19
Out

O Modelo Burela triunfa no altar

   Posted by: lannister   in Fonte Externa

Bernardo manda isto sacado da Coz para que non todo sexan malas novas:

9/10/2010

A parella de bureleses formada por Zahara Peinó e Fernando Eijo casou onte segundo o ritual das vodas de antano e coa lingua e a música galega como actores destacados

A igrexa parroquial parroquial burelense acolleu onte unha voda feito seguindo os parámetros do Modelo Burela. A cerimonia foi un éxito rotundo e tanto a parella, formada polos burelenses Zahara Peinó e Fernando Eijo, como os convitados gozaron dun rito moi ben preparada e que se saíu dos parámetros habituais.

Os mozos foron ataviados cun traxe tradicional galego preparado especialmente para o casamento e, como é tradición, a noiva fixo esperar na igrexa un bo tempo ao seu prometido. Xunto a eles, tamén portaron esta vestimenta os padriños, os nenos das arras e moitos dos convidados, ademais dos músicos da Banda de Gaitas Dambara, á que pertence Zahara.

A intención da parella é que a voda foise moi participativa e abofé que o conseguiron, gracias tamén á participación do párroco Ramón Marful, que colaborou en que a cerimonia gañase en espontaneidade. Ata cinco persoas (o director da banda, amigos e familiares) leron durante a misa e os convidados pouco tardaron en romper a aplaudir estas intervencións, cargadas todas elas de emotividade.

Tanto na misa como no banquete, a música tradicional galega e a lingua do país tiveron un papel preponderante, xa que tanto os aspectos propiamente litúrxicos como aqueles outros que engloba un casamento foron recitados en galego.

No apartado musical sobresaíu unha composición interpretada a dúas voces de xeito maxistral por Guillermo e Elia, o arranxo do canon de Pachebel para gaita e O meu amor , unha peza tradicional da illa lusa de Madeira cantada a capela e que serviu de despedida.

Á saída da cerimonia, no adro do templo escenificouse unha regueifa bailada, a cargo de dous solistas.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

This entry was posted on Martes, Outubro 19th, 2010 at 2:02 p.m. and is filed under Fonte Externa. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

xopau
 1 

Alédome ben e parabéns aos noivos.

Outubro 19th, 2010 at 9:18 p.m.
xopau
 2 

Alédome ben porque son un nacionalista galego. Se fose un esquerdoso nacinalista empezaría a tocar o carallo con:
Primeiramente non me tocaría o carallo que iso é linguaxe sexista.
Segundo: que fai o modelo burela metido no medio dunha institución arcaica, explotadora e de extrema dereita como a Igrexa?
Terceiro: vaia voda cunha moza cumprindo o papel tradicional e patriarcal de facer esperar o noivo.
Cuarto: e iso dos traxes e a regueifa é puro populismo e ruralismo.
Quinto: e por que casan e non son parella de feito?
Sexto: por que o modelo burela se inmiscúe na vida privada da xente en vez de buscar as grandes e colectivas forzas sociais do proletariado?

Hai un relato moi parecios a isto que veño de facer eu que é dunha autora canadiana:Margaret Atwood. Entitúlase:”Érase unha vez”. Para min encarna de forma irónica a desgracia que constitui a neo esquerda progre.

Outubro 19th, 2010 at 9:26 p.m.