19
Abr

De porque vou acabar en UPyD

   Posted by: lannister   in Lingua

Esta semana pasada o centro estivo sen internet e eu cun catarro dos que fan historia. Ámbolos dous feitos combinaronse para que non puidera redactar nin publicar a terceira parte sobre o federalismo imposible en España. Porén, cando por fin fun medio persoa e a Xunta se dignou mandarnos un técnico para que amañara a conexión a internet, entereime do estudo do IGE sobre o galego. A verdade é que non di nada novo e non vou por aí. Vou porque a raíz dese estudo volveron a soar con forza as voces que cuestionan a normalización lingüística e o esforzo adicado a combater ou elaborar leis e decretos. Por aí vou. Porque quero deixar claro unhas cantas cousas:

– efectivamente a normalización así no senso mais amplo da palabra fracasou.E si, ningún decreto por fantabuloso que sexa vai cambiar por si so a situación de perda de falantes.

– a normalización non fallou porque si. A ver se deixamos de chorar e darlle argumentos os da imposición. A normalización fallou porque sinxelamente non se aplicou. A lei é do 83, repito do 83! se no curso 84-85( por darlle tempo a andar) todas as materias agás castelán se impartisen en lingua galega e así ata hoxe, sen ser posta en dubida por ningún partido, se todos os profesores e funcionarios empregasen o galego a cotío polo menos no seu posto de traballo ( o que nos profesores inclúe cando están fóra da aula) se … podería seguir. O quid non é o se, o quid é que non se cumpriu nada. De feito a gran diferenza, a gran ameaza do decreto bipartito (como a mesma gloria recoñeceu en mais dunha entrevista) era que se estaba a tentar cumplir por parte da administración.

– seguir a falar do primeiro esquecendo o segundo so lle da ánimos e argumentos os da imposición.

Mauro Fernández pode que teña unha grande traxectoria detrás, todo o mundo a ten nun determinado momento. Todo o mundo pode cambiar de idea, algo plenamente lexitimo. Mauro Fernández cambiou de idea e agora esta contra o galego, en galego porén contra o galego, so fai falla que el e os que defenden alegando mil e un matices se dean conta.

Por outra banda parece que houbo leria dentro do BNG sobre unha manifa sobre cuba. Leria que chegou magnificada a rede. A miña pregunta é: como persoa interésaseme Cuba como me interesan outros temas; na miña praxe política como nacionalista Cuba non me interesa, de feito é contraproducente para os meus intereses. Tan difícil e asumir iso polo nacionalismo institucionalizado?

E para rematar nun artigo no que Calidonia se queixaba da marxinación do galego por Google tivo que aparecer o comentario de sempre: google respecta moito o galego aí están as variantes de portugués. O problema é dos do galegonhol. Tan difícil é comprender que non estamos en situación de semellantes parvadas? Que debemos chegar a un armisticio normativo en aras do que realmente importa? E digo armisticio porque parece claro que a paz é imposible.

Como me temo moitas das respostas estou un pasiño mais preto de pasarme a UPyD que polo menos ten as ideas claras: ESPAÑA E ROSA DÍEZ!

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

This entry was posted on Luns, Abril 19th, 2010 at 1:12 p.m. and is filed under Lingua. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

12 comments so far

milles
 1 

Dacordo no primeiro, e a partir de cuba onde discrepo.

A ver, onde e contraproducente para un partido nacionalista no moi democratico estado español apoiar algo en contra da prensa e do imperialismo internacional?.

Somos parte do eixo do mal simplemente por usar a nosa lingua, cando antes o asuma o nacionalismo institucional, como xa fixo o pnv ata hai 8 anos e asi lle foi, antes voltara a resultar cribel e antes recuperará os votos que tiña cando o apoio a cuba non se discutia, dabase por feito.

Se lle entramos no xogo o pensamento unico remataremos como IU.

Abril 19th, 2010 at 7:20 p.m.
milles
 2 

Da normativa xa temos falado ti e mais eu outras veces asi que xa coñeces a miña postura.

Nunca nestes 30 anos falouse da normativa como un asunto politico e economico de primeira importancia para o futuro do pais. Mentre sexa unha pista de baile para que os filologos bailen a danza da pedanteria, o pique persoal e o corporativismo non e posible nin paz nin pacto.

E un problema para todos en termos de cartos e futuro politico e cultural do pais. Unha vez decidida a orientacion da normativa podense coller tres tecnicos o azar entre as decenas de miles que hai e xa faran a normativa/as que sexa/an nunha semana. E rematou o problema.

Abril 19th, 2010 at 7:32 p.m.
bataneiro
 3 

Estou totalmente de acordo co teu analisis. Mauro Fernandez hoxe en dia mudou de idea, parece un apendice do discurso do PP.

