7
Abr

Avisos e o video de Feijoo

   Posted by: lannister   in Desfeita

Primeiro lembrar:

“Este mércores 7 de abril está convocada a reunión do Consello Escolar de Galiza que terá de aprobar ou reprobar o proxecto do mal chamado decreto de plurilingüismo no ensino non universitario. O inicio da reunión está fixado para as 16.30 en 1ª convocatoria, 17 en 2ª. O lugar será a propia sede do organismo, no antigo hospital de San Roque (Rúa San Roque, 2, a carón da galescola), en Santiago de Compostela.

Queremos Galego! convoca concentración para este mércores ás 16.15 diante do edificio do Consello Escolar de Galiza. “

Segundo

“A Consellaría de Educación pretende suprimir  comedores escolares e postos de traballo

A contención no gasto da Xunta de Galicia xa sabemos quen a vai pagar. Non os altos cargos, que van seguir mantendo o plus de por vida que supón 15.015,96€ anuais , nin os Xefes Territoriais, aos que se lles aumentou o salario en máis de 200 euros ao mes, nin as múltiples empresas que están a recibir asistencias técnicas para xestionar os servizos públicos. Van ser as traballadoras e traballadores da Xunta de Galicia e os cidadáns.

O caso dos comedores escolares é sangrante: na proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellaría de Educación, que se vai tratar o próximo 9 de abril, a Xunta elimina 66 postos de oficial e axudante de cociña e pechanse tamén ao redor de 20 comedores escolares.

A xustificación da Consellaría para eliminar os comedores é o número de comensais. Nalgún caso son 29 os comensais.

É mentira que se vaian aforrar cartos pechando comedores, porque os alumnos teñen que comer. Terán que desprazarse a outros colexios, co gasto que isto supón en transporte ou seguirán a privatizar servizos, mediante o uso dos “catering”, que non supón aforro de cartos, pero si peor servizo. Iso si, naqueles que se mantén o comedor a Xunta vai aforrar cartos a costa de cargar aos traballadores que quedan coas funcións dos eliminados.

Pero isto ten máis consecuencias que a presión sobre os traballadores e as traballadoras da Xunta: aumentar o perigo para os rapaces ao incrementarse os desprazamentos,  empeorar a súa dieta e empeorar as xa difíciles condicións de vida do noso rural e complicar a vida dos pais traballadores.

Por un miserábel aforro de cartos, que nos orzamentos da Xunta de Galicia son faragullas, dáse un paso máis no consciente e constante  empeoramento ou eliminación dos servizos públicos, que ademais neste caso ataca as zonas máis deprimidas do noso rural, nunha política de terra queimada, que non pode ter máis obxectivo que propiciar o empeoramento da prestación dos servizos públicos buscando a privatización en lugar de racionalizar os medios tanto materiais (cociñas de grandes dimensións xunto con comedores que xa están preparados) como persoais, que os temos e son moi bos, e utilizalos para dar servizo naqueles centros onde sexa necesario.”

E por ultimo a xa celebre intervención do presidente en Boqueixón para quen aínda non a disfrutara:

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Mércores, Abril 7th, 2010 at 11:11 a.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.