Neste momento en que todo vai segundo o previsto, aprobación do decretazo, conven manter a cabeza a fría. Moitas veces o noso peor inimigo somos nos mesmos. Algún podería sacar a colación o da inconstante alma céltica, non sei. Eu prefiro dicir que a maioría dos que militamos neste bando teñen a teima de negarse a ver a realidade. Como consecuencia diso emociónanse (17 de Maio) e deprímense (Decretazo) cunha facilidade sorprendente. De aí que insista en que é preciso manter a cabeza fría. O decretazo chegou como estaba previsto. Como estaba previsto o ruxerruxe da rúa é escaso. Obvio cando xa levamos un ano con algo e cando a crise asoma con forza o fuciño. Por iso non hai que botar as mans a cabeza nin pensar en queimarse o bonzo ( en todo caso se alguén se anima o do cinto de explosivos…)
O decretazo chegou e como dicía «onte» chega o momento de cambiar de estratexia. Non é hora de mais manifestacións nin folgas. Hai que gardalas para os seguintes pasos do programa popular: Lei de Normalización e Estatuto. Non, hai que empezar a falar unhos con outros. A facer cousas polo lingua e polo país na medida das nosas posibilidades en cada lugar no que estemos. A próxima hostia vai ser mais gorda. «El señor de las habichuelas» recuou no que non lle quedou mais remedio que recuar, non polo que fixemos nos. E recuou para agruparse e gañar forzas cara o seguinte embite. Conta con que a crise e as municipais fagan abandonar o PSdG o noso lado e que caia como a froita podrida que é no seu. Debemos ser conscientes diso e meditar. Para a vindeira debemos estar todos xuntos e cunha soa voz. Non é tempo de desacougo. Por que o decretazo ou o informe do IGE, dixeron algo que non soubéramos xa?
Coma sempre o decretazo noutros medios:
http://xmeyre.blogaliza.org/2010/05/23/lvg-entrevista-a-un-idiota/
http://atrenza.blogaliza.org/2010/05/21/galego-lonxe-dos-cativos/
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=6796
http://nosquedaportugal.blogspot.com/2010/05/paga-pena.html
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=422&seccion=5
http://seioque.com/index.php/main/extra-extra
http://www.xornal.com/artigo/2010/05/20/politica/xunta-aproba-decreto-do-plurilinguismo/2010052012273200283.html
http://bretemas.blogaliza.org/2010/05/20/aprobase-o-%C2%ABdecreto-de-feijoo%C2%BB-dia-triste-para-o-futuro-do-idioma/
http://www.vieiros.com/nova/79656/maquillaxe-inaceptabel-valoran-a-oposicion-e-os-colectivos-sociais
http://www.vieiros.com/nova/79647/o-goberno-aproba-o-decreto-de-linguas-e-elimina-a-prometida-consulta-as-familias
Tamén en Galizauberalles2
Tags: decreto do galego, desfeitas varias, normalización, Patria Galega
This entry was posted on Luns, Maio 24th, 2010 at 1.02 p.m. and is filed under
Desfeita.
RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed.
http://lannister.blogaliza.org/2010/05/24/a-cabeza-fria/trackback/Responses are currently closed, but you can
trackback from your own site.
[...] Pois tras aprobalo sen redactalo, aquí esta o decreto: que é tal e como estaba 20100525_decreto_pluringuismo[1]. Para non repetirme remito o que dixen onte. [...]