Abril 19th, 2010 at 9:31 p.m.
lannister
 4 

Cando me refiro o de Cuba ven por un feito que moitas veces é dificil de explicar: Cuba, Palestina, Irak etc. moitas veces dase por suposto no nacionalismo que hai que estar en todas porque si sen ser capaz de dicirlle a xente porque. De feito cando se é incapaz de dicirlle a xente de aquí e convencela de porque non hai que crer no pensamento único e porque Galiza ten intereses propios o de andar “ceibando” outros pobos pareceme unha dispersión innecesaria e contraproducente se pode ser esgrimida contra ti non xa porque todo o que fas/dis o é senon porque desta teñen algo de razón.
Cuba esta afogada polo embargo, a oposición politica soña con desatar o terror branco, os niveis educativos, de sanidade publica e de organización (como no caso dos desastres naturais) son invidiables … non nego nada diso. Porén non deixa de ser unha ditadura. Ou acaso o exito dos planos de desenvolvemento eran unha xustificación do Estado Franquista? Eu creo que non. Curiosamento moitos dos que critican agora a Cuba, aquí en ESPAÑA!, si parecen crer no do Estado Franquista placido. Estendome para que non se confunda a miña postura. Respecto o da normativa tes razon e concordamos xa o sabes. So que como ninguen vai dar o paso, e moito menos aceptar as posibles decisións, o unico que nos queda é seguir como estamo ou tentar unir esforzos que por onde vou deste este modesto espazo.
Bataneiro grazas por pasar. E si Don Mauro é un persoeiro que cambiou de bando, disque porque doido e ofendido polas liortas co nacionalismo. Se o recoñecese eu tan contento. Cando me pase a UPyD pregoareino os catro ventos. Un saúdo a todos

Abril 20th, 2010 at 10:45 a.m.
milles
 5 

Ante a mentira e a desinformacion o importante e ser coherente, para ben e para mal. Gañarse o respeito mais ala de razons tendo un estilo propio, ideas propias e posturas claras. E logo que te chamen o que queiran, total o ian facer igual.

Logo, onde e cuba unha dictadura?

Abril 20th, 2010 at 6:08 p.m.
milles
 6 

Salvo que definamos democracia como aliado dos USA cuba cumple todos os principios clasicos, eleccions, candidatos, asembleias, …

O que non hai son partidos (nin o comunista que non e a URSS), pero os partidos son unha adicion posterior e non exenta de problemas.

Abril 20th, 2010 at 6:12 p.m.
xopau
 7 

Xa vexo Milles que segues en plena forma—fico na perplexidade máis absoluta. Saúdos

Abril 20th, 2010 at 7:41 p.m.
lannister
 8 

Cando escribin sobre Cuba na anotación referíame a isto en parte: a acabar perdendo o tempo sobre cousas que non deberían ocuparnos tanto.
A democracia pode adoptar moitas formas non so a do sistema americano, porén nos poñamos como nos poñamos Cuba non é unha democracia. E si existe o partido comunista cubano, tardou que lembremos que a Revolución orixinariamente non era comunista, porén agora si existe.
Liberdade de expresión, asociación e manifestación limitadas. Imposibilidade de libre concorrencia electoral. Existencia do delito de opinión etc.

Abril 21st, 2010 at 11:00 a.m.
heder
 9 

Dado que milles non descoñece a existencia do partido comun¡sta cubano, supoño que o que quixo dicir é que non designa aos candidatos ás eleccións nin ten ningún papel nas institucións de goberno. Non é máis que un “think tank” destes que están tan de moda en occidente.

Abril 21st, 2010 at 1:10 p.m.
milles
 10 

O do pcc xa o aclarou heder, non e mais que as inciativas21 do psoe ou o fundacion galiza do bng.

Os candidatos son designados polas asembleias as que pertence todo cidadan maior de idade e non condenado. Nin o pcc nin o governo teñen nada que dicir ahi. Logo votanse en sufraxio libre, secreto e directo (sen listas, votas a persoa), disto si teño visto fotos e lido documentacion a esgalla.

Liberdade de prensa hai, o que non hai e prensa como empresas, cada asembleia, sindicato, empresa, asociacion de veciños, … ten o seu periodico. Se non che gusta o que hai meteste nun e tiras millas.

O de delito de opinion o descoñezo, a xente que esta na cadea o esta por recibir pasta de un servicio secreto extranxeiro o que en occidente tamen e delito (de feito hai un espia español nos tribunais neste intre e creo que piden 20 anos ou algo asi).

Liberdade de manifestacion hai mais que en españa xa que as manis non se disolven a hostias, senon teriamos as fotos saindonos polas orellas.

Sobre a liberdade de asociacion a verdade e que non lin nada o respecto, pero vendo o resto da lexislacion cubana extrañame moito. Se alguen sabe algo concreto que poña o enlace.

Abril 21st, 2010 at 8:19 p.m.
milles
 11 

O que me jode do tema cubano, e ahi a miña insistencia, e que a esquerda europea, levada por unha absurda sensacion de culpa polos crimes da urss e da necesidade dunha excusa o seu fracaso, e hipercritica co comunismo real ou os intentos de. Moitas veces, como con cuba ou palestina, sen pararse a mirar o que di e asumindo as teses dos fascistas como unha forma de madurez intelectual cando non son mais cunha sarta de mentiras flagrantes.

Entre tragar cos iemenes vermellos (que foron detidos por un pais comunista o non por occidente) e asumir sen investigar teses da “prensa libre” hai un amplio marxe de critica constructiva no que moverse.

Cuba non e perfecta, mais para un materialista NADA e perfecto, so existen aproximacions con mais ou menos problemas. Hai moito que aprender dos erros de cuba e tamen dos seus acertos.

Abril 21st, 2010 at 8:37 p.m.
duardenovo
 12 

Concordo co miles ao respeito as normativas, definirmos dumha p. vez e ir por elo. No resto non concordo ren

Abril 24th, 2010 at 2:37 a.m.

One Trackback/Ping

  1. Tweets that mention Galizauberalles » Arquivo do blogue » De porque vou acabar en UPyD -- Topsy.com    Abr 26 2010 / 6p.m.:

    […] This post was mentioned on Twitter by Kiko Chevarria. Kiko Chevarria said: De porque vou acabar en UPyD http://goo.gl/2nAI en Galizauberalles […]