26
Abr

La Coz ou a becha encarnada

   Posted by: lannister   in Desfeita

Fai case un ano fixenme eco do chamamento o boicoz. Dado que o 29 (data exacta de cando me unin a chamar o boicoz) non vou poder actualizar, aproveito agora.

Tivo algun exito? Podemos dicir que non. La Coz segue a ser o xornal de referencia para a meirande parte de Galiza e co que lle esta a talegar a Xunta como se non vende ningun xornal. Por outro lado as suscripcións seguen firmes. (Como pequeno exito no centro do ano pasado conseguimos que das cinco suscrpcions que tiñamos a Coz, unha se cambiase a Xornal). E a “liña editorial” tamén (1,2,3). Os exemplos escollidos non son arrebatos mesianicos de Don Santiago nin de Roberto o martir, senon novas normais que destilan todo o veleno da becha encarnada. Por outra banda hai moita xente que segue a ver a Coz como un xornal plural e sen liña editorial. De feito este ano tiven un par de conversas o respecto con alguns compañeiros do centro no que me tocou estar e… delirante: A Coz non ten liña editorial, non responde a ningún interese empresarial, e neutral e so se preocupa por Galicia. Isto dixomo un que fixo folga en contra do decretazo.

O único positivo é que polo menos nalguns sitios se poñen as cousas en claro e se deixa de espallar a idea de qie o da Coz é todo obsesión nacionalista. E se recoñece que certa influencia si ten.

P.D: o ser do norte estou centrado na Coz porén imaxino que o Faro non debe ser mellor. Se alguen se anima a mandar algo mellor que mellor.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

This entry was posted on Luns, Abril 26th, 2010 at 1:03 p.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

7 comments so far

milles
 1 

O do faro non chega a tanto, son mais do psoe (ou sexa igual de fachas pero menos bestias). De feito dalle baixo de mais os sociatas, como esta feita a enquisa?

De todas formas moitos lemos o pola seccion de deportes (e moi boa) e pola seccion de vigo que no xornal e na nosa terra son pesimas.

Abril 26th, 2010 at 8:00 p.m.
lannister
 2 

A enquisa? Se te refires a grafica é de Fermin Bouza en “El voto con botas” ali da os datos tecnicos.
Un saúdo.

Abril 27th, 2010 at 10:37 a.m.
Anna
 3 

voto en menos ver cifras do Mundo, por completismo máis que nada

Abril 29th, 2010 at 8:04 a.m.
 4 

Por si non o leras, deixo a ligazón ao artigo de Suso de Toro no que explica o por que do seu retiro das letras galegas:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Mutis/explicado/elpepiautgal/20100430elpgal_16/Tes

Maio 2nd, 2010 at 5:23 p.m.
lannister
 5 

Non, tampouco é que me intere moito. As posturas diva sexan de quen sexan non me chistan. Agora xa que tomas a molestia de mandarme a ligazón lereino. Un saúdo

Maio 3rd, 2010 at 12:48 p.m.
xopau
 6 

Este país fai augas: Beiras, Suso de Toro, O filólogo de turno soltando sempre algo en contra do que pensa todo o mundo normal para así facerse o sabio e intelixente…personalismo a feixes que nos mata lentamente…Parece como se en vez de construir aos poucos un verdadeiro novo país nos estivésemos convertindo na encarnación máis pura e recalcitrante dos seus vicios …

Maio 3rd, 2010 at 8:54 p.m.
lannister
 7 

Home o de Suso é mais que nada o cabreo progre coa internet e os dereitos de autor. So falta que agora que Ramoncin se foi da SGAE, Suso se convirta en icono de CEDRO (coma a SGAE para os libros). E é que liberar un país se non che vai na carteira parece que non é o mesmo.

Maio 4th, 2010 at 10:29 a.m.