apoio do inglés, nha aproximación ao brasileiro-portugês, e sobretodo unha programación pedagoxica a serio e moderna, nen do opus nen bolivariana pode ser unha primeira referencia.

Marzo 30th, 2010 at 3:56 p.m.
duardenovo
 3 

hehe nacio-anal ben mellor para o caso, mais é nacional hehe

Marzo 30th, 2010 at 3:58 p.m.
milles
 4 

Moi bo artigo, rompendo topicos nunca suficientemente combatidos.

So unha cuestion, non me resulta practico chamar nacionalismo tanto o espanhol como o galego, resulta unha mala deficion xa que non teñen nada que ver nen en formas nen en obxetivos. Non sei se imperialismo ou directamente racismo non seria mais correcto.

Abril 2nd, 2010 at 1:56 a.m.
duardenovo
 5 

Concordo co Milles, é definir do mesmo xeito o pirómano, que quima casa allea e o bonbeiro que quer salvar a sua propría casa. Mas xa sabemos que o poder impom o seu linguaxe

Abril 2nd, 2010 at 6:06 p.m.
milles
 6 

Boa metafora duar.

Abril 5th, 2010 at 12:26 p.m.
 7 

Mardigal non me deixa meterme. Se alguén quer saber a miña opinión que me chame cando acabe de pechar afters. Ala, un bico.

Abril 5th, 2010 at 4:59 p.m.
 8 

PD: A nada estou de contactar con Víctor.

(their tropics, dime o verificador de que non son un Ann-droide… XD)

Nos lo vamos a pasar pirata!

Abril 5th, 2010 at 4:59 p.m.
lannister
 9 

Carai cantos comentarios. O de nacionalismo galego vs. nacionalismo español gardoo para unha serie de anotacións.
Un sáudo a todos e perdon pola tardanza en contestar, cousas da semana santa.

Abril 6th, 2010 at 11:24 a.m.