4
Nov

Sen internet, unha desfeita e un adeus.

   Posted by: lannister   in Desfeita, Política

Ata hai uns instantes non tiven acceso a internet de aí a falta de actualizacións estes días. Días nos que destacan a constatación da desfeita permanente na que vive este país. Por que non pode considerarse doutro xeito a destución do castro que podía darnos luz sobre moitas das cousas que descoñecemos do noso pasado. (1,2). Total como diría mais dun: son pedras, e as pedras para que serven. E así con todo.

De feito case se pode relacionar co adeus de Renovar o Bng blogue que teño que recoñecer que nin lin nin seguin. Por que? Porque desde o instituto teño por norma non seguir nada do “nacionalismo oficial ou oficioso” para evitar quedar del ata os… xa sabedes onde e acabar como a inmensa maioría dos meus coñecidos: no PP ou PSdG por puro fartazgo. Porén chamoume a atención a nova de que marchaban, para voltar con outros responsableis, e linme a longa editorial de despedida ligada mais arriba (aqui nun pdf.Despedida de Renovar o BNG)

Editorial curiosa porque tendo en conta que eles suponse que están dentro e que son oficiais/oficioso coinciden en moitas cousas coas miñas analises de xente de fóra. Co que a conclusión e deslalentadora a: a cousa esta moi mal e non vai mellorar. En fin maña seguirei co único que parece ter futuro estes tempos: o Islam. Sen máis:  Allah Akbar!

Tamén en Galizauberalles2

This entry was posted on Xoves, Novembro 4th, 2010 at 11:38 a.m. and is filed under Desfeita, Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.