3
Mai

Capitulemos

   Posted by: lannister   in Lingua

Comezou o día seguinte da desfeita. Primeiro como intento de explicala despois como movemento que tenta demostrarse a si mesmo e facerse co control de todo. Nestes días tal vez pola coincidencia dos datos do IGE e a proximidade do 17 de maio mostrase especialmente activo.
De que estou a falar?
De todos aqueles que a partir duns datos de Perogrullo:
– o fracaso das políticas de normalización
– o bipartito perdeu as eleccións
– o castelán é xa a lingua materna de boa parte dos galegos
están a construír un suposto discurso de defensa do galego baseado en:
– moderación, moderación e moderación. Non podemos ser tan radicais como os do bipartito.
– o decreto do galego non é tan malo porque deixa un certo espazo o galego, non podemos ir mais aló (dixérono co dos terzos e dino co 2.0)
– debemos renunciar a calquera aspiración de máximos.
– relacionado cos dous anteriores hai que recoñecer que non podemos pretender que o galego compita en certos espazos.
– non podemos politizar a lingua. Se un nacionalista aparece a fronte de  calquera reivindicación sobre a lingua esta queda descualificada e invalidada.
– os nacionalistas deben apoiar as nosas teses e as nosas organizacións que son neutrais. Nos non podemos apoiar as súas porque son ilexítimas, politizan.
Os xornais están encantados de darlles publicidade sobre todo porque os principais líderes dese movemento son persoas supostamente expertas no tema do que falan. A rede espalla mais esas novas e dálles aínda mais corpo.
Pois eu non estou dacordo. Pode que eu sexa un ninguén porén aínda lembro os exercicios da facultade cando nos ensinaban a buscar a intencionalidade tras a mascara das palabras. Ese movemento é tan lexitimo como calquera outro se admite que no fondo o que busca é unha capitulación, mais ou menos honrosa, perante o lingüicidio. Capitulación que debe ser total de todos nos para conseguir o que realmente lles importa os promotores de tal idea: que a súa conciencia e sona quedan impolutas e que grazas a paz que trouxeron con eles se lles manteñan os seus postos. Nese senso o enterrador comeza a ser un home que gana enteiros en canto a equidade: quería un posto e déronllo. O posto obrígao a facer un traballo e faino.
Os que queiran capitular que capitulen, e mais os de enfronte recibiranos cos brazos abertos. Porén non insulten a nosa intelixencia. Nin capitular é a única alternativa nin o fan por amor o galego. E por certo se as súas teses son as correctas capitular non salvará o galego mellor que a suposta confrontación que defendemos os “perturbados nacionalistas”, so fará a súa morte mais silenciosa.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Luns, Maio 3rd, 2010 at 1:11 p.m. and is filed under Lingua. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

xopau
 1 

Completamente de acordo. Baixo o meu pontode vista só falta dicir que esas voces son a quintaesencia da normativa oficial. Levan anos e anos do lado do poder e faisexes difícil velo en contra. Cando o debate normativo perdía forza eles pretenderon abrirse ao nacionalismo e, moitos, limpar as súas carreiras e conciencias. Co bipartito todo ía ben e a manobra fora perfeita pois o seu xiro permitialles continuar no poder. O que fan agora é o mesmo. Son vidas que todo filólogo envexamos algunha vez: profesores de universidade, viaxes da Xunta por medio mundo, paparotas encadeadas no mellorciño de Galiza e unha especia de conciencia de ser os lexítimos e verdadeiros cancerveiros da lingua… en fin son os lobos vestidos de cordeiros dos que fala a Biblia…

Maio 3rd, 2010 at 8:50 p.m.
milles
 2 

Totalmente de acordo. Unha mostra mais de a onde leva o camiño da moderacion. Non importa canto te suavices, non van pasar por menos dunha renuncia completa.

A ver se serve como toque de antencion e comezamos a unir esforzos na lingua. Vai sendo hora de abordar debates pendentes, o futuro temolo diante e xa vemos que non nos gusta. Tomemos isto como base comun, unha liña vermella sinala ben a quen respeitar e con que non ter tregua.

Maio 4th, 2010 at 6:26 p.m.