28
Xuñ

Un 28 de Xuño e despedida

   Posted by: lannister   in Historia

O 28 de Xuño de 1936 os galegos estaban chamados a votar se querían ou non querían un estatuto de autonomía. O censo acadaba o 1.343.135 electores, dos cales acudiron as urnas o 74,55%. Os resultados foron os seguintes:

– Votos a favor: 993.351 ou o que é o mesmo o 99,05%

– Votos en contra: 6.161 ou o que é o mesmo o 0,6%

– Votos en branco: 1.451 ou o que é o mesmo o 0,1% dos votantes.

Moito se ten dito da devandita cita electoral: nalguns casos para matizar o éxito, noutros para deslixitimar o resultado. Pouco hai que dicir sobre o anterior. Calquera matiz será benvido e non podera ocultar nin o rotundo éxito da votación nin que non hai xeito de deslixitimala. Os únicos que están deslixitimados son os que recorreron as armas para impugnar os resultados e os seus herdeiros. Non por ser herdeiros senon porque seguen a considerar que a guerra foi necesaria e que todos eran iguais.

Coa sentenza do Estatut as portas ou non, os ruxe-ruxe din que este mercores, a conmemoración do estatuto do 36 é máis importante ca nunca. O novo estatuto de autonomía é a espada de Damocles que “El Señor de las Habichuelas” garda en reserva para ocultar a desfeita do seu goberno e animar a cantos o califican de brando. Para non repetirme remito o que xa dixen sobre este tema case que o comezo desta tempada de Galizauberalles que remata hoxe. Reafirmome en todo canto dixen alí e insisto en que se nos recortan o estatuto actual, xa recortado no seu tempo, haberá que plantarse cun claro:

NON O ESTATUTO

Por outra banda toca a despedida. Pode que non sexa o mellor momento para retirarse: o ruxe-ruxe do estatut; a desaparición de Galizanación e os ruxe-ruxes sobre outros medios en galego, a crise, a continua desfeita de The lord of the beans etc. Porén que non falten razóns para seguir non implica que teña a dispoñibilidade de facelo. Do mesmo xeito que non me fago ilusións sobre a incidencia na realidade deste modesto blogue. As razóns son semellantes as da despedida do ano anterior. En fin saúdos a todos. Se Deus quere e San Patricio axuda isto volvera abrir en setembro, sobre o 17.

A modo de despedida gustaríame salientar dous artigos que me chamaron a atención e que recomendo ler: O inglés na Galiza completase a fraude, e Galiza neofalante. Así como un artigo escaneado da Nosa Terra que orixinalmente ía ir na miña reflexión sobre a manifestación do 18 de Outubro ata que Carlos “martelo de galegofalantes” Luis “lambecús de conselleiros” cambiou o choio.

Tamén en Galizuberalles2

Tags: ,

This entry was posted on Luns, Xuño 28th, 2010 at 10:27 a.m. and is filed under Historia. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

duro
 1 

Foi unha vitoria abafante do galeguismo e povo galego, un grande fito, que nos amostra que somos capazes de grandes cousas.anecdotarios aparte, sen dúvida de grande interese histórico, mas mellor deixa-lo para após a independencia. Bom vrâo e até setembro.Saudos

Xullo 2nd, 2010 at 2:34 a.m.
 2 

Unha recomendación:
http://candocalan.blogspot.com/

Xullo 23rd, 2010 at 8:15 p.m.