8
Out

Lexitimas, Interesadas, lexitimas e interesadas

   Posted by: lannister   in Política

Cando un critica algo pode facelo desde diversos puntos de vista e con distintas motivacións. Neste último caso pode haber criticas:
-Lexitimas: cando non hai mais intención que por de manifesto un defecto, unha virtude ou expoñer unha opinión sobre aquelo que se critica.
-Interesadas: cando o que se busca non é unha mera exposición neutra senón conseguir algo respecto o que se critica.
-Lexitimas e interesadas: cando se produce unha critica lexitima e o interese esta en concordancia co interese do propio criticado. É dicir buscase que este mellore.
Desde fai anos o BNG esta a recibir un feixe de criticas dos tres tipos. Criticas aceptadas como verdade revelada polos propios nacionalistas sen pararse a ver quen fai a critica e para que. Así moitos fan súas as opinións de Roberto “mártir” e Carlos “lambecus” que levan anos esbardallando sobre a maldade da U. E que pasa se teñen razón? Preguntara algún, pois que se toma nota e se discute en PRIVADO. Porque eles militan no segundo tipo e o seu interese é a desaparición non do BNG senón do NACIONALISMO GALEGO.
É esta diferenza o que me fixo seleccionar os tres textos publicados esta semana, pese a ser xa antigos:
– O texto do País tenta disfrazarse de critica lexitima porén non pode ocultar, pese a que non minte, o seu interese de varrer paro o PSdG
– O de XGaliza entra directamente no campo de critica lexitima.
– O de Converxencia XXI é interesado porén mellor o seu interese, crear un partido nacionalista de centrodereita, que o do “mártir” e o “lambecus”.
Que quero dicir con todo o anterior? Obviamente non que se renuncie a autocrítica e a critica externa, necesarias ámbalas dúas. O que quero dicir é que estas se moderen un pouco no caso dos nacionalistas. A caída do bipartito abriu un proceso de discusión sobre o accesorio no que todo parece valer mentres a sociedade asiste abraiada a unha liorta da que non entende gran cousa. Esta teima do BNG de analizar todos os seus males en clave de que todo é culpa da U, de que todo se soluciona turrando cara a a esquerda e con outra corrente interna so incide no descrédito e no cansazo dunha xente preocupada por outras cousas.
Teño a solución? Pecaría de Orgullo e soberbia se dixera que si. Sobre todo porque despois do do Bipartito e LaRoja creo que isto acabou. En todo caso creo que o debate debería centrarse en so tres posibilidades:
-Disolución. Visto o visto e o empeño que moitos, mesmo supostos nacionalistas, están poñendo en lavarlle a cara o PSdG e inventarlle un compromiso galeguista que nunca tivo nin ten… pois nada disolución do BNG e todos para o PSdG.
– Escisión: A U é malvada, a U é a suma de tódolos males, a U non deixa avanzar, a U impide a renovación… pois marchade dunha VEZ. Mellor dous partidos centrados que unha guerra eterna que dura mais de trinta anos. A ver se con dous partidos nos presentan un programa claro e sinxelo e por fin conseguen alguén que non fale con voz de cura.
– Refundación: tras a hostia das municipais, que vai ser gorda, Asemblea extraordinaria. Aproveitar o único positivo que queda: as siglas BNG e refundarse como partido. O que empolica que a U, os Irmandiños, +Galiza e todas as correntes de opinión e partidos se disolvan e comezos de novo. Unidos por fin, con mensaxe clara, e sen mais lerias asemblearias.
Estas son as miñas ideas, todos sabemos que non pasara nada do anterior. Todo seguira igual. Total so é Galiza o que esta en xogo.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Venres, Outubro 8th, 2010 at 11:56 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.