Petición do colexio de Cuntis ante os ataques e mentiras de Galicia Bilingüe:

– Manifestedes a vosa solidariedade nos comentarios ao comunicado no blog
– Reenviádelle o enlace e a petición de apoio aos vosos contactos.

Unha aperta moi forte e moitas grazas, por aquí de momento estamo tranquilos.

http://www.blogoteca.com/nalinguadetodos/index.php?cod=90051

Ciencia en galego:

Prezados/as amigos/as,

A CGENDL convídavos a sumarvos dende os vosos centros á Xornada pola Ciencia en Galego, unha xornada que, en colaboración cos colectivos de docentes de matemáticas, ciencias e tecnoloxía e outras entidades, se dirixe dende o ensino a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias científicas escolares pensadas e desenvolvidas en galego.

A xornada celebrarase o próximo xoves 4 de novembro e vós, o profesorado, xunto co voso alumnado, podedes participar organizando libremente unha actividade de divulgación adaptada á vosa realidade e aos diferentes niveis educativos. Trátase de transmitir ao alumnado e ao seu contorno os obxectivos da xornada cunha clase divulgativa que, segundo as posibilidades de cadaquén, pode desenvolverse na aula, no salón de actos ou no patio, e mesmo fóra do centro para quen poida cooordinarse con outros centros.

Atoparedes máis información na páxina www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego, que se actualizará con información sobre o desenvolvemento da xornada, propostas de actividades, etc. Dende este web, xa podedes descargar e imprimir o cartel do evento (formato PDF e con espazo para inserir o logo do voso equipo e centro) e cubrir o formulario de participación, que permitirá compartir as vosas ideas con máis centros de toda Galicia.

Enviámosvos nos arquivos anexos unha descrición máis detallada da iniciativa e o cartel (formato imaxe).

Saúdos normalizadores

Consello Directivo

CGENDL

www.coordinadoraendl.org

correo@coordinadoraendl.org

Formularios para adherirse á CGENDL como equipos ou docentes colaboradores/as:

Tags: ,

This entry was posted on Mércores, Outubro 20th, 2010 at 10:14 a.m. and is filed under Avisos e anuncios. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

One comment

 1 

chegouche o mail ou xa o viras por outras bandas?
Non sei se che chegan os meus mensaxes… help?

Outubro 24th, 2010 at 11:52 p.m.