22
Abr

Rematando con Cuba

   Posted by: lannister   in Política

Visto o debate nos comentarios da anterior anotación Heder manda unha colaboración puntualizando as caracteristicas do sistema politico cubano.

” Adiquei algún tempo a ler a constitución cubana e a súa lei electoral, para ver en qué se basea esa afirmación de que cuba é unha ditadura. E realmente, non sei con qué definición se pode tachar de tal.

Polo que vin, o sistema cubano ten similitudes e diferenzas cas democracias occidentais, e paso a resumir no parágrafo seguinte a súa organización básica.

Hai un órgano lexislativo colexiado (Asamblea nacional del Poder Popular), que se elixe por sufraxio, libre, directo e secreto de todos os cidadáns maiores de idade (16 anos) e en pleno uso dos seus dereitos políticos. Escóllese un membro da asemblea por cada 20.000hab de cada demarcación municipal, o que da unha asemblea grande, duns 600 membros (Cuba ten 11.400.000 habitantes)

Este órgano elixe un subórgano de 30 membros (Consejo de Estado) que exerce parte das súas funcións cando o lexislativo non está dispoñible: entre períodos de sesións, en período electoral… Ademais, este subórgano ten parte das funcións que nas democracias occidentais se asignan á xefatura do estado ou ó executivo, como conceder indultos, ratificar e denunciar tratados internacionais, outorgar ou denegar o beneplácito aos representantes diplomáticos doutros estados e acordar as datas das eleccións. O seu presidente é o Xefe de Estado e de Goberno.

A asemblea escolle tamén aos membros do  executivo (Consejo de Ministros), a proposta do presidente do Consejo de Estado.

Ademais, hai órganos lexislativos provinciais e municipais

Todos os órganos electos están suxeitos a revocación polo órgano que os elixiu en calquera momento.

A designación de candidatos aos órganos municipais faise en asembleas de electores, e todos os electores teñen dereito a propoñer candidato, que pode ser calquera cubano en pleno uso dos seus dereitos políticos. A designación de candidatos aos órganos provinciais e á asemblea nacional  faise nas asembleas municipais e provinciais respectivamente, a proposta das comisións de candidaturas integradas por representantes da Central de Trabajadores de Cuba, dos Comités de Defensa de la Revolución, da Federación de Mujeres Cubanas, da Asociación Nacional de Agricultores Pequeños, da Federación Estudiantil Universitaria e da Federación de Estudiantes de la Enseñanza Media.

Teñen iniciativa lexislativa os deputados da asemblea nacional, o consello de estado, o consello de ministros, as comisións da asemblea nacional, o comité nacional da central de traballadores de Cuba, as direccións nacionais das organizacións de masa e sociais, o tribunal supremo popular, a fiscalía xeral e os cidadáns. Para a iniciativa lexislativa dos cidadáns será necesario reunir 10.000 sinaturas de electores entre os 11.400.000 habitantes de cuba ( En España,con 44.708.964 habitantes 500.000de sinaturas; en Galicia 15.000 sinaturas entre 2.767.524 habitantes)”

En fin supoño que isto pode dar para moito mais e seguir per secula seculorum, porén espero que remate nesta anotación e os seus comentarios e que non teña que cambiar o nome do blogue a Cubauberalles. Reafirmome no de que non estamos para ir mirando fóra cando aqui non temos logrado nada.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Xoves, Abril 22nd, 2010 at 11:25 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

duardenovo
 1 

Cuba é unha ditadura, pois non respeita a propiedade privada e o livre movimento de persoas. mas eu pessoalmente estou até os collons de Cuba, iraque e palestina. As causa politicamnete corretas da nosa esquerda, as que afianzan suas ideas anti.liberais e lles permite acreditar-se bons mais pasar dos temas importantes que acontecen no país. A cherifaltada do bng o de cuba permite-lle manter o postiño mais é nefasto para a galiza.Iste é o nacionalismo que gosta ao españolismo.Respeitemos as soberanias alleas que non estamos para darem consellos a ninguen. saudos

Abril 24th, 2010 at 2:47 a.m.
milles
 2 

Gracias duar, exemplificas exactamente o meu derradeiro comentario do artigo anterior.

Democracia=propiedade privada, a isto nos vemos reducidos. Seica Hitler e Ramses II eran uns democratas de pro? Este e o camiño que as teses da dereita nos marcan, logo cando queiras facer a parcelaria eres un feixista, cando queiras tirar os pisos ilegais, feixista, cando queiras protexera ria, si feixista tamen, e os montes comunais, as coperativas, os convenios,… todo feixismo.

Se tragamos unha soa vez, co que sexa, quedamos inermes ante as suas mentiras. Sen un discurso coherente que vaia calando na maioria as tuas teses e sobretodo a tua forma de analizar e solucionar os problemas dende unha optica galega non hai cambio, nin construccion nacional nin hostias. A base democratica da soberania e clave nun discurso nacionalista, non e un tema alleo o pais.

O españolismo non nos vai dar cancha, eso foi o erro de bng, dalles igual o que digas vante chamar de todo. Ata que non o asumamos e busquemos canles de comunicacion alternativas non imos a ningunha parte como movemento de masas.

Saudos
PD: o da liberdade de movementos ten moita tela de dios e imos sacar a lannister de quicio. Outro dia noutro sitio.

Abril 26th, 2010 at 7:46 p.m.