21
Xuñ

España: o imposible soño federal V (final)

   Posted by: lannister   in Política

As labores propias do remate do curso, fixeron que a semana pasada non puidese escribir o final da serie de anotacións sobre o imposíbel soño federal en España. Claro que ademais diso tamén influíu o feito de ser a semana negra do idioma. se esta comezaba co seguinte:

“Na páxina web da SXPL atópase dende hoxe a Convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para desenvolver no curso académico 2010-2011.

O prazo remata o 15 de xullo.

Cordiais e dinamizadores saúdos.”

Continuou do xeito que segue: InformacionDireccionXeralCentros No centro no que estou xa decidiron que materias ían quedar en galego e cales en castelán. Co que de ter case todo en galego xa se pasou o 50% do bilingüismo cordial:como queda a cousa. Claro que o de cordial é para darlle o galego unha navallada polas costas:LinhaInfantileDemisioncig-informa%20centros%20plurilingues. De momento isto é o que se puido reaccionar.20100618%20Mesa%20Sectorial

O anterior ademais de: para deixar de manifesto a barbarie que fai que contra os cocteleiros so nos quede o argumento practico, porque despois disto non serei eu quen lles diga ren de moral ou lexitimidade pois acaban de dárllela toda; e para incidir no tema que nos ocupa.

A cotío os poucos federalistas que hai caen no erro de plantexar a solución federal como un milagre. Non é así. de feito con estes malfeitores no goberno de pouco nos serviría ter un modelo federal. Tras o dito. Comezo co remate do Imposible soño federal. (Ven da anotación anterior)

Unha vez que morre Franco e se entra nesa dinámica coñecida como Transición unha das cousas a afrontar vai ser a da reorganización territorial do Estado. Os nacionalistas non españois gozaban de gran pulo en Euskadi e Catalunya, estaban relacionados coa meirande parte dos partidos democráticos, a opinión pública tiña interiorizado nese totus revolutum de ideas antifranquistas o concepto de estatuto, ademais eran os anos 70 coa reactivación da guerra fría, e vivíase a era dourada do terrorismo a nivel global cunha ETA que podía servir de acicate para calquera cousa nun senso ou outro.

As vellas elites xacobinas dispostas a que todo cambiara e o cambiar seguise igual (UCD) eran conscientes de todo isto. Por outra banda as novas elites (PSOE), tamén xacobinas, estaban mais que dispostas a facer ese cambio que non alterase os alicerces de ESPAÑA. O quid da cuestión era como. Alfonso Guerra fai uns anos e mais recentemente Jose Bono explicárono en sendas entrevistas:

– a autonomía estaba pensada so para Euskadi e Catalunya. O problema radicaba en que de ser así parecería unha claudicación ante eses respectivos nacionalismos e o comezo da independencia. Ante a posible reacción das forzas vivas mais inmobilistas era preciso artellar algo. Ese algo era ir rebaixando tanto a autonomía en si mesma como a excepcionalidade do proceso. A primeira idea foi recorrer os estatutos da Segunda República. Co cal xa se metía no saco a Galiza. Claro que isto tampouco era ideal: reivindicábase a asasinada república e engadíase unha terceira lingua/nación o carro dos separatistas. Así que finalmente optouse polo que quedou plasmado na Constitución de 1978. A autonomía era opcional, aberta a todos e con dous niveis: o das comunidades históricas e as de réxime común.

– Claro que o anterior non abondaba así que se entrou na formula do “café para todos”. Desde o goberno favoreceuse e impulsouse que todo o mundo pasase a ser autonomía. Perdón todo o mundo non, que aí esta León dentro de Castela. O mesmo tempo que se iniciaba o cerco a Euskadi e Catalunya. O primeiro paso foi o celebre estatuto da aldraxe en Galiza. Con el pretendíase marcar o camiño cara abaixo dos demais estatutos e ser o primeiro aviso a esas dúas comunidades do que podería pasar. Paso que foi un éxito pois aínda que o estatuto da aldraxe non foi adiante o actual tampouco é como o desas dúas comunidades. O seguinte foi a transformación de Andalucía en comunidade histórica, que os Malagueños non votasen por iso e houbese que saltarse a constitución pouco importou. Con Andalucía e o seu peso demográfico pechábase o cerco. Sobretodo cando AP gaña as eleccións en Galiza e inicia o seu dominio absoluto coa preocupación por Madrid e España como única guía da súa política. Algo aumentado e multiplicado polo seu herdeiro o PP.

O resto xa o coñecemos.

Ben, e chegados a este punto: É España un Estado Federal? Podería selo? Como?

– Non porque sendo certo o seu elevado grao de descentralización o elemento clave de como se organiza esta non o é. A descentralización política e administrativa en España parte de que esta é o ente preexistente e soberano. Polo tanto todo é unha concesión mais ou menos ampla, porén reversíbel en calquera momento. De aí que os Estatutos de Autonomía deban ser aprobados polo Congreso dos deputados. Do mesmo xeito que en calquera momento o goberno central pode recorrer o Senado para recuperar aquilo que queira.

Nun estado federal os entes preexistentes e soberanos son as partes constituíntes que ceden unha parte da súa soberanía o novo conxunto ou federación. Como resultado disto aquilo no que seguen a ser soberanos esta a salvo de calquera inxerencia da federación. Así as constitucións dos distintos estados que forman USA cambiaron un montón de veces, sen que o goberno federal dixese nada.

– Por poder, nada é imposíbel mais coa situación actual e as leccións da historia esta claro que é moi improbábel.

– Partindo da situación actual e sen meternos xa no de botar o rei ou non, ou na necesidade de cambio de nome dos entes políticas, o proceso sería:

a) reforma do sistema de reparto de competencias entre o goberno central e as comunidades. O sistema debería ser simplificado a dúas listas claramente delimitadas:

unha mínima de competencias do goberno central/federal; e outra con todo o resto de cada comunidade autónoma. O que incluiría que os impostos fosen competencia das comunidades autónomas. A desaparición das deputacións provinciais, algo que por certo xa ocorre nas comunidades uniprovinciais.

b) reforma do senado para que represente as comunidades autónomas.

c) reforma do sistema xudicial para que este ligado a comunidade. Ergo desaparición da Audiencia Nacional, do CGPJ, e fusión nun so do Tribunal Supremo e do Constitucional.

d) interiorización por parte dos partidos de ámbito federal do propio sistema: é dicir o de “decimos lo mismo en Soria que en Cataluña” debería pasar o esquecemento. Sen este punto nada sería posíbel. Poderíase cambiar de nome as institucións e mesmo darlles un autentico pulo federal que todo seguiría igual se os partidos seguisen como ata agora.

e) reordenación do mapa para que León poida secesionarse de Castela e Madrid se transforme nun distrito federal.

E por suposto todo o anterior acompañado do recoñecemento de certa soberanía, única e inamovíbel, para certas cousas como o idioma.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Luns, Xuño 21st, 2010 at 3:50 p.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.